See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Ceos - Κέως - Wikipedia

Ceos - Κέως

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Ceos, tamén coñecida como Kea e Gia (grego Κέα Τζια), Tzia, Zea, Keos (grego antigo Κέως, Keōs), ou en latín Ceos, de onde a forma galega, é unha illa do arquipélago das Cícladas, no Mar Exeo, en Grecia.

Trátase da illa máis próxima ao Ática de todo o conglomerado das Cícladas (aproximadamente, unha hora en barco desde Laurión; dista 20 km do Cabo Sunión e 60 km de Atenas cara ao sueste.

O seu clima é árido e o terreo está infestado de outeiros.

A capital, Yulis, está no interior, a gran altitude (como a maioría de asentamentos históricos cicládicos, por medo aos piratas).

Considérase bastante pintoresca. Outras cidades importantes de Ceos son Corisia (o porto) e Vurkari (un pobo de pescadores).

Tras sufrir o despoboamento durante décadas, Ceos foi redescuberta hai pouco polos habitantes de Atenas para os fins de semana e para viaxes en iate.

A poboación en 1991 era de apenas 1.797 habitantes, sendo a súa densidade inferior á media da prefectura e de Grecia. Ceos ten 19 km de longo, de norte a sur, e 9 km de ancho deste a oeste. A súa superficie é de 128 km², sendo a súa cota máis alta de 560 ou 570 msnm.

Ao norte da illa está a cidade de Vurkarion Otsias. O extremo sur é o cabo Tamelos e o norte é o San Nicolás (Av. Nikolaos). Ao nordés está o cabo Spathi, e ao oeste o cabo Iakroprounda. A illa de Makronisos, ao noroeste pertence ao municipio de Ceos. É importante na illa o mosteiro de Panayia Kastriani a 7 km de Otsias nunha roca da costa nordés, que toma o nome do monte Kastri, e ten dúas igrexas, unha do século XVIII e unha de moderna (dedicada a Santa María). É importante o museo arqueolóxico.

Estatísticas
Prefectura: Cícladas
Rexións: Kea
Capital: Ceos
Localización:
Latitud:
Longitud:

37.328/37°40" lat. N
25.612/25°19" long E
Elevación:
 -inferior:
 -centro:
 -superior:

Mar Egeo
2 m (centre)
western part
Número de pobos, vilas e asentamentos: 10
Código postal 840 02
Código telefónico: 11-(00)30-22880-2
Código municipal: -
Matrículas de auto: EP
Abreviatura de 3 letras: ANI (Agios Ninkolaos)
Páxina Web: www.kea.gr

A capital é Kea, uns km ao interior da parte noroccidental, e que antigamente se chamou Iulis. Alí naceron os poetas líricos Baquílides e Simónides, o sofista Pródico, o médico Erasístrato e o filósofo peripatético Aristón. O mosteiro de Agia Anna e Dafni, en Iulis, hoxe en ruínas, foi construído por San Filothei para protexer ás mulleres de Atenas dos turcos.

Localízase nela un asentamento da Idade do Bronce, chamado Áyia Irini (Lassithi), que alcanzou o seu punto álxido nas épocas tardominoica e micénica temperá (1600-1400 adC).

O municipio ou prefectura inclúe a illa de Makronisos ao Noroeste, así como un par de liñas de ferri e de cargueiros.

Índice

[editar] Historia

Antigo mapa de Ceos
Antigo mapa de Ceos

A lenda di que o seu nome primitivo foi Hidrusa. Antes da época histórica estableceuse alí unha colonia de Naupacto e despois foi habitada polos xonios. A illa combateu á beira de Atenas nas batallas de Artemisio e Salamina.

A illa tiña catro cidades: Iulis, Cartea, Coresia, e Poesa, pero as dúas últimas desapareceron e xa non existían en tempos de Estrabón.

Quedan algúns restos da antiga Iulis, entre eles un león colosal (Lionda) ao leste da cidade, a 1,5 km. As leis de Iulis foron proverbialmente consideradas como sinónimo de institucións excelentes, e estaban relacionadas coa moral e o xeito de vivir dos cidadáns (unha delas, conservada, di que cada cidadán maior de 60 anos habíase de matar envelenado; outras son mencionadas por Heráclides e Ateneo).

O seu porto chamábase Coresia, á beira do arroio Elixos, e tiña un templo dedicado a Apolo Esminteo; hoxe é unha cidade moderna que se chama Corisia.

Cartea estaba na costa sueste, e quedan ruínas no pobo chamado Stais Polais.

Poesa estaba na costa suroeste e tamén se conservan as súas ruínas; está próxima á moderna Kavia.

Foi aliada de Atenas no século V adC, pero logo abandonou a alizanza. As minas da illa foron confiscadas por Atenas. Desde entón, estivo en contra de Atenas. En 360 adC, as cidades da illa, que aínda eran 4, formaron unha federación, que subsistiu durante uns séculos.

Durante o período helenístico estivo en mans de tiranos e cara ao final do século III adC, caeu en mans da dinastía ptolemaica. Máis tarde pasou aos etolios, macedonios (século II adC) e a Rodas (despois do 168 adC) e finalmente con esta a Roma.

No século IV, Cartea foi destruída por un terremoto, que ademais afundiu a economía insular, xa danada pola crise imperial.

Durante o período bizantino construíronse bastantes igrexas, e a prosperidade da illa creceu. En 1204, á caída de Constantinopla, o metropolitano de Atenas, Michel Akominatos, refuxiouse na illa, no mosteiro de Prodomos, onde permaneceu ata a súa morte. Ceos foi bizantina ata o 1204, en que foi capturada polos venecianos en o comezo da Cuarta Cruzada. Os bizantinos recuperárona en 1278. En 1296 caeu de novo en mans venecianas, e o señor veneciano Michelis construíu un castelo na antiga acrópole de Yulis. O porto converteuse en refuxio de piratas e ao redor de 1470 apenas había 200 habitantes na illa.

Ceos foi ocupada polos turcos en 1527. Os turcos nunca se asentaron na illa, pero a repoboaron con albanenes a finais do século XVI. Durante este período, a illa atraeu a moitas das personalidades, relixiosas e intelectuais, que desexaban pasar desapercibidas. Coa illa practicamente libre de turcos, era un bo lugar de residencia. Pero en 1668 os turcos destruíron a illa porque se aliñou cos venecianos. Con todo, aos habitantes concedéronselles máis tarde dereitos significativos, e ao final dese século a poboación alcanzaba os 3.000 habitantes. Entón chamóuselle a miúdo Tzia.

En 1770 e ata 1774, foi ocupada por Rusia, que destruíu algúns monumentos. Durante a guerra entre Rusia e Turquía de 1787 a 1792, Lambros Katsonis usou o porto como base de operacións contra os turcos; estes fixeron unha masacre na illa e o bispo foi colgado.

En 1821, o bispo local, Nikothimos Roussos, chamou á rebelión e o sacerdote Athanasios Homatianos dirixiuna. A chegada de dúas mil refuxiados salvados das matanzas de Quíos, levou unha epidemia e San Haralambos, supostamente salvou a illa desta praga en 1823 e foi feito patrón. En 1830 foi recoñecida parte de Grecia.

En 1835, fundouse Kea, no lugar da antiga Iulis. En 1837, a illa tiña uns 3.000 habitantes. O seu produto principal no século XIX era a gla chamada de Valonia (Quercus Aegilops), que era exportada en grandes cantidades. En 1927 Ioannis Gleoudis construíu a primeira industria en Corisia. Nos anos 70 algúns artistas descubriron a illa, que atraía o turismo dos atenienses. Hoxe día a súa riqueza principal é o turismo, aínda pouco desenvolvido

[editar] Poboación histórica

Ano Poboación comunal Cambio Poboación da illa Cambio Densidade
1991 - - 1,797 - 13.93/km²

O censo de 2001 reflectía unha poboación de 2.417 habitantes.

[editar] Comunidades

O nome non está transcrito ao galego segundo as normas habituais de transcrición, senón transliterado do grego moderno.

  • Chavouna
  • Ellinika Kea
  • Kato Meria
  • Ioulis
  • Kea
  • Korissia
  • Koundouros, Greece
  • Otzias
  • Pisses
  • Vourkari

[editar] Galería

[editar] Ademais

Ceos dispón dalgunhas escolas e liceos, un gimnasium, igrexas, bancos, oficina de correos e prazas púbicas.


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -