See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Ernesto Alterio - Wikipedia

Ernesto Alterio

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Ernesto Alterio é un actor arxentino afincado en España e nado en Bos Aires o 25 de xullo de 1970. É fillo do actor Héctor Alterio e irmán da actriz Malena Alterio.

Índice

[editar] Biografía

Aínda que nace en Arxentina, instálase en España coa súa familia sendo moi novo debido ó exilio que sofre o seu pai Héctor Alterio polas súas ideas progresistas e o seu activismo político de esquerdas tralo golpe de estado no seu país natal.

Tiña intención de cursar estudos de Bioloxía, pero finalmente comezou a carreira de Historia, que abandonaría pola súa vocación artística. Matriculouse na popular escola de Arte Dramática de Cristina Rota, onde coñeceu a outros actores de éxito do cine español actual como Nathalie Poza, Guillermo Toledo ou Alberto San Juan, co que formou a compañía Ración de Oreja en 1996. Coñecería tamén a Andrés Lima, que tiña o seu propio grupo de actores. Deciden fusionar ambos en Animalario, gran canteira de actores de gran fama en España e compañía caracterizada polas súas funcións críticas coa realidade social do seu tempo, coma Que te importa amor o El fin de los sueños.

A súa carreira cinematográfica comeza a destacar polos seus traballos en películas coma Mi nombre es sombra, Tengo una casa, Morirás en Chafarinas,Belmonte, Más amor que frenesí ou Dos por dos entre outras. Los años bárbaros de Fernando Colomo foi o seu primeiro protagonista en cine, xunto a Jordi Mollà e Juan Echanove.

Repetiría con Colomo en El cuarteto de La Habana, papel que lle valeu unha candidatura ó Premio Goya ó mellor actor revelación.

Los lobos de Washington, de Mariano Barroso, Insomnio de Chus Gutiérrez, ou Salvador Dalí de Carlos Saura son algúns títulos posteriores destacados na súa filmografía, pero a quen sen dúbida lle reportou maior fama foi El otro lado de la cama, película de Emilio Martínez Lázaro.

En televisión fixo colaboracións episódicas en series como El joven Picasso, Lleno por favor, Colegio mayor, Los ladrones van a la oficina e Todos los hombres sois iguales.

O seu primeiro e único papel protagonista neste medio ata o momento foi na coprodución hispanoarxentina Vientos de agua (2005), un éxito de crítica pero fracaso de audiencia no que compartiu traballo co seu pai, interpretando ambos o mesmo personaxe en distintas épocas da súa vida.

Actor comprometido, en 1998 asinou un manifesto para o cese da limpeza étnica de Slobodan Milošević, dos bombardeos da OTAN e a substitución das forzas militares e grupos armados en Kosovo por unha paz composta por cascos azuis mandados pola ONU. Pere Ponce, Santiago Ramos, Alberto San Juan, Julieta Serrano, Pilar Bardem, Fiorella Fantoyano, Manuel Galiana, Juan Diego Botto, María Botto, Juan Luis Galiardo, Juan Diego, Amparo Valle foron outros actores que tamén apoiaron estas causas.

En canto á súa vida persoal, a súa parella é a actriz Juana Acosta, coa que tivo a súa primeira filla, chamada Lola, en 2006.

[editar] Filmografía

Año Película Director
1992 Shooting Elizabeth Baz Taylor
1992 Tanguito Marcelo Piñeiro
1993 El joven Picasso Juan Antonio Bardem
1995 Tengo una casa Mónica Laguna
1995 Belmonte Juan Antonio Bollaín
1995 Dos por dos
1995 Morirás en Chafarinas Pedro Olea
1996 Caminantes nocturnos Carlos Muguiro
1996 Más que amor, frenesí Alfonso Abacete, David Mekes e Miguel Bardem
1996 Mi nombre es sombra Gonzalo Suárez
1998 Los años bárbaros Fernando Colomo
1998 Insomnio Chus Gutiérrez
1999 Los lobos de Washington Mariano Barroso
1999 El cuarteto de La Habana Fernando Colomo
2000 Kashbah Mariano Barroso
2001 Buñuel y la mesa del rey Salomón Carlos Saura
2002 El otro lado de la cama Emilio Martínez Lázaro
2003 Días de fútbol David Serrano
2004 Muetros comunes Norberto Ramos del Val
2004 Incautos Miguel Bardem
2005 Semen, una historia de amor Inés París
2005 El método Marcelo Pîñeiro
2006 Los 2 lados de la cama Emilio Martínez Lázaro

[editar] Curtametraxes

Año Cortometraje
1992 Hora final
1995 La boutique del llanto
1995 The short walk
1997 A mí quién me manda meterme en esto
1995 El diablo en el paraíso
1999 Vínculo
2001 Desaliñada
2003 El balancín de Iván
2001 Entre nosotros


[editar] Televisión

Año Serie
1993 Los ladrones van a la oficina
1993 Colegio mayor
1995 Todos los hombres sois iguales
2006 Vientos de agua


[editar] Teatro

Año Obra de teatro
Muelle del oeste
La boda
1996 Animalario
1996 Qué te importa que te ame
1997 El fin de los sueños
2001 Rosencratz y Guilderstein han muerto


[editar] Premios

[editar] Fotogramas de Plata

Año Categoría Película Resultado
2003 Fotogramas de Plata ó mellor actor de cine Días de fútbol Candidato


[editar] Círculo de Escritores Cinematográficos

Año Categoría Película Resultado
2005 Mellor actor de reparto El método Candidato

[editar] Unión de Actores

Año Categoría Película Resultado
2003 Mellor actor protagonista de cine Días de fútbol Candidato
2002 Mellor actor protagonista de cine El otro lado de la cama Candidato
1995 Mellor intérprete secundario de cine Tengo una casa Candidato

[editar] Premios Goya

Año Categoría Película Resultado
2003 Premio Goya á mellor interpretación masculina protagonista Días de fútbol Candidato
1998 Premio Goya ó mellor actor revelación Los años bárbaros Candidato
Outras linguas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -