See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Espartaco - Wikipedia

Espartaco

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Espartaco, por Denis Foyatier, 1830
Espartaco, por Denis Foyatier, 1830

Índice

[editar] Primeiros anos

Segundo se ten relatado, naceu nunha familia de pastores; seguíu a profesión dos pais, mais reducido á miseria enrolouse no exército romano, co que combate en Macedonia como soldado auxiliar. A dura disciplina a que era obrigado e os numerosos episodios de racismo que tivo que sufrir na milicia, convencérono para desertar.

Capturado, foi tratado como traidor e condenado primeiro como escravo, e logo, arredor do 75 a.C., foi destinado como gladiador. Espartaco acabou sendo vendido a Lentulus Batiatus, un organizador de espectáculos residente en Capua, onde rexentaba unha escola de gladiadores (ludo). Espartaco foi obrigado a combater contra bestas feroces e contra outros gladiadores, como era uso naquel tempo, para divertir non só o pobo, senón tamén a aristocracia.

[editar] A revolta inicial

No ano 73 a.C., Espartaco e arredor de uns 70 individuos, armados, máis escaparon da escola capuana, fuxindo ata refuxiarse nas proximidades do monte Vesuvio, cerca da actual cidade de Nápoles, onde se lles axuntaron outros escravos rurais.

O grupo percorreu a comarca, saqueandoa. Logo se destacaron ao lado de Espartaco varios xefes secundarios, de orixe gala, chamados Crixus, Castus, Gannicus e Oenomus. Máis escravos fuxidos uníronse ao grupo ata chegar a formar un exército, suxeríndose un total de 120.000 persoas.

Dado que a proporción de escravos a respeito dos cidadáns romanos era elevada, a rebelión escravista constituíase nun serio perigo para Roma. O Senado decidíu enviar un exército de sobre 3.000 homes contra os rebeldes, ao mando do pretor Claudius Glaber. Sitiaron os rebeldes no Vesuvio, mais Espartaco conducindo os seus homes do lado contrario do monte, pillou polas costas o exército romano, que masacraría no ataque. Glaber perdeu a vida alí.

[editar] Marcha cara o Norte

As forzas de Espartaco derrotaron dúas novas lexións enviadas contra eles. Os escravos, que incluían anciáns, nenos e mulleres, retiráronse máis ao Sur para descansar durante o inverno. Na primavera puxeron marcha cara o Norte, con mentes de atinxir a Galia.

Alarmado o Senado, enviou dous cónsules contra eles, Gelio Publícola e Gneo Corneliuo Léntulo Clodiano, cada un con dúas lexións. Os galos e xermanos, que se separaran, sob mando de Crixus, foron derrotados e mortos, polas lexións de Publicola. Mentres, Espartaco derrotou a Léntulo primeiro, e despois a Publícola, na Italia central, en Piceno. Seguindo cara o Norte, en Mutina (hoxe Módena) derrotaron outra lexión, conducida por Gaio Cassio Longino, gobernador da Galia Cisalpina (o Norte de Italia).

[editar] Retorno ao Sur

En apariencia, Espartaco intentaba conducir as súas xente fóra de Italia, cara a Galia transalpina, e talvez pensaría alcanzar Hispania para unirse á rebelión de Quinto Sertorio. Porén mudou este plano e retornou para o Sur, segundo as fontes antigas por presións dos seus seguidores. Isto é visto hoxe como un grave erro. Quizais as vitorias anteriores voltáronos confiados de máis. Polo demais, algúns pensan que unha boa parte do grupo, conseguíu cruzar os Alpes e regresar aos seus países.

O resto marchou cara o Sur, derrotando dúas lexións máis mandadas por Marco Licinio Craso, que era naquela altura a persoa máis rica de Roma. A finais do ano 72 a.C., acamparon en Rhegium (hoxe Reggio Calabria), xa cerca do estreito de Messina, no mesmo extremo meridional da península itálica.

Espartaco negociou con piratas de Cilicia para que os recollesen na illa de Sicilia. A comezos do ano 71 a.C., oito lexións romanas, de novo a mando de Craso, cercaron as forzas de Espartaco en Calabria. O asasinato de Quinto Sertorio en Hispania, facilitou que o Senado puidese recabar a vinda desde a Península Ibérica de Pompeio; tamén foi chamado Lúculo, que estaba de campaña, no Norte de Anatolia, contra o rei Mitrídates VI do Ponto.

Espartaco conseguíu romper as liñas de Craso, tentando atinxir Brundisium (actual Brindisi), pero Craso manobrando ben cortoulle o paso, o que obrigou aos escravos a apresentar batalla no río Silarus (hoxe río Sele), onde foron derrotados. Logo da batalla, foron resgatados 3.000 romanos captivos no campamento escravo. Máis de 6.000 seguidores de Espartaco foron crucificados ao longo da Via Apia, entre Roma e Capua (na que quizais puideron estar expostos durante anos).

Mais aínda uns 5.000 escravos puideran escapar. Fuxiron cara o Norte, pero foron derrotados por Pompeio, que voltara xa desde Hispania. Pompeio foi capaz de apresentarse como rematador da guerra, de xeito que foi recibido clamorosamente en Roma, en tanto Craso recibíu honras menores.

Descoñécese se Espartaco morreu na batalla de Silarus ou se sobrevivíu e foi crucificado despois. O cadáver de Espartaco non foi atopado nunca. Craso, anos máis tarde, sería derrotado e perdería a vida, nunha campaña en Oriente, contra Partia.


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -