See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Burela - Wikipedia

Burela

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Burela
Situación
Xentilicio 1: Burelao-Burelá - Burelés/a - Burelense-a
Xeografía
Provincia: Provincia de Lugo
Comarca: Mariña Central
Área: 7,3 km²
Entidades de poboación: 1
Capital do concello: Burela
Latitude e lonxitude:
Altitude máxima: - m.
Altitude mínima: m.
Zona horaria: 2 UTC + 1
Demografía (2007)
Poboación: 8.873 hab.
Densidade: 1.215,48 hab./km²
Uso do galego 3 (2001)
Galegofalantes sobre o total da poboación: 93,04 %
Falantes do galego no tramo 5 a 29 anos
Sempre: 73,73 %
Ás veces: 14,06 %
Nunca: 12,21 %
Política (2007)
Concelleiros 4: PPdeG 6 (2.264 votos - 46,48 %)
BNG 2 (762 votos - 15,64 %)
PSdeG-PSOE 5 (1.777 votos - 36,48 %)
Outros: - (votos - %)
Alcalde: Alfredo Llano García (PSdG - PSOE)
Eleccións municipais en: Burela

{{{eleccións}}}

Censo electoral (2007)
Total electores: 7.126 - 100 %
Votantes: 4.931 - 70,46 %
Abstencións: 2067 - 29,54 %
Votos en branco: 60 - 1,22 %
Votos nulos: 68 - 1,38 %
Orzamentos (2000)
Enderezos
Enderezo físico: Eijo Garay, 20
Teléfono: +34 982 586 000
Fax:
Código postal: 27.880
Correo electrónico: burela@burela.org
http://www.burela.org

Notas:
1 Véxase no Galizionario.
2 No verán: UTC + 2.
3 Datos de 2001 publicados en 2004.
4 Eleccións municipais maio 2007.

Burela (xentilicio: Burelés, Burelao ou tamén Burelense) é un concello da provincia de Lugo, pertencente á Comarca da Mariña Central. Cunha poboación de 8.873 habitantes (2007)[1], Burela e o segundo maior concello da comarca despois de Foz. O concello posúe unha superficie de 7,3 km² e unha densidade de poboación de 1.215,48 hab./km² o que o converte no cuarto concello galego con maior densidade, tan só despois das cidades de A Coruña, Vigo e Ourense. Burela constitúe un dos concellos máis novos de Galicia, xa que a súa historia como concello independente remóntase ao ano 1995 cando se segregou do veciño Cervo.

O concello de Burela atópase na chamada "Mariña lucense" e no bordo norte da chaira lucense. En Burela comeza a rasa cantábrica, superficie chá situada entre o mar e as estribacións montañosas, orixinando un tipo de costa liñal de longas praias formadas aos pés dos cantis e separadas a miúdo por farallóns. Burela fai fronteira polo norleste co concello de Cervo, polo norte co mar cantábrico, polo suroeste co concello de Foz, e polo oeste co mar cantábrico. A poboación de Burela distribúese tan só nunha única parroquia chamada Santa María de Burela.

O sector pesqueiro ten o seu máximo expoñente no porto de Burela, o máis importante de todo o Cantábrico. As especies máis importantes neste porto son: a pescada, que supón o 50% da facturación da lonxa,o bonito,sendo Burela o porto boniteiro máis importante do Cantábrico e, en menor medida, outras especies do cerco ou arrastre como a xarda, xurelo, sardiña etc. Ao amparo da pesca xeráronse ao redor de 4.476 postos de traballo cunha flota diversificada en palangre, artesanal, arrastre litoral e boniteira. O sector secundario atópase representado polas industrias de transformación da madeira, as cerámicas, as fábricas de xeo, os talleres gráficos e mecánicos, os estaleiros e a Alúmina-Aluminio, ademais do crecemento do subsector construtivo en auxe polo desenvolvemento económico e turístico en todo o municipio. O sector terciario, en auxe nos últimos anos, alcanzou un gran desenvolvemento como consecuencia do "boom" demográfico, económico e turístico.

Cunha idade media ao redor dos 36 anos, e unha poboación xove que supera amplamente aos maiores de 65 anos, o concello de Burela é un dos concellos máis xoves de Galicia e o máis xove da súa provincia[2]. Así mesmo, Burela é un dos concellos galegos cunha maior tradición de acollida de estranxeiros e onde éstes se atopan máis integrados na sociedade[3], como exemplo cómpre resaltar a súa comunidade caboverdiana que mora no concello dende hai décadas[4]. A esta comunidade uníuselle máis recentemente inmigrantes procedententes de países latinoamericanos, principalmente Perú, e de Indonesia para traballar na pesca.

Evolución da poboación de: Burela - desde 1900 ata 2004 -
 1900  1930  1950  1981  2004
 -  -  -  -  8.348
Fontes: INE e IGE

(Os criterios de rexistro censal variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)


Índice

[editar] Galería de imaxes

Vexa o artigo principal en: Galería de imaxes de Burela

[editar] Lugares de Burela

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Burela vexa: Lugares de Burela.

[editar] Parroquias

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Burela

Burela (Santa María)

[editar] Referencias

  1. http://www.ige.eu/web/mostrar_actividade_estatistica.jsp?idioma=gl&codigo=0201001002 Censo 2007 Lugo
  2. http://www.burela.org/demografia.htm Demografía de Burela
  3. http://es.youtube.com/watch?v=UOm14IGACXQ
  4. http://www.iesparquedelisboa.org/comenius2/Inmigracion/pdf/eps27102002/p1.html Afrogallegos

[editar] Véxase tamén

  Referencias relacionadas con Galicia


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -