Cardamomo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Cardamomo | ||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | ||||||||||||
|
||||||||||||
Nome científico | ||||||||||||
''''' | ||||||||||||
Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos |
O termo cardamomo, emprégase para nomea-las especia procedente de tres xéneros da familia Zingiberaceae: Elettaria, Amomum e Aframomum. Esta planta empregouse por primeira vez cara o ano 700, na India meridional. Importouse a Europa cara o ano 1200. O cardamomo provén das selvas tropicais da India meridional, Sri Lanka, Malaisia e Sumatra pero na actualida cultívase tamén no Nepal, na Tailandia e na América Central, sendo Guatemala, o meirande produtor mundial.
No continente asiático, o cardamomo recóllese sobre todo nas plantacións comerciais do sur da India e Sri Lanka, nos meses de outubro e decembro. Na Latinoamérica é coñecido polo xeral co nome de granado do paraíso.
Entre os seus compoñentes activos atopamos un 4% de aceite volátil incluídos o terpineol, o cineol, o limoneno, o sabineno e o pineno, amidón e ácidos graxos. Grazas a estes ingredentes, o cardamomo é carminativo, estimulante, antiespasmódico, sialagogo -que provoca a secreción da saliva-, orexígeno -que produce apetito- e aromático.
Esta herba pódese empregar para tratar a dispepsia ou indixestión flatulenta e aliviar os cólicos. Ademais, estimula o apetito e provoca unha maior produción de saliva. De igual forma, engádese ós purgantes como condimento carminativo, axuda a combater a halitose e pode contrarrestrar a diarrea.
Para consumilo debe prepararse unha infusión. Vérquese nunha cunca de auga fervendo sobre 1 cullerada de sementes acabadas de machacar e déixase repousar durante quince minutos. A dose é dunha cunca tres veces ao día, e para tratar a flatulencia ou a inapetencia, cómpre bebe-la media hora antes das comidas. Asimesmo, pode tomarse en forma de viño quente como reconstituínte e emprégase en po, tintura ou varias preparacións farmacolóxicas como aceites e extractos líquidos.
Adicionalmente, o cardamomo é moi empregado culinariamente, sobre todo na India, para engadir un sabor picante ás comidas a base de arroz. Pola súa parte, os árabes emprégano no café. Tamén se considera que ten efectos afrodisíacos.
[editar] Emprego
O cardamomo emprégase na gastronomía da India e na asiática na elaboración de carís, arroces, sobremesas, pasteis, panes, bolos, galletas e como aroma para bebidas como o té. Nos países escandinavos emprégase en bolos e galletas xunto co cravo, o xenxibre e a canela.
Tamén se usa para prepara-lo café turco ou árabe. Á auga co café de gran acabado de moer engádense as sementes de cardamomo enteiras e déixase ferver, posteriormente engádese un pouco de auga fría para que decante o café moído e extráense as sementes de cardamomo. Isto confírelle ao café propiedades cordiais (tónico cardíaco) e carminativas (antiflatulento).