See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Ayn Rand - Wikipedia

Ayn Rand

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Ayn Rand (pseudónimo de Alissa Zinovievna Rosenbaum), escitora estadounidense de orixe rusa. Naceu nunha familia xudía en San Petersburgo o 2 de febreiro de 1905 e morreu en Nova York o 6 de marzo de 1982.

Foi a maior de tres irmás, comezou a escribir novelas e guións con 7 anos. Estudiou Historia e Filosofía na Universidade de San Petersburgo (por entón Petrogrado). En 1924 iniciou estudos no Instituto Estatal de Artes Cinematográficas, xa que a súa ambición persoal era a escritura de guiones cinematográficos. Alí seguiu escribindo historias curtas, guións e anotacións esporádicas no seu diario, no que expresou ideas intensamente antisoviéticas. Foi definida como liberal e minarquista. Any Rand rexeita tódalas relixions, pois para ela teñen elementos incompatibles coa razón.

Ayn Rand detestaba a Rusia, e máis aínda dende a revolución de 1917, que roubara ao seu pai o seu negocio de farmacia e empeorara aínda máis as condicións de vida. Coñecendo Nova York polas películas norteamericanas, Ayn Rand tiña moi claro que quería emigrar aos Estados Unidos. A finais de 1925, Ayn Rand conseguiu un visado para abandonar o país e visitar a parentes seus xa establecidos en Estados Unidos, onde chegou en febreiro de 1926, con 21 anos.

En 1929 casou co actor Frank O'Connor, e ela mesma aparecería como extra na película Rei de Reis, de Cecil B. DeMille. En 1931 adquire a ciudadanía americana. Máis tarde traballou no servizo de gardaroupa dos estudos RKO donde comezou a escribir "Os que vivimos", novela semibiografica sobre unha xoven que ten que enfrontarse ó comunismo ruso e protexerse a ela mesma e o seu amado. Ayn Rand morreu en 1982.

Índice

[editar] Obra

  • Red Pawn (peón vermello) (1932, guión de cine).
  • Noite do 13 de xaneiro (1934, teatro). Incorpora unha novidade, o publico pode actuar de xurado e decicir se o protagonista é inocente ou culpable a fin da obra.
  • We the living (os que vivimos) (1936, novela). Narra unha vida dramática, unha muller de espírito independente baixo o réxime totalitario sovietico.
  • Anthem (¡Vivir!) (1938, novela). É unha novela corta que presenta a loita dun individualista contra a sociedade do futuro na que triunfou o colectivismo.
  • The Fountainhead (O Manantial) (1943, novela). Esta obra é o primeiro éxito importante como novelista de Ayn Rand. A esencia desta obra é o individualismo e colectivismo da alma humana. Na obra destaca o protagonista arquitecto que é un home que consigue triunfar impoñendo a súa propia idea de arquitectura.
  • Atlas Shrugged (A rebelión de Atlas) (1946-1957, novela). É a obra de ficción mais completa e poderosa sobre a filosofía Obxetivista.
  • The Virtue of Selfishness (A virtude do Egoísmo, ensaio).

Ayn Rayn non só escribeu literatura senón que tamén colaborou no periodismo con For the New Intellectual (1961), The Unknown Ideal (1966), The Ronantic Manifesto(19709) e The Anti-Industrial Revolution (1971).


[editar] Mentalidade filosófica

Ayn Rand é unha filósofa que defende o obxetivismo. O obxerivismo foi definido por ela como o conxunto da metafísica, epistemoloxia, ética e política.

A metafísica entendida por Ayn cre que a nosa función non é a de crear ou inventar a realidade senón a de percivir a realidade como é.

A epistemoloxia entendida por Ayn cre que a razón é o único medio do ser humano para adquirir os coñecementos.

A ética entendida por Ayn cre que o home non é un medio senon un fin, que debe lograr os seus propositos sen sacrificarse polos demais.A ética rechaza o altruismo.

A politica entendida por Ayn cre que o único sistema social que erradica as relacions persoais é o capitalismo (sistema basado no recoñecemento dos dereitos individuais e protexe ós homes.


Ela divide o obxetivismo en tres puntos:

  • O punto primeiro- Non soamente existe unha realidade neste universo, senón que isto é discutible.
  • Punto segundo- Non vivimos nun inferno caótico, tampouco nun magma de confusión do que soamente poidan salvarnos as elites intelectuais platónicas coas suas conexións sobrenaturais, non existe unha verdade reservada soamente para algúns.

Os puntos primeiro e segundo apareceron en 1963.

  • Punto terceiro-O éxito depende dun mesmo. Ayn é contraria ó altruismo. Ayn di que as necesidades dos demais non poden condicionar a felicidade dun mesmo. Expón que a racionalidade precisa do esforzo. Se non te axudas a ti mesmo non poderas axudar ós demais.

Este punto apareceu en 1964.

  • Punto cuarto- O dereito de propiedade privada que Ayn expón apoiándose no principio de autoposesión. O home ten que traballar e producir para poder substentar a súa vida, polo que necesita esforzarse. Se non dispón do seu esforzo non pode dispoñer da súa vida.


[editar] Ideoloxia politica-economica

Ayn Rand non se considera nin de dereitas nin de esquerdas. Ayn Rand declarouse conserbadora pero opuxose o goberno de Ronal Reagan. A pesar disto ubicana na dereita política debido a un apego a o individualismo heroico e capitalista. Ayn é unha liberal, busca a maximación dos dereitos do individuo dende unha analise liberal individualista, a pesares disto tamén busca maximizar os beneficios da propiedade privada e o sistema capitalista. Ayn Rand defende un principios como son:

  • O ateísmo.
  • A total liberdade de producir, distribuir e consumir drogas, a pesar de condenalas (defende a liberdade para equivocarse).
  • Condea o reclutamento forzoso de soldados equiparando coa esclavitude.
  • O dereito das mulleres a abortar se os desexan.
  • Un estado mínimo contrario o lema fascista "todo dentro do estado, nada fora do estado".
  • O dereito absoluto a distribuir calquer tipo de texto ou medio audiovisual.


[editar] Ver

  • Obxectivismo


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -