Diocese de Astorga
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A diocese de Astorga ou diocese asturicense é a diocese ou bispado (territorio eclesiástico da Igrexa católica rexido por un bispo) cuxa sé catedralicia está radicada na cidade de Astorga.
Índice |
[editar] Extensión territorial
Comprende territorios que se extenden por parte das provincias actuais de León, Zamora, ambas pertencentes civilmente á comunidade de Castela e León, ademais de por parte da provincia de Ourense, na comunidade de Galiza. Nesta son asturicenses as comarcas de Valdeorras, Trives, e Viana; ademais algunhas freguesías dos concellos de Chandrexa de Queixa e A Gudiña, tamén o son. A comarca lucense de Quiroga foi asturicense até o ano 1955, pasando entón á diocese de Lugo ao trocarse por territorios lucenses no Valcárce, no Bierzo. Historicamente tamén formaron parte desta diocese territorios portugueses da Terra de Miranda, actualmente pertencentes á diocese de Bragança, o que se ten aducido para explicar a pervivencia de dialectos leoneses nesa comarca (ver mirandés).
Na actualidade a diocese de Astorga ocupa uns 11.525 km2 de superficie, dos cales corresponden á provincia de León 6.299 km2 (54.65 % do total), á provincia de Zamora 3.526 km2 (30,59 %) e á provincia de Ourense 1.700 km2 (14,75 % da diocese). A poboación total do bispado apenas superaba os 200.000 habitantes, dos cales algo máis de 40.000 corresponden ao territorio galego.
[editar] Breve Historia
[editar] Orixes
A mención máis antiga do cristianismo nestas terras, no século III d.C., menciona xa a existencia dun bispo en Astorga. Trátase dunha carta dirixida polo bispo de León, no ano 254, ao metropolitano de Cartago, Cipriano, que menciona a comunidade cristiá de Astorga e o seu bispo Basílides. As mecións dun bispo, Efrén, no ano 60, é unha piadosa lenda carente de rigor histórico. O que a epístola a Cartago permite supor é que as comunidades de León e Astorga teñen a súa orixe en África, pois era costume desta época consultar os problemas eclesiais con as igrexas madre.
Durante o século V, vóltase a ter noticias do bispado astorgano, pois o seu prelado, San Toribio, ten intervención nos problemas suscitados cos seguidores do priscilianismo.
[editar] No reino suevo
No século VI o territorio asturicense está comprendido dentro do Reino Suevo. O Parroquial Suevo (Parochiale Suevum) un documento que mostra a organización eclesiástica do territorio desa monarquía, menciona a diocese asturicense xunto con outras da Gallaecia. Asigna a Astorga un territorio en parte diferente do que administraría a partir da Alta Idade Media: Ad Asturicensem sedem ipsa Astorica: Legio, Bergido, Petra speranti, Comanca, Ventosa, Maurelos superiores et inferiores, Senimure, Francelos, Pesicos, pois inclúe na diocese as igrexas de León (Legio), Zamora (Senimure) ou mesmo territorios asturianos, como Pesgos (Pesicos). Mais non lle atribúe nengunha igrexa no que hoxe é o territorio histórico da Galiza, pois unha parte están indicados para o bispado de Ourense, así Trives (Teporos) ou Valdeorras (Geurros), á que aínda lle asigna a Sanabria (Senabria). O territorio de Quiroga (Carioca) está, no Parroquial, asignada á Lugo.
No século VIII, Astorga foi incluída no territorio dominado polos árabes. Houbo que esperar até Afonso III para que pasase de novo a mans cristiáns. Porén o territorio da diocese tardou máis en reorganizarse.
[editar] Restauración medieval
Ha que agardar até o ano 934 para que o rei Ramiro II faga a chamada Restitución da Igrexa Asturicense. O monarca convoca un concello de bispos e relixiosos xunto con magnates laicos, que asinan, o 17 de xaneiro, un documento no cal se indican as igrexas que se atribúen agora á diócese astorgana: en terras de Bragança seguindo o río Tuela ata confluír co Douro, de aí cara Zamora, incluíndo Aliste e Sanabria, Trives, Caldelas, o Caurel e Quiroga e máis Valdeorras integramente, engadindo algo máis abaixo as igrexas de Toro ( in Bergantia per illum riuulum qui dicitur Tuela, et discurrit dum intrat in Dorio contra Zamora ad partem Orientis, et intus Alisti et Senabria, Tribes, Caldellas, Caurille et Quiroga, et Iurres ab omni integritate [...] tornamus ad ciuitatem Astoricensem eclesias de Campo Tauro). O texto, que sufre sospeitas de autenticidade, non cita as actuais comarcas do Bolo e Viana, porque seguramente estaba inclusa nos territorios de Trives e do Valdeorras, e que si aparecen como Roboreta = Robleda, nun documento confirmatorio e que, de paso, autentifica dubidosos acordos anteriores, debido ao rei Ordoño II do ano 956). A reconstrución efectuada agora acomodaba a diócese astorgana, pola súa banda occidental, aos límites do antigo convento asturicense romano, que foi o que a corte debeu ter en mente para restaurar a diocese, aínda que resultase imposíbel retornarlle outros territorios que a compuxeran, nos que agora había xa outras sés con as correspondentes terras, como Oviedo ou León.
[editar] Lista de bispos asturicenses
- Efrén 60
- Basílides 254
- San Sabino (254-2..)
- Decencio
- Domiciano (340)
- Simposio (380-¿?)
- San Dictino (400-4..)
- Comasio (ca. 420-4..)
- Toribio de Liébana (444-476)
- Timoteo (561)
- Polemio (568-585)
- Talasio (588-um 589)
- Concordio (630-636)
- Oscando (637-6..)
- Candidato (645-653)
- Elpidio (653-um 656)
- Isidoro (670-680)
- Aurelio (681-693)
- Indisclo (853-879)
- Ranulfo (880-908)
- San Xenadio (909-919)
- San Fortis (920-931)
- Salomon (932-951)
- Odoario (952-962)
- Notario (962-972)
- Novidio (967-972)
- Gonzalo (972-992)
- Jimeno (992-1028)
- Pedro (1029-1034)
- Sampiro (1034-1041)
- Pedro Gundulfiz (1041-1051)
- Diego (1051-1061)
- San Ordoño (1061-1066)
- Pedro Núñez (1066-1082)
- Osmundo (1082-1098)
- Pelaio Cerveyra (1098-1121) (foi tamén bispo de Mondoñedo)
- Alon (1122-1131)
- Roberto (1131-1138)
- Jimeno Eriz (1138-1141)
- Amadeo (1141-1143)
- Arnaldo (1144-1152)
- San Pedro Cristiano (1153-1156)
- Fernando "El Viejo" (1156-1172)
- Arnaldo (1173-1177)
- Sé vacante (1177-1190)
- Lope Andrés (1190-1205)
- Pedro Andrés (1205-1226)
- Nuño (1226-1241)
- Pedro Fernández (1241-1265)
- Hermann "El Alemán" (1266-1272)
- Melenio Pérez (1273-1284)
- Martín González I. (1285-1286)
- Martín González II. (1286-1301)
- Alfonso Martínez (1301-1314)
- Juan Alfonso (1315-1326)
- Bartolomé Martínez (1326-1331)
- Fernando Ibáñez (1332-1333)
- Pedro Alfonso (1333-1342)
- Pedro de Pedroche (1342-1346)
- Nuño de Fuentes (1346-1349)
- Rodrigo de Lara (1349-1358)
- Fernando de San Marcelo (1358-1370)
- Alonso de Toro (1370-1382)
- Juan Alfonso de Mayorga (1382-1389)
- Fernando de Astorga (1389-1390)
- Pedro Martínez de Tesa (1390)
- Pascual García (1390-1393) (tamén foi bispo de Ourense)
