Primeira República Española
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A I República Española, foi o período político que viviu España dende o 10 de febreiro de 1873 até o 29 de decembro de 1874.
Índice |
[editar] Nacemento da República
O rei Amadeo de Saboia renuncia ao trono o 10 de febreiro de 1873. Os madrileños toman as rúas en apoio aos deputados republicanos que conseguen ao día seguinte a proclamación da República.
Na reunión das Cortes o 11 de febreiro de 1873, Emilio Castelar abre a Cámara, proclamándose a Primeira República Española.
[editar] O transcurso desta etapa
Os partidos republicanos estaban divididos, entre os que querían un goberno unitario (un único goberno para todo o país) e os que querían unha república federal (estados autónomos que forman un estado de rango superior).
O presidente a Asemblea, Cristino Martos, da un golpe de estado o 24 de febreiro e fai que a Garda Civil ocupe o Congreso. As Cortes suspenden as sesións até maio, mes no que se porán en marcha as Cortes Constituíntes despois dunhas eleccións que se celebrarán o 10 dese mesmo mes. Pero antes aproban a abolición da escravitude en Porto Rico.
A Milicia Nacional intenta sublevarse o 23 de abril, co suposto apoio da Garda Civil, e dalgúns militares e políticos. O goberno estaba atento e movilizou os batallóns. O intento da sublevación dos monárquicos fracasou, rendíronse.
As eleccións do 10 de maio dan a maioría absoluta aos federais (343 escaños de 374). Os republicanos divídense en tres faccións: a dereita de Castelar, o centro constitucionalista e a esquerda.
Dende febreiro até xuño a presidencia da República recae sobre Estanislao Figueras, home, relativamente, feble. O día 7 de xuño debátese nas Cortes unha proposta subscrita por sete deputados e que dí:
"Artículo único. La forma de gobierno de la Nación Española es la República democrática federal.
O presidente, facendo cumprir o que ordenaba o Regulamento das Cortes, decide celebrar unha votación nominal ao día seguinte.
O día 8 de xuño procedeuse á votación, resultado 219 votos a favor e 2 en contra.
O 8 de xuño, dimite o que era presidente, Figueras, formouse polas Cortes -mediante votación- un novo executivo presidido por Francesc Pi i Margall, quen o día 13 pronuncia o discurso para poñer en común o seu programa de goberno e proclama a prioridade de redactar unha Constitución. Para esta fín, o 16 de xuño créase unha comisión de 25 membros para redactar a nova constitución, presentando o proxecto de Constitucón Federal da República Española ao día seguinte.
Por toda España exténdese un levantamento cantonal, polo que todas as rexións, cidades ou comarcas se declaran repúblicas ou cantóns, e rebélanse con violencia contra o estado. Pi i Margall dimite. Sucédeo Nicolás Salmerón, quen lle encarga ao exército de acabar con estes sucesos. Consígueo en toda España menos en Cartaxena, onde contan co apoio dos militares.
Os republicanos federales vense desacreditados polo levantamento. Tras a dimisión de Salmerón, é nomeado presidente Emilio Castelar, quen consegue o apoio dos monárquicos contra os cantonalistas, os carlistas e os independentes cubanos.
Alegoría de la proclamación de la I República Española, publica a revista "La Flaca" como referencia a estes sucesos. O 2 de xaneiro de 1874, Castellar queda en minoría nas Cortes, o que implica que os federais volven ao goberno. Para evitar isto, os monárquicos de dereita, conseguen o apoio do capitán xeneral de Madrid, Manuel Campos y Pavía, quen ao día seguinte entra no seu cabalo no Congreso e dá un golpe de estado. Castelar que non quería estar no poder por medio de vías non democráticas dimite.
O xeneral Francisco Serrano forma un novo goberno. Disolve as Cortes e apoiado polos monárquicos, pese a nomearse Presidente da República.
O 29 de decembro de 1974, o xeneral Arsenio Martínez Campos pronúnciase en Sagunto en favor da restauración do trono da monarquía borbónica na persoa de Afonso XII, fillo de Isabel II.
Esta foi a primeira e derradeira experiencia federal na historia de España.
[editar] Presidentes da I República
- Estanislao Figueras (Rep. Unitario)
febreiro-xuño de 1873
- Francesc Pi i Margall (Rep. federal)
xuño-xullo de 1873
- Nicolás Salmerón (Rep. Federal)
xuño-setembro de 1873
- Emilio Castelar (Rep. Unitario)
setembro de 1873-xaneiro de 1874
- Francisco Serrano (Rep. Autoritario)
xaneiro 1874 - decembro 1874