Cerceta aliazul
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Cerceta aliazul | ||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() |
||||||||||||
Estado de conservación | ||||||||||||
|
||||||||||||
Clasificación científica | ||||||||||||
|
||||||||||||
Nome científico | ||||||||||||
Anas discors | ||||||||||||
![]() |
A cerceta aliazul, (Anas discors), é un parrulo de pequeno tamaño e maioritariamente migratorio que vive en América.
Índice |
[editar] Descrición
Miden de 35 a 41 cm de longo e pesan de 325 a 500 gramos. Os machos son algo máis pesados cás femias e o peso esta suxeito a variacións estacionais, aumentando cando se preparan para a emigración. O bico mide de 4 a 4,2 cm. Os machos adultos en plumaxe de gala teñen a cabeza azul agrisada, cun debuxo facial branco en forma de media lúa. O corpo é castaño claro cunha mancha branca na parte posterior e a cola negra. As femias adultas, manchadas de pardo, son moi semellantes ás da cerceta. Ámbolos dous sexos teñen unha mancha azul (o espello) nas alas, da que reciben o seu nome vulgar.
[editar] Distribución xeográfica e hábitat
As cercetas aliazuis reprodúcense en Norteamérica dende Alasca ata Nova Escocia polo leste, e Texas polo sur. As súas áreas de invernada comprenden o sur dos Estados Unidos, México, América Central, o norte de Sudamérica e as illas do Caribe, por ben que exemplares illados acadan o Uruguai e Arxentina.. As poboacións reprodutoras do estado estadounidense de Texas son sedentarias. Durante a migración poden voar distancias longas sobre mar aberto. En Europa aparecen esporadicamente, e as súas patas amarelas permiten diferenciala doutros patos similares como a cerceta, á que é xeneticamente case idéntica segundo analises recentes de ADN.
[editar] Conduta
Complementa unha vexetación esencialmente vexetariana con insectos, crustáceos e outros ivertebrados acuáticos. Pacen principalmente na auga pero tamén comén sementes nos campos de cultivo.
Fan os niños, que non son máis que unha depresión do chan rodeada de herbas e moitas veces agachada entre a vexetación, entre abril e maio. Coma noutros patos, as parellas fórmanse xa no inverno. Na época de cría os machos son territoriais. A femia pon de 6 a 14 ovos da cor da crema, que choca entre 19 e 29 días. Os polos poden empezar a voar ós 40 días de vida. Maduran sexualmente na seguinte temporada de cría.
[editar] Ligazóns externas
- A cerceta aliazul na "Lista vermella de especies ameazadas" da IUCN
- A cerceta aliazul no Cornell Lab of Ornithology (inglés)
- Informacióm e fotos no South Dakota Birds and Birding (inglés)
- Información en eNature.com (inglés)