See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Advocación - Wikipedia

Advocación

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Chámaselle advocación, padroeiro ou patrón (e non padrón) ó santo ó que está encomendada unha parroquia católica. Non debe confundirse haxiotopónimo, pois son distintos en que:

  • unha advocación é máis inestable no tempo e no espazo, pois a Igrexa católica pode mudala, modificar a parroquia (disolvela, segregala ou xuntala con outra) ou instaurar varias advocacións simultáneas (San Cosme e San Damián, por exemplo teñen certa tendencia a ir xuntos, ademáis de que en moitas parroquias galegas hai un santo ou unha santa e ademais unha Virxe guardiá); pola contra, un haxiotopónimo é o nome dun lugar e non desaparece ata que alguén non lle chame así a ese sitio (lamentablemente con frecuencia crecente debido á desaparición ou emigración da xente maior e ó esquecemento da xente nova);
  • unha advocación segue sentíndose como nome de persoa, mentres que un haxiotopónimo perde esta transparencia semántica;
  • a evolución fonolóxica dunha advocación é máis conservadora pois aínda é transparente (Sanctus Facundus > San Fagundo), mentres que un haxiotopónimo tamén segue as leis fonéticas de evolución da lingua pero podendo diverxer da lingua común (Sanctus Bartolomeus > Samertolameu; Sanctus Hadrianus > Santradán (Cobres, Vilaboa), os dous no Morrazo; Sanctus Genesius > concello de Sanxenxo na provincia de Pontevedra; Sanctus Tirsus > concello de Santiso na provincia da Coruña);
  • unha advocación sempre se refire a unha parroquia, mentres que un haxiotopónimo pode remitirse a unha leira, unha vila ou unha superficie moito maior (por exemplo, os concellos de Santa Comba ou San Sadurniño, na provincia da Coruña ou San Amaro na provincia de Ourense);
  • unha advocación pode ser composta, pero só dentro dos límites do repertorio do santoral, mentres que un haxiotopónimo ten moita maior variación (San Xoán de Río, San Cristovo de Cea ou San Cibrao das Viñas na provincia de Ourense ou Santiago de Compostela na provincia da Coruña, tamén concellos);

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -