See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Batalla de Salamina - Wikipedia

Batalla de Salamina

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Os gregos aproveitaron a maior axilidade e capacidade da súa frota composta por trirremes para abordar ós persas. Unha vez abordados, sucumbiron pola superior infantería grega.
Os gregos aproveitaron a maior axilidade e capacidade da súa frota composta por trirremes para abordar ós persas. Unha vez abordados, sucumbiron pola superior infantería grega.

A Batalla de Salamina foi un combate naval acontecido en setembro do ano 480 antes de Cristo, durante as Guerras médicas, que enfrontou ás frotas de Grecia e de Persia no golfo de Salamina.

Índice

[editar] Trasfondo histórico

Trala batalla das Termópilas, o exército persa avanzaba por Beocia e o Ática sen oposición. A súa chegada a Atenas era inminente, polo que os líderes gregos decidiron que o mellor sería evacuar a cidade. Os evacuados de Atenas refuxiáronse na illa de Salamina, cercana ó Pireo, porto que Atenas utilizaba para o comercio marítimo.

O oráculo de Delfos foi consultado, e deu a seguinte profecía: a vitoria grega pasa pola construción dunha muralla de madeira. Esta muralla de madeira foi interpretada por Temístocles, o maior mandatario da república ateniense, coma unha formación de barcos.

Mentres que a maioría dos líderes gregos consideraban que o mellor era facer caso á interpretación de Temístocles, os espartanos, con Eurybiades crían que o mellor era presentar batalla en Corinto para ter espazo para replegarse en caso de derrota. Sen embargo, foron convencidos por Temístocles para loitar en Salamina.

Durante a discusión dos líderes gregos, Atenas era destruída tras ser saqueada polas recén entradas tropas persas, que tomaron este ataque como unha revancha polas derrotas sofridas anteriormente.

[editar] Movementos previos á batalla

Aínda con tódolos gregos en unidos en Salamina, as súas forzas eran moi inferiores que as persas, aínda estando estas dezmadas tralas tormentas do Mar Exeo e combates contra gregos: unhas 350 naves (a maioría trirremes) fronte a unhas 1500 naves persas, chamadas xuncos, nas que ían embarcados, segundo Heródoto, 85000 e 300000 homes respectivamente.

Temístocles sabía que a simple unión dos gregos non vencería ós persas, así que enviou un escravo ó campamento de Xerxes para enganalo. A mensaxe que levaba o escravo era a mentira de que os gregos non estaban unidos en canto ó emprazamento onde debían presentar batalla, e que moitos, temerosos, fuxirían antes de chegar a frota persa. Ademais, díxolle que, si Xerxes ordenaba o ataque, as naves atenieses (a maior parte da frota grega) volveríanse e atacarían ós demais gregos.

Xerxes creu o engaño de Temístocles, polo que cercou a saída da illa de Salamina. A opinión dos seus conselleiros estaba dividida en canto qué deber facer agora que a illa estaba cercada. O seu xeneral Mardonio prefiría iniciar un ataque fronte as posicións gregas, mentres que Artemisia I de Caria, aliada dos persas, cría que as pesadas naves persas se desenvolverían mal nas recortadas costas de Salamina, polo que aconsellou a Xerxes que esperase a que os gregos quedasen sen provisións e se rendisen. Xerxes fixo caso ó consello de Mardonio.

É curioso sinalar que esta raíña de Halicarnaso, Artemisia, foi a primeira muller almirante da historia, e que mandou nunha flota de 400 navíos na batalla que estaba a punto de comezar.

Xerxes, o emperador persa, estaba seguro da vitoria do seu país, polo cal ansiaba contemplar a batalla. Por iso, mandou construír un trono no alto dun monte dunha illa cercana a Salamina, desde onde podía ver o desenvolvemento da batalla.

[editar] Desenvolvemento da batalla

A inmensa flota persa levou áncoras durante a noite, momento no que o escravo de Temístocles lle dixera que os gregos comezarían a fuxida, esperando sorprendelos. Os persas entraron no golfo de Salamina, quedando confusos de non ver fuxir ós gregos.

Agora ben, ó tempo que os persas avanzaban, os gregos retirábanse progresivamente cara o interior do golfo de Salamina. Os pesados barcos persas acabaron atrapados nas estreiteces do golfo, e nese momento os gregos avanzaron ca súa flota cara á dos persas, envolvéndoa. Os persas intentaron retirarse, pero foi en van ó non poder avanzar por ser tan grande a densidade de barcos que había.

Os mariñeiros persas, apenas sen armados, foron branco fácil dos abordaxes gregos, pois os seus soldados eran hóplitas armados fortemente. A densidade de barcos persas permitiu que os soldados gregos avanzasen sen maiores problemas de barco en barco, e cando as formacións de xuncos persas estaban dispersas, os gregos abatían cos seus barcos facilmente contra eles, afundindo e capturando unha gran cantidade de navíos.

[editar] Resultado

A batalla rematou así cunha resoada victoria grega. Xerxes voltou a Persia, coñecedor da irredutibilidade dos gregos, quen lle deran unha lección, ó igual que ó seu pai Darío O Grande. Mardonio quedou de administrador dos territorios conquistados en Grecia, pero foi derrotado na batalla de Platea e pechou o soño dos emperadores persas de conquistar Grecia.

A batalla foi estudiada por algúns sabios posteriores, coma Heródoto ou Esquilo, que lle deron un sentido de loita da liberdade contra o despotismo dos reis de oriente.

[editar] Véxase tamén


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -