Campanario
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Un campanario é un edificio ou torre construída xunto a unha basílica, catedral, igrexa ou capela onde se colocan as campás, coa finalidade de convocar a asistencia dos fregueses ao servizo relixioso.
Ao referirse aos campanarios de igrexas italianas, úsase moitas veces a palabra Campanil ou Campanile. O Campanil (ou Campanario) máis coñecido é probablemente a Torre de Pisa, famosa pola súa inclinación. Tamén é coñecido o Campanario da Basílica de San Marcos, en Venecia.
Actualmente moitos campanarios no canto de campá teñen un carrillón, instrumento musical conformado por varias campás.
Outra modalidade esencial dos campanarios atopámolas coas espadanas que son macizos de pedra, a maioría deles con remates mixtilíneos onde se colocan unha serie de campás desde as máis grandes ata as máis pequenas; estes espazos ou aberturas para colocar as campás coñécense como claros. Unha espadana pode ter significativo número de campás de diferentes tamaños.