See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Motocicleta - Wikipedia

Motocicleta

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Unha motocicleta de 125 cc Cagiva Planet, de orixe italiano.
Unha motocicleta de 125 cc Cagiva Planet, de orixe italiano.
Réplica da Reitwagen de Daimler-Maybach.
Réplica da Reitwagen de Daimler-Maybach.

Unha motocicleta é un vehículo de dúas rodas impulsado por un motor de combustión interno a gasolina. O cadro e as rodas constitúen a estrutura fundamental do vehículo. A roda directriz é a dianteira e a roda motriz é a traseira. Comunmente, en galego coñécese mediante a abreviatura moto.

Índice

[editar] Historia

O americano Sylvester Howard Roper (1823-1896) inventou un motor de dous cilindros a vapor (accionado por carbón) en 1867. Esta pode ser considerada a primeira motocicleta, se se permite que a descrición dunha motocicleta inclúa un motor a vapor.

Wilhelm Maybach e Gottlieb Daimler construíron unha moto con cadro e catro rodas de madeira e motor de combustión interna en 1885. A súa velocidade era de 18 km/h e o motor desenvolvía 0,5 cabalos.

Gottlieb Daimler usou un novo motor inventado polo enxeñeiro Nikolaus August Otto. Otto inventou o primeiro motor de combustión interna de catro tempos en 1876. Chamouno "Motor de Ciclo Otto" e, axiña que como o completou, Daimler (antigo empregado de Otto) converteuno nunha motocicleta que algúns historiadores consideran a primeira da historia. En 1894 Hildebrand e Wolfmüller presentan en Munich a primeira motocicleta fabricada en serie e con claros fins comerciais. A Hildebrand e Wolfmüller mantívose en produción ata 1897.Os irmáns rusos fincados en París Eugéne e Michel Werner montaron un motor nunha bicicleta. O modelo inicial co motor sobre a roda dianteira comezouse a fabricar en 1897.

En 1902 inventouse o escúter (provén do inglés 'scooter'), tamén coñecido como auto cadeira de brazos, polo francés Georges Gauthier. A escúter é unha moto munida dun cadro de mandos de protección. Foi fabricada en 1914. Tivo unha gran popularidade, sobre todo entre os mozos. Está composto por dúas rodas de pouco diámetro e un cadro aberto que permite ao condutor estar sentado no canto de ao carricho. Tamén contén unha carrocería que protexe todos os mecanismos, e ofrece algún pequeno espazo de almacenaxe de obxectos pequenos e dunha roda de recambio. Son vehículos urbanos, aínda que tamén se poden facer viaxes longas. O que destaca neste tipo de motos é a comodidade do manexo e facilidade de condución, e non o desenvolvemento de grandes velocidades.

Moto con sidecar.
Moto con sidecar.

En 1910 apareceu o sidecar, un carro cunha roda lateral que se une ao carón da motocicleta. Consta dun bastidor (dunha soa roda) e dunha carrocería que protexe ao pasaxeiro. A motocicleta que o arrastra, convértese nun vehículo de tres rodas e a súa condución contrólase mediante o xiro do manillar, ao non poder executarse a basculación. Xa aparecera anos antes, pero en bicicletas e coa proliferación dos vehículos chamados "utilitarios" desapareceu practicamente da circulación.

Logo de volver da Segunda Guerra Mundial (1945), os soldados estadounidenses parecían descontentos coas motocicletas que eran construídas por Harley-Davidson e Indian. As motos que montaran en Europa eran máis lixeiras e máis divertidas de conducir. Estes veteranos comezaron a andar con outros ex-soldados para volver vivir algo da camaradería que sentiran no servizo. Estes grupos déronse conta que as súas motocicletas necesitaban os cambios que Harley non lles proporcionaba. Así naceu a Chopper.

[editar] Partes dunha motocicleta

Faltan ligazóns internas neste artigo.
Faltan ligazóns internas neste artigo. Por favor, wikifíqueo.
  • Chasis que é a espiña dorsal da motocicleta e a partir do cal colócanse todos os demais elementos que a compón.
  • Pinza que é a peza á cal únese o manillar e a roda dianteira e que actúa á súa vez de suspensión dianteira.
  • Pipa de dirección, que une a pinza ao chasis e que aloxa no seu interior uns rodamientos, que son os que permiten virar a dirección a un ou outro lado.
  • Basculante que é a peza que unida ao chasis mediante un eixo (eixo do basculante), suxeita a roda traseira e un dos extremos do amortecemento traseira de suspensión.
  • Depósito de combustible que é o recipiente que aloxa a gasolina.
  • Motor que ancorado ao basculante, e á roda traseira mediante unha cadea, unha correa ou un cardan é o encargado de impulsar todo o conxunto. Dependendo do ciclo de funcionamento, os motores poden ser de dous ou catro tempos.
  • Freos dianteiro e traseiro que son os encargados de deter a motocicleta, e que poden ser de disco ou de tambor, aínda que estes últimos están case en desuso.

[editar] Tipos de Motocicleta

Dependendo do seu uso, as motocicletas pódense englobar en varias categorías:

[editar] Motocicletas de estrada

Están destinadas a un uso exclusivo por estrada debido á configuración da súa construción, e estas á súa vez poden ser:

    • Turismo que se utilizan para viaxar, e que teñen unha posición de condución relaxada, co corpo máis ou menos dereito e polo xeral veñen equipadas con maletas e parabrisas alto.
    • Custom (do inglés personalizar) que son motocicletas de non moita potencia onde o que prima é o par motor e poucas revolucións. Caracterízanse polo son característico do seu motor (moi rouco) tanto que marcas como Harley Davidson ten patentado o son dos seus modelos. As motos custom, son por dicilo dalgún xeito motos tuning, xa que cada propietario adoita modificalas segundo os seus gustos, (dentro da legalidade), sendo moi difícil atopar dúas motos custom iguais.
    • Sport turismo que como o seu nome indica están dacabalo entre as motos turísticas e as deportivas, axuntando calidades de ambos os estilos.
    • HI Sport que son o máis parecido a unha moto de carreiras, e nas cales, o que prima por encima de todo son as prestacións deportivas, sacrificando as calidades turísticas, Polo xeral, as motocicletas "HI Sport" adoitan estar provistas da tecnoloxía máis avanzada dispoñible no mundo da motocicleta de rúa.

[editar] Motocicletas de campo

Tamén coñecidas como "Off Road", están conformadas para unha utilización por terreos irregulares e divídense en:

    • Motocicletas de "trial" caracterizadas por un cambio de velocidades moi curto e un par motor moi elevado. Utilízanse circular por terreos moi abruptos e para salvar grandes obstáculos.
    • Motocicletas de "cros" caracterizadas pola súa capacidade para circular por terreos irregulares a unha velocidade relativamente grande. Non é posible a súa matriculación (aínda que en determinados modelos existen kits para iso) polo que só son utilizables en circuíto, carecen de sistema de iluminación.
    • Motocicletas "enduro" que tendo unha forma moi parecida ás motocicletas de cros diferénciase destas en que son matriculables e están homologadas para o seu uso na estrada.
    • Motocicletas "Trail" que son motocicletas que están adaptadas para rodar tanto na estrada como fóra dela. Son unha mestura entre as motos de estrada e as motos de campo, a súa maior virtude é a súa versatilidade.
    • Motocicletas "Supermotard" que son motocicletas que teñen a forma dunha motocicleta enduro pero están destinadas a circular por lugares esfaltados xa que posúen rodas de tipo liso.

[editar] Véxase Tamén

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -