Flunitrazepam
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Flunitrazepam (que tamén presenta entre outros os nomes comerciais de Rohypnol®, Fluscand®, Flunipam®, Ronalin® ) é unha droga da familia dos derivados da benzodiazepina. É un potente hipnótico, sedativo, ansiolítico, é relaxante muscular do esqueleto.
O Rohypnol (flunitrazepam) é un hipnótico de Hoffman-La Roche. É da familia da benzodiazepina, como Librium, Xanax e Valium. O Rohypnol é 10 veces máis tóxico que o diazepam Valium.
En Estados Unidos nunca se aprobou para uso médico porque hay outros hipnóticos máis seguros.
[editar] Historia
O Flunitrazepam sintetizouse en 1970 por Roche e era usado hospitalariamente cando se necesitaba unha profunda sedación. Ingresou o mercado en Europa en 1975, e a partir dos 1980s comenzou a estar dispoñible en outros países. Apareceu en EE.UU. Nos 1990s.
[editar] Presentacións
Viña en doses de 1 mg, 2 mg, 5 mg, pero debido a su extrema potencia e potencial para o abuso, no existe actualmente solo dispoñible en 1 mg, cada tableta ten troquelado "Roche" dun lado, e o número 1 encerrado nun círculo indicando as doses de 1 mg.
[editar] Posoloxía e farmacoloxía
Como outras benzodiazepinas, o flunitrazepam produce sedación, relaxación muscular, redución de la ansiedad, prevención de convulsións. Os efectos son aproximadamente 10 veces máis potentes que diazepam. Os efectos de flunitrazepam aparece 15 a 20 min despois da administración oral, e dura de catro a seis horas. Alguns efectos residuais persisten 12 h ou máis. Por vía oral o 80 % de flunitrazepam é absorbido, en supositorios é de 50%.