See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
BMW - Wikipedia

BMW

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

BMW 325
BMW 325

BMW (Bayerische Motoren Werke, Fábricas Bávaras de Motores) é un fabricante alemán de automóbiles e motocicletas. Ten a súa sede principal en Munich

Logo da Primeira Guerra Mundial prohibíuselle a Alemaña fabricar motores de aviación, polo que BMW comezou a producir freos para ferrocarrís. En 1923 a compañía introduciuse no sector de vehículos, iniciando a fabricación de motocicletas, que xa entón levaban o clásico motor de BMW de dous cilindros montados horizontalmente en ambos os lados e refrixerado por aire (motor tipo "Boxer"). Poucos anos despois BMW obtivo unha licenza para fabricar un automóbil pequeno, que foi denominado 3/15. En 1933 a empresa producía xa vehículos deseñados integramente polos seus propios técnicos, introducindo sucesivamente diversos modelos, tanto de catro asentos como deportivos. Antes do comezo da Segunda Guerra Mundial BMW fabricaba o 327, automóbil amplo e luxoso, e o 328, un deportivo convertible. Ambos os modelos equipaban un motor de dous litros e foron moi avanzados na súa época.

Durante a Segunda Guerra Mundial, BMW forneceu un número importante de vehículos ao exército, sobre todo motocicletas, e tamén motores de aviación ás forzas aéreas. Cara a finais da guerra, BMW perdeu as súas tres fábricas situadas na Alemaña oriental e as súas instalacións en Munich quedaron destruídas polas bombas.

Terminada a guerra, BMW tardou uns anos en reconstruír a súa fábrica de Munich. Durante tres anos non puido fabricar, por mandato das forzas de ocupación aliadas, de forma que ata 1952 non volveu producir un automóbil. Con anterioridade, a empresa inglesa Bristol Aeroplane Company inspeccionara a fábrica de BMW e levouse os planos dos modelos producidos antes da guerra. Ao cabo dun tempo, a nova subsidiaria da empresa inglesa, Bristol Cars, iniciou a fabricación do seu modelo 400, que resultou ser practicamente idéntico ao BMW 327, incluíndo o famoso frontal en forma de "dobre ril".

Co inicio da produción, unha vez finalizadas as restricións impostas, BMW foi introducindo paulatinamente modelos de novo deseño, centrados nas chamadas Serie 3, Serie 5 e Serie 7 e o minicoche Isetta, destinado a unha poboación que non podía permitirse un automóbil maior. Todos eles son berlinas, é dicir, automóbiles de catro a cinco prazas. A primeira serie é de tamaños compacto e medio, a segunda grande e a terceira de luxo. Tamén introduciu coa denominación Z1 un modelo deportivo, na súa versión coupé e roadster, é dicir, convertible, que na actualidade evolucionou cara a tres modelos diferentes, o Z3, que foi substituído posteriormente polo Z4 e o Z8, este último de gran luxo. No ámbito dos automóbiles BMW desenvolveu igualmente un SUV, vehículo combinado todoterreo e de estrada, que leva as siglas X5 e X3, o seu modelo descendente. Cos seus desenvolvementos e melloras constantes, BMW é un dos fabricantes mundiais de automóbiles pioneiros na aplicación da máis moderna tecnoloxía e electrónica aos seus vehículos.

BMW non abandonou a súa vocación polas motocicletas e fabrica actualmente unha gama ampla, que inclúe motos de estrada de alta e media cilindrada, así como motos todoterreo. Nos últimos anos presentou tamén un scooter totalmente innovador, o C1, que dispón dunha estrutura sólida por encima da cabeza do condutor e dun cinto de seguridade, o cal permite prescindir do casco. O éxito deste scooter é aínda dubidoso, pero o seu desenvolvemento demostra unha vez máis que BMW rompe barreiras cando se trata de innovar.

BMW tamén gañou varios premios nos premios ao motor do ano, especialmente arrasou nos dous últimos co V10 que actualmente levan os M5 e M6, un 10 cilindros en V de 5 litros de cilindrada, 507cv e 520nm que os leva de 0-100km/h en apenas 4,7 segundos.

BMW comercializa os seus produtos destacando a súa condución deportiva. O lema da compañía é Freude am Fahren, é dicir, "gozar conducindo". En España, este lema traduciuse como ¿Gústache conducir?.


Índice

[editar] Identificación de modelos

Os modelos BMW diferéncianse no que concerne ao nome comercial segundo o seu modelo, cubicaxe do motor e outras características (por exemplo - 325iX). O primeiro díxito refírese ao modelo ou serie, os dous díxitos seguintes refírense á cubicaxe do motor (25 = 2,5 litros), e as letras refírense a un trazo diferenciador, tipo de chasis, ou características do automóbil ou motor. ( i = inxección, X = tracción ás catro rodas)

Con todo, antes de estandarizar sobre as designacións das series a mediados dos anos 1970, BMW principalmente usou a cubicaxe do motor para asignar os seus modelos. O exemplo máis notable é o 2002. Series usadas:

1 - Automóbil de dous volumes. 3 - Pode ter 3 ou 5 portas con teito duro ou convertible (cabrio). 5 - Tipo sedan 4 portas de tamaño mediano. 6 - Coupé grande con teito duro ou convertible (cabrio). 7 - Sedan 4 portas grande (tipo limusina) catalogado como luxoso. 8 - Coupé de grandes prestacións.

BMW usou números e letras múltiplas durante anos, pero non eran sempre consecuentes na súa aplicación agás no uso do modelo como o primeiro número. Así, hai moitas excepcións onde o nome modelo pode non concordar exactamente coas características do coche. Ademais, a últíma letra A 'Automático' ou 'C' (convertible ou descapotable) pode ser engadida ao modelo; estes, con todo, non aparecen agás nalgúns dos modelos automáticos máis vellos. A lista seguinte ten explicacións parciais dalgúns dos carácteres usados.

A = automático C = convertible ou descapotable CS = coupe sport i = inxeccion; internacional e = ETA motor de baixo consumo, alto rendemento e poucas RPM L = Luxo M = Motorsport s = sport; usado para diferencialo do coupe en América t = touring coche con portón traseiro, ou versións sport nos primeiros modelos td = turbodiesel tds = turbodiesel con intercooler X = Tracción ás 4 rodas Z = modelos desenvolvidos por BMW Technik; nova designación de auto deportivo sen capota

As excepcións ás designacións estándar danse nos modelos que proveñen de BMW Motorsport. Os modelos producidos por esta división teñen 'unha M' de prefixo seguido da variedade na cal o coche está baseado (M3, M5, M6).

Ademais, BMW de cando en vez fai coches fóra destas series. Estes son polo xeral autos deportivos, convertibles ou coches especializados. Os exemplos son o Isetta (un pequeno "coche de cidade" cun motor de motocicleta), o M1 (o M orixinal), o Z1 (só en Europa), autos deportivos sen capota Z3,Z8 e o coche eléctrico E1.

BMW só exporta versións limitadas destes coches aos EE.UU. En Europa son posibles moitas máis variacións, ata con motores máis pequenos por exemplo os 316.


[editar] Algúns modelos antigos de BMW(Desde 1927 ata 1981)

BMW Dixi

BMW Dixi Sport

BMW Wartburg DÁ3

BMW Dixi Z

BMW AM 4 4/20

BMW AM 4

BMW 303 Cabriolet

BMW 303 Sedan

BMW 303 Limousine

BMW 320 AM

BMW 303

BMW 309

BMW 315 L

BMW 315 Sport

BMW 318

BMW 318 i

BMW 335 Limousine

BMW 328 Roadster

BMW 320

BMW 325 (Militar)

BMW 326 Cabriolet

BMW 327 Sport Coupé

BMW 328 (Mile Miligia)

BMW 326 Cabriolet (Militar)

BMW 335

BMW 328 Rennwagen

BMW-Braum

BMW-Veritas RS

BMW 343

BMW Veritas Dyna

BMW 501 Limousine

BMW 502 Barockengel

BMW 507

BMW Isetta (Minicoche)

BMW 503 V8 Coupé

BMW 503 Cabriolet

BMW 503 Coupé

BMW 507

BMW Isetta Bubblecar (Minicoche)

BMW Isetta Standart 250 (Minicoche)

BMW Isetta 300 (Minicoche)

BMW Isetta Bubblecar Wohnwagen (Minicoche)

BMW 600 (Minicoche)

BMW Isetta Pick-Up (Minicoche)

BMW 502

BMW 503

BMW 507 Roadster

BMW 600 New Edition (Minicoche)

BMW Isetta 300 Dreirad (Minicoche)

BMW Isetta 300 Sport (Minicoche)

BMW 503 Convertible

BMW 503 Coupe

BMW 700

BMW Isetta 250 (Minicoche)

BMW isetta 300 (Minicoche)

BMW 700 Coupe CS Sport

BMW 700 RS

BMW 700 Cabrio

BMW 700 Deluxe

BMW 1500

BMW 3200 S Limousine

BMW 3200 CS V8 Coupé Sport

BMW 700 LS

BMW 1800

BMW 700 CS Coupe Sport

BMW 1800 Ti

BMW 1600

BMW 1800

BMW 2000 CS

BMW 3200 CS

BMW 1800 Ti SA

BMW 2000 Tilux

BMW 1600 GT

BMW 1600 Ti

BMW Cabrio Zynki-Power

BMW 2800 CS

BMW Glas 3000 V8

BMW 1602

BMW 2002 Ti

BMW 2002 Ti Turbo B5

BMW 2500

BMW 2800 CS

BMW 2002

BMW 2002 Ti

BMW 3.0 CSi (e9)

BMW 3.0 CSL (e9)

BMW 1800 Touring

BMW 2002 Cabriolet

BMW 2800 CS

BMW Serie 6 GT

BMW 3.0 CSA (e9)

BMW 1600

BMW 1602

BMW 2002 Targa Cabriolet

BMW Turbo Concept (Prototipo)

BMW 3.0 CSL (e9)

BMW 3.0 CSL Racing (e9)

BMW 315 (e21)

BMW 320/6 (e21)

BMW 323 (e21)

BMW 520

BMW 2000 touring

BMW 320 (e21)

BMW 2002 A

BMW 630 CS (e24)

BMW 633 CSI (e24)

BMW 628 CSI (e24)

BMW 635 CSi (e24)

BMW M1 (e27)

[editar] Modelos actuais de automóbiles

BMW Serie 1 (Compactos)

BMW Serie 3 (Sedanes e station wagons de baixo valor)

BMW Serie 5(Sedanes de valor e luxo medios)

BMW Serie 6(Deportivos luxosos tipo cabriolet)

BMW Serie 7(Serie con prestacións e luxos máximos)

BMW Serie 8(Deportivo 2+2 prazas)

BMW M3 (Versión deportiva da serie 3)

BMW Z4 M (Versión deportiva do Z4)

BMW M5 (Versión deportiva da serie 5)

BMW M6 (Versión deportiva da serie 6)

BMW Z4 (Auto deportivo)

BMW X3 (Suv pequeno)

BMW X5 (Suv grande e con luxo)


[editar] Modelos de Prototipos

BMW H2R

BMW Naza M12

BMW Xcoupé

BMW Z9

BMW Z10

BMW Z18

BMW Z21

BMW Serie 7 (Hidróxeno)

BMW CS (ou tamén chamado nova Serie 8)


[editar] Modelos actuais de motocicletas

Serie R: motor boxer de dous cilindros

R1200 GS

R1200 GS Adventure

R1200 ST

R1200 RT

R1200 S

R1200 HP2 Enduro


R1150 R


R850 R

Serie K: motor de 4 cilindros en liña (excepto as K75, que son tricilíndricas)

K1200 R

K1200 S

K1200 GT

K1200 LT


K1100 RS

K1100 LT


K1

K100 RS 16V

K100 RS

K100 RT

K100 LT

K100


K75 RT

K75 C

K75 S

K75

Serie F: motor monocilindrico de 4 tempos

F650 GS

F650 GS Daka r F650 SC

Serie F con motor bicilíndrico de 4 tempos fabricado por Rotax

F800 S

F800 ST


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -