See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Baquílides - Wikipedia

Baquílides

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Baquílides (Βακχυλίδης) foi un poeta lírico grego, rival de Píndaro.

[editar] Vida

Baquílides naceu en Iulis, na illa de Ceos por volta do ano 520 a.C. e morreu o 451 a.C. Era o sobriño e discípulo do poeta Simónides, a quen seguiu á corte do tirano Hierón de Siracusa. A continuación percorreu as cortes de Tesalia e Macedonia. Ademais de epinicios (odas ao vencedor dos Xogos), compuxo himnos aos deuses e soberanos, como Alexandre, fillo de Amintas I. Pasou logo longo tempo en Atenas, onde participou en numerosos concursos.

O final da súa vida énos moi descoñecido. Tal vez retornou a Ceos, onde canta ao atleta Lacón, vencedor dos Xogos olímpicos nas Odas 6 e 7. Segundo certos autores, exilárase e atopara refuxio en Esparta, o que parece apoiarse na Oda 9 e no ditirambo Idas.

[editar] Obra

A tradición atribúelle a Baquílides seis libros de himnos aos deuses, tres libros de eloxios e un de epinicios. Até 1897 só se coñecían fragmentos, mais atoparonse dous rolos de papiro do século I ou II en Exipto que contiñan uns vinte dos seus poemas, aínda que teñan moitas lagoas:

  • Oda 1: para Arxeios de Ceos, vencedor no combate de loita de rapaces, Xogos ístmicos, data descoñecida;
  • Oda 2: para o mesmo, vencedor no combate de loita de rapaces, Xogos ístmicos, data descoñecida;
  • Oda 3: para Hierón de Siracusa, vencedor na carreira de carros, Xogos olímpicos, 468;
  • Oda 4: para o mesmo, vencedor na carreira de carros, Xogos délficos, 470;
  • Oda 5: para o mesmo, vencedor na carreira de cabalos, Xogos olímpicos, 476;
  • Oda 6: para Lacón de Ceos, vencedor na carreira pedestre de rapaces, Xogos olímpicos, 452;
  • Oda 7: para o mesmo, vencedor na carreira pedestre de rapaces, Xogos olímpicos, 452;
  • Oda 8: para Liparión de Ceos (?);
  • Oda 9: na honra de Automedes de Flionte, vencedor do pentatlon nos Xogos de Nemea;
  • Oda 10: para Pasias de Atenas, vencedor na carreira pedestre dos Xogos ístmicos, data descoñecida;
  • Oda 11: para Alexidame de Metaponto, vencedor na loita de rapaces nos Xogos délficos, data descoñecida:
  • Oda 12: para Tisias de Égine, vencedor de loita nos Xogos de Nemea, data descoñecida;
  • Oda 13: para Piteas de Égine, vencedor de pancrace de rapaces nos Xogos de Nemea, 483 (?);
  • Oda 14: para Cleoptóleme de Tesalia, vencedor na carreira de carros nos Xogos pétréens, data descoñecida;
  • Oda 14b: para Aristóteles de Larisa, vencedor dunha carreira hípica;
  • Oda 15 (Ditirambo 1): os fillos de Antenor, ou Helena recobrada;
  • Oda 16 (Ditirambo 2): Hércules (ou Dexanira), para os Délficos;
  • Oda 17 (Ditirambo 3): Teseo;
  • Oda 18 (Ditirambo 4): Teseo;
  • Oda 19 (Ditirambo 5): Io, para os Atenienses;
  • Oda 20 (Ditirambo 6): Idas, para os Espartanos.

Nun dos seus ditirambos introduce por vez primeira na poesía grega un diálogo no que o director do coro se transfórma en personaxe, o que se considera un antecedente remoto da primitiva traxedia ática.
A arte de Baquílides é de moito máis fácil acceso que a de Píndaro, o que explica a grande popularidade da que desfrutou na súa época. Mais a ollos da posterioridade foi eclipsado polo seu rival. O estilo de Baquílides é claro e sinxelo, pero detallista, elegante e con habilidade para os motivos mitolóxicos.


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -