Cantonalismo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Cantonalismo é unha ideoloxía política que aspira a dividir o Estado Nacional en cantóns case independentes.
Partidario dun federalismo de carácter radial, o seu obxectivo é establecer unha serie de cidades ou confederacións de cidades (cantóns) independentes que se federarían libremente. Lembra en certors aspectos ás polis gregas. O cantonalismo tivo unha grande influencia no nacente movemento obreiro, sobre todo anarquista.
[editar] España
En España, houbo dous momentos nos que se podería falar de "fenómeno cantonalista"
[editar] Primeiro período
O primero de eses fenómenos tivo lugar durante a I República, o 12 de xullo de 1873, cando estala a insurreción en Cartagena baixo o nome de Revolución Cantonal, extendéndose nos días seguintes por moitas zonas das de por entón rexións de Valencia, Cartaxena, Andalucía a nas províncias de Salamanca e Ávila; lugares todos eles nos que se chegaron a articular cantóns (estados independentes voluntariamente federados na Unión Española), destacando tamén, en Extremadura, o intento de constituir cantóns en Coria, Hervás e Plasencia.
[editar] Segundo período
O segundo período citado como quizais adscribible a esta denominación, pese a non selo dunha maneira ideolóxica como o anterior, corresponde ao final da Segunda República Española, durante o que se desenvolveu unha Guerra Civil e a chamada Revolución Española de 1936, cando durante meses se establecen decenas de Comités e Consellos municipais e comarcais (excepcionalmente existirán algúns de maior ámbito) autónomos do poder do Estado, coas súas propias moedas e billetes, chegando nalgúns casos a declararse independentes municipios ou provincias (Asturias e León declarábanse soberanas a finais de agosto de 1937 coa constitución do Consejo Soberano de Asturias y León, comunicando esta decisión á Sociedade de Nacións).