See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Caria - Wikipedia

Caria

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Caria foi un país do sueste da Asia Menor, habitado polos carios.

Posición de Caria en Asia Menor
Posición de Caria en Asia Menor

Abrazaba a cunca media e baixa do río Meandro, limitando ao noroeste con Frixia (Carura formaba o límite), ao nordeste cos montes Cadmos; ao leste co río Indos (o punto máis oriental era Daedala), e ao sur e oeste o mar. Na costa había algunhas posesións de Rodas (Perea e un territorio ao sur de Cnidos) e talvez algunha cidade grega. Ao sur vivían os caunios, con capital en Caunos; este pobo Herodoto considerábao nativo do país, pero engade que eles mesmos dicían que eran descendentes dos cretenses; vestían diferentes dos carios e doutros pobos e falaban unha lingua diferente ao cario; como Herodoto era nativo de Caria é preciso supoñer que a información sobre lingua e vestidos era boa. Herodoto di que Mileto e Micala serían antigamente carias.

Os carios eran talvez un pobo autóctono, pero a lenda de Creta di que antigamente vivían nas illas do mar Exeo, que se dedicaban á pirataría, e que serían sometidos por Minos de Creta e logo expulsados para a costa continental por dorios e xonios. Entón chamábanse lélexes. Tucídides di que cando os atenienses sacaron os cadáveres de Delos, a metade eran carios que serían recoñecidos polo seu armamento e serían enterrados de acordo ao seu costume.

O establecemento dos xonios desprazou aos carios de Mileto e Micala. Preto desta última fundouse Priene. Os dorios establecéronse en Cnidos e Tropia e expulsaron aos carios de Halicarnaso. Na mesma época Rodas apoderouse dalgúns territorios costeiros, pero boa parte da costa debía de seguir en mans dos carios pois o -480 aportaron 70 barcos á flota de Xerxes I de Persia, mentres que as cidades dorias nomes aportaron 30.

As pequenas cidades de Caria (komai) vivían nunha especie de confederación. A súa capital, é dicir, o lugar onde se reunían os delegados das cidades, estaba no interior, no lugar onde máis tarde se fundou Estratónice, onde estaba o templo de Zeus Crisáreos, do nome do cal a federación chamouse Crisarea. Tamén tiñan un templo a Zeus Stratios que estaba en Labranda.

Os carios pertenceron ao reino de Lidia e, despois da conquista persa do reino, foron súbditos do Imperio de Ciro II o grande. Darío I o grande incluíu o país na primeira satrapía con Licia e outros. O -499 participaron na revolta de Xonia e resistiron aos persas. Libraron unha gran batalla ao sur do Meandro ao bordo do río Marsyas, na que serían derrotados, pero os persas tiveron moitas baixas. Nunha segunda batalla que libraron xunto cos milesios, volveron a seren derrotados. Pero o comandante persa Daurises sufriu unha emboscada preparada polo xefe cario Heracleides de Milasa, un grego: o xefe persa foi sorprendido unha noite e morreu xunto aos seus homes. Despois da conquista de Mileto por Persia o -494 as cidades carias sometéronse, primeiro só algunhas pero finalmente seguiron todas.

Os persas estableceron un goberno dirixido por un sátrapa e un subsátrapa, que de feito se volveron independentes. Residiron en Halicarnaso. Artemisia, a filla de Lígdamis e dunha muller de Creta, salientou á fronte das forzas de Caria ao servizo de Persia e tomou parte na batalla de Salamina.

[editar] Sátrapas de Caria

  • Isadoro, sobre o -520.
  • Lígdamis I sobre o -494.
  • Artemisia I a valente sobre o -480 (filla).
  • Psindalis sobre o -450.
  • Lígdamis II sobre o -425.
  • Tisafernes (de Lidia -415 – -407) -415 - -395.
  • Hisaldomo de Milasa sobre o -395.

[editar] Reis de Caria

O -334 foi conquistada por Alexandre. Sábese que cos seléucidas funcionaba a Liga Crisórea, continuación da antiga confederación Caria, da que hai noticias ata sobre o -150. Derrotados os seléucidas o -190, no tratado de Apamea do -189 os romanos repartiron o país entre os seus aliados: Eumenes de Pérgamo recibiu a chamada Caria Hidrela (a parte do país próxima a Frixia) coas fortalezas e cidades do Meandro menos as cidades que con Antíoco eran cidades libres; aos rodios déuselles a parte costeira e unha parte próxima a Psidia, igualmente con excepción das cidades libres. A parte dos rodios foi confiscada por Roma despois da vitoria sobre o rei Perseo de Macedonia (-168) e erixida en territorio independente formado por cidades, ata que o -129 foi formalmente incorporado á provincia de Asia menos Perea que permaneceu en mans dos rodios. Sila ademais deu a Rodas a rexión dos caunios con Caunos (Caunus). A capital neste tempo foi Milasa.


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -