Escudo Canadense
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Desde os Grandes Lagos ata o Océano Ártico, pasando polas rexións do norte de Saskatchewan, Manitoba, Ontario e Quebec, así como a maior parte de Labrador, é dicir a parte continental da provincia de Terra Nova e Labrador, exténdose unha vasta base de rocha coñecida como Escudo Canadense, o cal ocupa o 49% da superficie do país. Este consiste principalmente en terreo erosionado e ondulado e contén moitos ríos importantes utilizados na produción de enerxía hidroeléctrica, particularmente no norte de Quebec e Ontario. O Escudo Canadense tamén rodea un área de terras húmidas, os baixos da baía de Hudson. Algunhas rexións particulares do escudo están cubertas por cordilleiras que inclúen os montes Torgat e os montes Laurentinos.
A pesar de que non é posible a práctica da agricultura intensiva no Escudo Canadense, persiste a agricultura en menor escala e a silvicultura, e existen pequenas granxas nos vales fluviais e ao redor de lagos, particularmente en rexións do sur. Os bosques boreais cobren gran parte do Escudo, cunha variedade de coníferas que prové un importante recurso para a industria madeireira. Nesta rexión existen grandes reservas minerais.