Fraga, España
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Fraga (homónimos).
Fraga é unha localidade e un concello español, de 12.868 habitantes, situado no extremo sudeste da provincia de Huesca, no último treito do Val do río Cinca (a 115 km de Zaragoza e a 25 km de Lleida). O seu municipio con 435 km2 de área é un dos máis extensos de España. É cabeza do partido xudicial homónimo e capital da comarca do Baixo Cinca. Oficiosamente é considerada a capital da Franja de Ponent
Índice |
[editar] Clima
Fraga tén un clima mediterráneo continentalizado, cunhas temperaturas medias anuais de 14,7º C e un promedio de precipitacións de 384 mm, que se rexistran na primavera e, nomeadamente, durante o outono.
[editar] Historia
O territorio onde se asenta Fraga pertenceu en época prerromana ao pobo ibérico dos ilergetes. Durante a dominación romana pasaba por aquí a vía que unía Zaragoza con Tarragona. Aínda que se ten defendido que Fraga era cidade dita Colonia Gallica Flavia, non hai probas que o confirmen. A partir do século VIII a comarca pasou a formar parte do Al Andalus, e a cidade foi coñecida como Medina Afraga. Foi tomada polos cristiáns, dirixidos por Ramón Berenguer IV o 24 de outubro de 1149.
[editar] Xeolingüística
Fraga pertence á área lingüística catalano-occidental. O idioma catalán utilízase na cidade e arredores, pero non con igualdade fronte ao castelán que domina. Só moi recentemente se autorizou o ensino de catalán nos niveis primario e secundario.
[editar] Economía
A cidade constitúe un importante centro do sector servizos, que ocupa un terzo da poboación activa. O sector primario da comarca está especializado no cultivo de froiteiras, especialmente figueiras.
[editar] Patrimonio monumental
- Igrexa de San Pedro, románica, do século XII, asentada sobre a antiga mezquita.
- Pazo Montcada, da familia dos señores da cidade.
- Torre dos Frades, do século XIII, que se coida construída polos templarios.
- Castelo medieval, con as ruínas da igrexa de San Miguel.
- Museo Salvador Sabaté, con obra dese pintor catalán, afincado na cidade.
- Nos arredores a romana Villa de Fortunatus.