See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Dióxenes de Sínope - Wikipedia

Dióxenes de Sínope

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Dióxenes de Sínope
Dióxenes de Sínope

Dióxenes de Sínope, en grego antigo, "Διογένης ὁ Σινωπεύς" (c. 413 adC, Sinop, hoxe na Turquía – c. 323, Corinto), foi un filósofo grego e talvez o maior representante do Cinismo, escola filosófica fundada por Antístenes de Atenas, que fora discípulo de Sócrates e mestre de Dióxenes.

Segundo a tradición, Dióxenes vivia a perambular polas rúas na mais completa miseria até que un dia foi aprisionado por piratas para, posteriormente, ser vendido como escravo. Un home con boa educación chamado Xeníades o comprou. Logo constatou a intelixencia de seu novo escravo e confioulle tanto a xerencia dos seus bens canto a educación dos seus fillos:

navegando a Exina foi capturado por piratas, cuxo capitán era Escirpalo, e vendido en Creta. En esta ocasión, preguntándolle o pregoeiro «que sabía facer», respondeu: «Mandar nos homes»; e sinalando co dedo a certo corintio que pasaba por alí moi ben vestido (era o Xeníades que dixemos acima), dixo: «Véndeme a este; este necesita de amo». Comprouno en efecto Xeníades; levouno a Corinto; fíxoo preceptor dos seus fillos e administrador de toda a súa casa. Portouse nela de maneira que Xeníades dicía por todas partes: «O bo xenio veu á miña casa».[1]

Dióxenes levou ao extremo os preceitos cínicos de seu mestre Antístenes. Foi o exemplo vivo que perpetuou a indiferenza cínica perante o mundo. Desprezaba a opinión pública e parece ter vivido nunha pipa ou barril. Seus únicos bens eran unha alforxa, un bastón e unha tixela (que simbolizaban o desapego e auto-suficiencia perante o mundo), sendo coñecido como o filósofo que vivia como un cán.

A felicidade - entendida como autodominio e liberdade espiritual - era a verdadeira realización de unha vida. Sua filosofía combatia o pracer, o desexo e a luxuria pois isto impedia a auto-suficiencia. A virtude - como en Aristóteles - debería ser practicada e isto era mais importante que teorías sobre a virtude.

Dióxenes é tido como o primeiro home a afirmar, "Son unha criatura do mundo (cosmos), e non de un estado ou unha cidade (polis) particular", manifestando así un cosmopolitismo relativamente raro no seu tempo.

Dióxenes parece ter escrito traxedias ilustrativas da condición humana e tamén unha República que tería influénciado Zenón de Citio, fundador do estoicismo. De feito, a influencia cínica sobre o estoicismo é bastante saliente.

Dióxenes, de John Willian Waterhouse, mostrando a sua lámpada, o seu barril e as cebolas das cales ele se nutria.
Dióxenes, de John Willian Waterhouse, mostrando a sua lámpada, o seu barril e as cebolas das cales ele se nutria.

Probabelmente, Dióxenes foi o mais folclórico dos filósofos, son innúmeras as histórias que se contaban sobre el xa na Antigüidade. É famosa, por exemplo, a historia de que saía en plena luz do dia con unha lanterna acesa procurando por homes verdadeiros (ou sexa, homes auto-suficientes e virtuosos). Igualmente famosa é sua historia con Alexandre o Grande:

Estando tomando o sol no Cranión, achegóuselle Alexandre e dixolle: «Pídeme o que queiras»; ao que respondeu el: «Pois no me fagas sombra». [2]

Esa resposta impresionou vivamente Alexandre, que, na volta, ouvindo seus oficiais zumbaren de Dióxenes, dixo: "Se eu non fose Alexandre, querería ser Dióxenes." Outra historia famosa é a de que, tendo sido reprendido por estar se masturbando en público, simplemente exclamou: "O! Mas que pena que non poda aliviar a fame apenas esfregando a barriga!"

Non se sabe cando nin de que morreu, Dióxenes Laercio refere varias historias, todas moi favorábeis ao cínico:

Acudindo os pais de estes e algúns señores, enterrarono xunto da porta que conduce ao istmo. Erixindolle unha columna, e sobre ela un can de mármore pario. Despois tamén os seus paisanos o honraron con estatuas de bronce. [3]

Di Dióxenes Laercio que segundo Demetrio a morte de Dióxenes ocorreu no mesmo dia en que Alexandre o Grande, morreu na Babilonia. Outra lenda conta que Sócrates morreu no dia en que Dióxenes naceu.

Índice

[editar] A súa obra

O reencontro de Dióxenes e de Alexandre
O reencontro de Dióxenes e de Alexandre

É en parte por causa de seu comportamento escandaloso, que os escritos de Dióxenes caeron no case total esquecemento. Con efecto, a politeia (a República) escrita por Dióxenes, remenda e se apoia mais tarde na politeia de Zenón (un estoico), ataca numerosos valores do mundo grego, preconizando, entre outros, a antropofaxia, a liberdade sexual total, a indiferenza á sepultura, a igualdade entre homes e mulleres, a negación do sagrado, a arrecadación en prol da cidade e de súas leis, a supresión das armas e da moeda. por outro lado, Dióxenes consideraba o amor como sendo absurdo : un non se debe apegar a outra persoa.

Certos estoicos, por tanto próximos da corrente cínica de Dióxenes, parecen ter preferido disimular e esquecer esa herdanza xulgada « embarazosa ».

[editar] Referencias

  1. Dióxenes Laercio: Vidas.. Capítulo Sexto, Dióxenes o cínico, 42
  2. Dióxenes Laercio: Vidas.. Capítulo Sexto, Dióxenes o cínico, 7
  3. Dióxenes Laercio: Vidas.. Capítulo Sexto, Dióxenes o cínico, 45

[editar] Véxase tamén

[editar] Bibliografía

A principal fonte de dados sobre a súa vida é Dióxenes Laercio; ver tamén as notas de Mayor sobre Xuvenal, Sátira XIV, 308-3 148

  • Dióxenes Laercio VIDAS, OPINIONES Y SENTENCIAS DE LOS FILÓSOFOS MÁS ILUSTRES Edición dixital
  • Diogenes of Sinope: The Man in the Tub, by Luis Navia. Greenwood Press, Westport Press, 1989. ISBN 0-313-30672-9.
  • García Gual, Carlos La secta del perro: vidas de los filósofos cínicos Madrid: Alianza 2005 | id = ISBN 84-206-7767-1
  • Diogenes, Herakleitos and Diogenes, translated by Guy Davenport. Bolinas: Grey Fox Press, 1979. ISBN 0-912516-36-4. (Complete fragments of Diogenes translated into English.)
  • Critique of Cynical Reason, by Sloterdijk, Peter. Translation by Michael Eldred; foreword by Andreas Huyssen. Minneapolis: University of Minnesota Press, 1987

[editar] Ligazóns externas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -