See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Cova - Wikipedia

Cova

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

O interior dunha caverna en Alabama, USA
O interior dunha caverna en Alabama, USA

Unha cova, caverna, espenuca, gruta, fenda, greta, furna ou pala é unha abertura ou cavidade na superficie da codia terrestre.

Índice

[editar] Clasificación

As covas poden clasificarse segundo varios parámetros:

  • pola localización xeográfica:
  • pola ontoxenia ou causas da formación:
    • calizas ou calcáreas, procedentes da disolución e deposición por saturacióndo carbonato de calcio, creando as habituais formacións internas estalagmitas, estalactitas, columnas e gours e as externas dolinas, sifóns, etc. Ás zonas onde se concentran adóitaselles chamar kársticas ou cársticas, pola rexión balcánica chamada Karst onde está unha das maiores concentracións destas formas;
    • orgánicas, tamén por disolución e por precipitación pero de substancias orgánicas coma taninos, humina, etc.;
    • de disgregación ou erosión: marítimo-salina (na beiramar), térmica (no deserto), eólica (normalmente en barlovento), etc. Tanto a estas coma ás anteriores se lles veñen chamando nos últimos tempos pseudokarst ou pseudocarst;
  • pola dirección de desenvolvemento:
    • simas, cando son fundamentalmente verticais, coma a máis grande de Europa, a Sima de San Martín, nos Pireneos entre España e Francia;
    • covas xenéricas, cando son principalmente horizontais;

[editar] Distribución

En Galicia existen principalmente tres zonas con covas:

Por suposto tamén pode haber covas noutros lugares: por exemplo as furnas, na costa, creadas pola erosión da auga, do sal e do vento mariños.

[editar] Antropoloxía

As covas sempre foron obxecto dun temor atávico por parte dos galegos modernos, e asociábanas normalmente a seres de lenda: as mouras e os mouros, os franceses, os trasnos, etc. Unha das máis coñecidas foi literaturizada por Vicente Risco en A trabe de ouro e a trabe de alquitrán. Existen lendas con ou sen fundamento (por exemplo, en Pico Sacro) que falan de que dende o curuto dun monte se podía chegar ó río por medio dalgunha destas covas.

[editar] Lexicoloxía

A lingua galega aproveita étimos de moitas orixes para denominar ós distintos tipos de covas:

  • Pala, denominación prelatina asociada con Lapa;
  • Burato ou buraco, denominación indoeuropea que tamén espallou ata Oceanía (Bora Bora);
  • Furado (relacionada coas anteriores) ou cova-cavidade, de clara orixe latina;
  • Espelunca ou espenuca, denominación de orixe grega;
  • Sima, un substantivo de orixe descoñecido que parece ser que só se utiliza en Galicia;

[editar] Vivenda

Os habitantes das covas son os cavernícolas ou trogloditas, e esta é en realidade a denominación que se usa para os antigos homínidos. Porén, houbo ou mesmo segue habendo certas culturas famosas por habitar cavidades naturais ou artificais:

  • os indios Mesa de Centroamérica;
  • os xitanos de Sacromonte, en Granada;
  • algunhas aldeas de Capadocia, Turquía;

A causa de que se habiten é que o ambiente químico (térmico e higrométrico) das covas é moito máis estable. Isto permite a conservación de tres tipos de restos moi importantes para a arqueoloxía, a paleoantropoloxía e a antropoloxía en xeral:

  • pinturas rituais (coma en Lascaux, Francia; Altamira, Cantabria; as pinturas do pobo Tuareg no deserto do Sáhara) dos humanoides que as habitaban;
  • restos humanos e animais soterrados ou non, normalmente óseos e fosilizados pero excepcionalmente tamén de partes brandas momificadas ou embalsamadas;
  • restos das súas pertenzas, coma aveños, muíños de pedra, instrumentos ou roupas;

[editar] Véxase tamén

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:

[editar] Ligazóns externas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -