See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Commedia dell’arte - Wikipedia

Commedia dell’arte

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Traballo en progreso: Este artigo relacionado co teatro é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados co teatro que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír.

A commedia dell'arte foi un xénero teatral que se desenvolveu na Italia do século XVI.

A orixe é incerta, pero probabelmente ten as súas raíces no teatro romano. Na Italia medieval os arti eran grupos de artesáns ou gremios, polo que un posíbel significado sería o de "comedia de actores profesionais". As compañías de actores italianas representaban as súas obras non só en Italia, senón que viaxaban por toda Europa, especialmente por Francia, e a commedia dell'arte influenciou o desenvolvemento do teatro europeo posterior.

Unha troupe itinerante co seu cenario improvisado cun fondo de ruínas idealizadas na Campania Romana (Karel Dujardins, 1657).
Unha troupe itinerante co seu cenario improvisado cun fondo de ruínas idealizadas na Campania Romana (Karel Dujardins, 1657).

O trazo definitorio máis característico é o seu carácter de teatro de actor e equipo, e non de autor. Só existe un bosquexo da acción (scenari) e os actores improvisan os diálogos correspondentes con apoios de recursos extraverbais (mímica, malabarismos, acenos,...). É un teatro en que pesa máis a teatralidade que a textualidade.

Formalmente preséntase en tres actos coas súas escenas. A súa trama, con escasas explicitacións espaciais e temporais, acostuma ser sinxela e reiterativa, é unha acumulación de situacións para divertir ó público e producir hilaridade. A temática é amorosa, implicando a persoas de todas as idades, señores e servintes, amantes e confidentes.

Pierrot nun cadro de Antoine Watteau (1718-19).
Pierrot nun cadro de Antoine Watteau (1718-19).

.

As figuras poden presentarse con máscara (vellos, criados) ou sen máscara (namorados), e as personaxes son esterotipadas e inclúen a Pantalón, o Capitán bravucón, un Doutor, o Namorado e os servintes Arlequín, Brighella e Scapino entre os homes, e a Namorada, a súa confidente Soubrette (ás veces namorada dun dos servintes) e a Canterina e Ballerina, que cantaban nos entreactos, entre as mulleres.

No espírito, se non na forma, a Comedia dos Erros de Shakespeare (1954) ten a súa referencia na commedia dell'arte, e pódese trazar a súa influencia na obra de Ben Johnson, Molière e Goldoni, así como na pantomima, a farsa, as obras para monicreques e no ballet.



aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -