Silvicultura
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Silvicultura (do latín silva, selva, bosque, e cultura, cultivo) é o cultivo dos bosques ou montes e tamén a ciencia que trata deste cultivo. Forman parte do seu campo a arte de crear ou conservar un bosque, e a teoría e a práctica de regular o establecemento dunha masa arbórea, a súa composición e desenvolvemento; para iso apóiase na xeografía, ecoloxía, edafoloxía e climatoloxía entre outras.
A silvicultura é moito máis nova que a agricultura. Os señores feudais de Europa Central comezaron a xestionar os seus bosques na Idade Media, con vistas á caza e ao favorecimiento de árbores especialmente valiosas para, por exemplo, a construción de barcos. A silvicultura como unha disciplina científica non emerxeu ata comezos do século XIX, cando Alemaña e Francia fundaron as primeiras escolas de enxeñería forestal.