Diazepam
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O diazepam, diacepin o metildiazepinona (coñecido entre outros cos nomes comerciais como Valium®, Apzepam®, Stesolid®, Apozepam®, Hexalid®, Valaxona® ) é unha droga derivada da 1,4-benzodiazepina, con propiedades ansiolíticas, miorrelaxantes, anticonvulsionantes e sedantes.
O diazepam é usado para tratar estados de ansiedade e tensión, e é a benzodiazepina máis efectiva para o tratamento de espasmos musculares. É unha das benzodiazepinas estándar máis frecuentemente administradas tanto a pacientes internados en clínicas como ambulatorios. Foi englobado na Lista de drogas esenciais da OMS.
[editar] Acción terapéutica
Como todas as drogas da súa clase, actúa deprimindo a condución nerviosa nas neuronas do sistema nervioso central, producindo dende unha leve sedación ata hipnosis ou coma en función da dose administrada.
Presumese que o seu mecanismo de acción consiste en potenciar ou facilitar a acción inhibitoria do neurotransmisor ácido gamma aminobutírico (GABA), mediador químico da inhibición tanto no nivel presináptico como postsináptico, en todas as rexións do sistema nervioso central.
[editar] Farmacocinética
Administrado por vía oral, absorbese ben no tracto gastrointestinal. Por vía IM, en xeral a absorción é rápida e completa. O estado de equilibrio da concentración en plasma sanguíneo producese entre os 5 días e 2 semanas. A eliminación da sustancia é lenta xa que os metabolitos activos poden permanecer no sangue varios días o semanas producindo posiblemente efectos residuais. O inicio de acción é evidente aos 15-45 minutos despois da súa administración oral; por vía IM, antes dos 20 minutos; e por vía IV, entre 1 e 3 minutos. Eliminase por vía renal.
[editar] Indicacións
O diazepam indicase (por vía oral) para tratar a ansiedade, trastornos psicosomáticos, tortícolis, espasmos musculares. Por vía IM ou IV, en sedación previa a intervencións (endoscopias, biopsias, fracturas); estados de axitación motora, delirium tremens, convulsións