Celestina
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Celestina | |
---|---|
Drusa de celestina | |
Fórmula química: | SrSO4 |
Clase: | Sulfatos |
Subclase: | |
Sistema cristalino: | Rómbico |
Cor: | Celeste, branca e gris |
Brillo: | Vítreo |
Dureza: | 3-3,5 |
Fractura: | Irregular |
Exfoliación: | Perfecta |
Raia: | Branca |
Densidade: | 3,95-3,97 g/cm3 |
A celestina (do latín caelestis que significa celeste, en alusión a súa cor) é un mineral da clase dos sulfatos cuxa fórmula química é SrSO4 (contén un 56% de SrO e un 44% de SO3).
Índice |
[editar] Aspecto
A celestina preséntase a miúdo en forma de cristais tabulares ou tamén de forma acicular. Moitos exemplares presentan unha cor azul clara moi característica.
[editar] Lugares onde se atopa
Atópase con frecuencia en rochas calizas e areniscas, revestindo cavidades en forma de xeodas ou en filóns hidrotermais en forma de drusas asociada en ocasións con pirita, calcita ou barita
É un mineral moi extendido en España, sendo fácil atopalo en case que tódalas rexións da península.
[editar] Usos da celestina
A celestina é unha fonte importante da que obter nitrato de estroncio, que logo é usado para a fabricación de fogos artificiais na industria pirotécnica.
Úsase tamén na industria da enerxía nuclear.
[editar] Propiedades
A celestina é un mineral que presenta unha temperatura de fusión moi baixa.
[editar] Outros sulfatos
A anhidrita e o xeso son outros minerais importantes da clase dos sulfatos.