- Alfonso Rodríguez (Gutiérrez) (1393-1412)
- Pedro Fonseca (1414-1418)
- Gonzalo de Santa María (1419-1423) (foi tamén bispo de Plasencia)
- Sancho de Rojas (1423-1440)
- Alvaro Pérez Osorio (1440-1463)
- García Alvarez de Toledo (1463-1488) (foi tamén bispo de Badajoz)
- Juan Ruiz de Medina (1489-1493) (foi tamén bispo de Badajoz)
- Diego Meléndez Valdés (1493-1494) (logo bispo de Salamanca e de Zamora)
- Juan de Castilla (1494-1498) (logo bispo de Salamanca)
- Diego Ramirez Villaescusa (1498-1500) (foi tamén bispo de Málaga)
- Francisco Desprats (1500)
- Sancho Pérez Rodríguez de Acebes (1500-1515)
- Alvaro Osorio, O.P. (1515-1539)
- Esteban Almeida (1539-1542) (tamén foi bispo de León)
- Diego Alava Esquivel (1543-1548) (tamén foi bispo de Ávila)
- Pedro Acuña Avellaneda (1548-1555) (foi tamén bispo de Salamanca)
- Diego Sarmiento Sotomayor (1555-1571)
- Francisco Sarmiento Mendoza (1574-1580) (tamén foi bispo de Jaén)
- Alfonso Delgado (1580-1583)
- Antonio Torres (1584-1588)
- Juan Zuazola (1589-1590)
- Pedro Rojas Henríques, O.S.A. (1591-1595) (foi tamén bispo de Osma)
- Antonio de Cáceres, O.P. (1595-1615)
- Alfonso Mesía de Tovar (1616-1636)
- Luis García Rodríguez (1637-1638)
- Diego Salcedo Benacos (1639-1644)
- Bernardo Atayde de Lima Pereira (1644-1654) (foi aínda bispo de Ávila)
- fr. Nicolás de Madrid (1654-1660) (foi tamén bispo de Osma)
- Juan Vallejo (1660-1661)
- Nicolás Rodríguez Hermosino (1662-1669)
- Matías Moratinos Santos (1669-1672) (foi tamén bispo de Segovia)
- Rodrigo de Mandía y de Parga (1672-1674) (foi aínda bispo de Almeria)
- Diego de Silva y Pacheco (1675-1677) (foi tamén bispo de Guadix)
- Francisco Aguado (1677-1688)
- Antonio de Brizuela y Salamanca (1688-1693)
- Antonio de Sanjurjo (1693-1707)
- José Patricio Navarro (1707-1723)
- Crisóstomo Vargas, O. Cist. (1723-1728)
- José Francisco Bermúdez Mandía (1728-1736)
- Pedro Cáceres Casado (1738-1747)
- Matías Escalzo Acedo (1748-1749)
- Francisco Javier Sánchez Cabezón (1750-1767)
- Juan Manuel Merino Lumbreras (1767-1782)
- Antonio Andrés López Arroyo, O.F.M. (1783-1787)
- Manuel Abad Lasierra (1787-1791)
- Francisco Isidoro Gutiérrez Vigil (1791-1805)
- Manuel Vicente Martínez Jiménez (1806-1816) (foi tamén arcebispo de Zaragoza)
- Guillermo Martínez Riaguas (1819-1824)
- Manuel Bernardo Morete Bodelón (1825-1828)
- Leonardo Santander Villavicencio (1828-1832)
- Félix Torres Amat (1833-1847)
- Juan Nepomuceno Cascallana Ordóñez (1850-1851) (foi tamén bispo de Málaga)
- Benito Forcelledo Tuero (1852-1858)
- Fernando Argüelles Miranda (1858-1870)
- Mariano Brezmes Arredondo (1875-1885)
- Juan Bautista Grau y Vallespinos (1886-1893)
- Vicente Alonso y Salgado, Sch. P. (1894-1903) (foi aínda bispo de Cartagena)
- Mariano Cidad y Olmos (1903-1903)
- Julián Miranda y Ristuer (1903-1904) (foi aínda bispo de Segovia)
- Julián de Diego y García Alcolea (1904-1913) (foi tamén bispo de Salamanca)
- Antonio Senso Lázaro (1913-1941)
- Jesús Mérida Pérez (1943-1956)
- José Castelltort Subeyre (1956-1960)
- Marcelo González Martín (1960-1966) (foi arcebispo coadxutor de Barcelona)
- Antonio Briva Miravent (1967-1994)
- Camilo Lorenzo Iglesias (1995-...)
|
|
arcebispado ou arquidiocese | arciprestado | bispado ou diocese | prelatura | provincia eclesiástica | vicaría ou vicariato |