See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Ferdinand von Zeppelin - Wikipedia

Ferdinand von Zeppelin

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

O conde Ferdinand von Zeppelin (Constanza, Baden, 1838 - Berlín, 1917) foi un inventor alemán.

Ferdinand von Zeppelin.
Ferdinand von Zeppelin.

Este xeneral de Cabalería serviu sucesivamente nos exércitos de Württenberg, Prusia e o Imperio Alemán. Ferdinand von Zeppelin entrou en contacto coa navegación aerostática durante a Guerra de Secesión americana (1861-65), na cal realizou varias ascensións en globo de observación para o exército do Norte. En 1890 abandonou o exército para dedicarse a desenvolver un globo ríxido dirixible con motor, que se coñecería co nome de Zeppelin.

Terminou o seu primeiro dirixible en 1900. Era de estrutura ríxida e serviu de prototipo para moitos modelos posteriores. O primeiro zeppelin estaba formado por unha fileira de 17 cámaras de gas recubertas de tea encauchada e o conxunto ía encerrado nunha estrutura cilíndrica cuberta por unha tea de algodón de superficie uniforme. Tiña 128 m de longo, 12 m de diámetro e admitía un volume de hidróxeno de 11,3 millóns de litros. Controlábase con temóns a proa e a popa e tiña dous motores de combustión interna Daimler de 11 kW (15 CV), cada un dos cales impulsaba dous propulsores. Os pasaxeiros, a tripulación e o motor ían en dous góndolas de aluminio suspendidas diante e detrás. O primeiro destes dirixibles probouse na zona do lago Constanza en 1900, aínda con moitos problemas técnicos. Na primeira proba, o 2 de xullo de 1900, o dirixible transportou a cinco persoas, alcanzou unha altura de 396 m e percorreu unha distancia de 6 km en 17 minutos. En 1906 realizou unha viaxe de 24 horas por terras suízas, que empezou a espertar o entusiasmo tanto do público como do goberno alemán.


En 1909 Ferdinand von Zeppelin creou unha compañía de transporte aéreo de pasaxeiros mediante dirixibles (DELAG). Durante a I Guerra Mundial (1914-18) foron empregados máis de cen dirixibles polo exército e a mariña de Alemaña, tanto en tarefas de recoñecemento (cun papel importante na batalla de Xutlandia) como para o bombardeo aéreo do territorio inimigo (os alemáns bombardearon varios puntos de Inglaterra en 1915-17).

Así a todo, a súa lentitude, o seu tamaño e a súa fraxilidade facíaos moi vulnerables á artillería antiaérea, unha vez que esta fixo a súa aparición, polo que deixaron de empregarse para os bombardeos despois do fracaso dun ataque sobre Londres en 1917.

Morto nese mesmo ano, Ferdinand von Zeppelin non chegou a ver cumprido o seu soño de organizar voos transatlánticos, que se fixo realidade entre 1928 e 1937. Os dirixibles seguiron utilizándose con fins comerciais durante todo o período de entreguerras (ata 1940).


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -