See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Becacina cabra - Wikipedia

Becacina cabra

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Becacina cabra
Estado de conservación
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
superclase: Tetrapoda
Clase: Aves
Subclase: Neornithes
Orde: Charadriiformes
Familia: Scolopacidae
Xénero: Gallinago
Nome científico
'''G. gallinago'''
Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos

Índice

[editar] Características

A Becacina Cabra que ten como nome científico Gallinago gallinago (Linneo 1758), é un ave acuática duns 28 cm de lonxitude, dun peso duns 250 g e dunha apertura alar duns 49 cm. Este paxaro ten o peteiro máis longo de todos os da familia dos escolapáceos, e presenta un plumaxe variado que vai dende cores marróns claras e escuras, raias lonxitudinais claras que percorren o corpo e franxas claras e escuras na zona da cabeza, sendo a parte inferior de cor clara, e a cola barreada de cor negra e leonada rematada, como moitas das súas plumas, nunha franxa branca. Ten unha vida media duns 12 anos, e pódense recoñecer as súas pegadas de tres dedos no chan, sendo o do centro máis longo, e formando cos outros dous un ángulo de 60 graos.

[editar] A Muda

Amosan distintos tipos de muda segundo o momento vital no que se atopan, así temos unha muda prenupcial que inclúe as coberteras, cola, terciarias e plumas corporais. Tamén teñen una muda postnucial que acontece os últimos meses do ano, e unha muda postxuvenil que inclúe o corpo, cola, as medianas e coberteras.

[editar] Distribución

A súa distribución é moi ampla, atopándose en case todo o planeta agás Oceanía. A area de aniñamento destas aves vai dende as zonas témperas e frías de Europa, Ásia e América, ata zonas tropicais, o sur de África e case toda Sudamérica. Na Península Ibérica podémola atopar aniñando en Galicia, Asturias e no Sistema Central, e como migrante ou invernante nas costas Atlánticas, Cantábricas e Mediterráneas en dous fluxos migratorios diferentes, atopándose tamén no resto da península.

[editar] Poboación en Galicia

A poboación indíxena en Galicia é escasa, algúnhas estimacións a situan nunhas 100 parellas. A poboación migrante ou invernante e abondosa aínda que non foi cuantificada ata agora.

[editar] Hábitat

A Becacina Cabra, prefire zonas achegadas a auga, en xeral humedais, xunqueiras, marismas, matogueiras, beiras dos ríos ou zonas encharcadas, incluso as veces vive en zonas costeiras, aínda que foxe dos lugares con carrizo ou excesivamente cheos de auga. Constrúe o seu niño nun pequeno burato cuberto de vexetación, normalmente tras unha matogueira que ten a función de ocultar o lugar a vista doutros paxaros depredadores de ovos.

[editar] Reproducción

A Becacina busca parella cada ano, e as femias que non atopan, apareanse con machos poligamos, que pasarán a defender dous territorios. Os ritos de apareamento son moi particulares e inclúen un vo de celo, facendo un picado e logo voltan a tomar altura de xeito súbito. Mentres fan o picado emiten un sonido empregando a plumaxe exterior da cola, e repiten o proceso, as veces por máis de media hora. A postura conten 4 ovos duns 39 mm de lonxitude, e incúbanse durante uns 20 a 30 días entre maio e xunio. O nacer, os polos aliméntanse grazas os esforzos dos proxenitores. Son nidífugos e o redor dos 20 días deixan o niño e se fan independentes.

[editar] Dieta

O peteiro longo sírvelle a Becacina para introducilo na lama e movelo ata atopar unha verme ou insecto. Pode penetrar ata 6 cm e comer mentres este está no interior da terra. Ademais a súa dieta pode completarse con caracois, e pequenos anfibios e restos de plantas.

[editar] Ameazas

As ameazas son distintas segundo o tipo de poboación:

  • Así temos que para a poboación nidificante a principal ameaza esta na destrucción dos ecosistemas onde fan os niños e a diminución de espazos onde o ser humano non vai con frecuencia (lagoas, humedais,...).
  • As ameazas para a poboación migrante e o incremento da caza incontrolada, e a desaparición das zonas onde as aves repostan enerxías durante o transcurso da súa migración (humedais, lagoas, charcas....).

[editar] Medidas de conservación

As medidas para conservar esta especie poderían ser as seguintes:

  • Conservación dos seus hábitat naturais, protexendoos das alteracións humanas, e mantendo as condicións necesarias para que estas aves aniñen neste lugares.
  • Tratar de exercer un control máis intenso da caza ilegal, aínda que neeste caso trátase dunha Especie Cinexética no territorio Galego.

[editar] Curiosidades

Entre as curiosidades máis interesantes que xiran o redor desta especie temos:

  • O nome de cabra que ten en galego, provén do sonido producido polas plumas da cola no momento do voo que semella ó beo das cabras e que dura un par de segundos en cada picado.
Logotipo da clase snipe que representa unha Becacina cabra
Logotipo da clase snipe que representa unha Becacina cabra
  • O nome da Becacina cabra en inglés é snipe que corresponde co nome dunha clase de embarcación a vela moi popular. O nome elixiuse seguindo o costume deseñador de barcos William Crosby de darlle nomes de aves acuáticas a todos os seus deseños.

[editar] Galería de fotos


[editar] Ligazóns externas

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:

[editar] En inglés

[editar] En Castelán


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -