Baixa Idade Media
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Baixa Idade Media é o período histórico que abrangue a historia europea dende o século XII ata o século XV. Comeza coa batalla de Hastings en 1066, fundación do reino de Inglaterra e remata co xurdimento do Renacemento en Italia e España. Como data de remate empréganse dúas datas, ben a conquista de Bizancio polos otomanos en 1453 ou o descubrimento de América por Cristovo Colón o 12 de outubro de 1492.
Índice |
[editar] En Europa
- O feudalismo como predominante sistema económico en Europa. Neste sistema, os señores feudais tiñan relacións de vasallaxe con señores feudais menos importantes e co pobo, o sistema de vasallaxe comprendía dende o pago de taxas e impostos ata o servicio militar en favor do señor.
- As cruzadas, dende o 1095 (Urbano II) organízanse varias Cruzadas para conquistar Terra Santa. Os inicios destas guerras eran dados polo Papa e constituíanse mediante a colaboración de nobles de varios países e ordes de cabalería.
- Extensión de ordes monásticas e fundación de mosteiros.
- Nas artes destacan os estilos románico e gótico.
- No século XII e XII xorden a burguesía como clase social debido ó incremento do comercio e a que moitas cidades tiñan protección directa dos reis.
- A peste negra 1347-1351.
- Lírica galaico-portuguesa
[editar] Comezo da Idade Moderna
A conservación dos escritos clásicos gregos e romanos nos mosteiros polo contacto co mundo musulmán, fan brotar autores precursores do Renacemento como Dante ou Petrarca. A aparición da Imprenta como elemento unificador de cultura e a maior capacidade adquisitiva da burguesía que é empregada no mecenazgo sobre todo en Italia, fan que se transforme a mentalidade medieval. Os reies comezarán a ter máis poder e definitivamente aparecerán estados unificados mediante leis, antepoñéndose intereses de Estado ós intereses feudais.