AVUS
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O AVUS (siglas de Automobil-Verkehrs- und Übungs-Straße) é un autódromo situado ao sueste de Berlín, Alemaña. Composto por dúas longas rectas conectadas por dúas pinzas, actualmente atópase inactivo desde 1998 e forma parte da Autobahn A115.
O proxecto do circuíto, a cargo do Automóbil Club de Alemaña, xurdiu no ano 1907. Logo de varias demoras por problemas de financiamiento, o AVUS inaugurouse en setembro de 1921. O AVUS albergou o primeiro Gran Premio de Alemaña, disputado con automóbiles de Gran turismo (automóbil) no ano 1926.
Orixinalmente, a pista compúñase de dúas rectas unidas por dúas curvas amplas e chatas, que se circulaba en sentido antihorario. Pero dado o enfrontamento entre os circuítos de AVUS e Nürburgring, a curva norte foi redeseñada en 1937 ao agregarse un peralte de 43º. Debido a que non había ningunha barreira na parte superior, moitos pilotos de carreiras morreron ao perder o control do seu vehículo e voar por encima do muro. Durante o goberno nacionalsocialista alemán, a curva sur foi demolida para unir ambas as rectas á rede de autoestradas.
Logo da segunda guerra mundial, volveuse a correr no AVUS nunha versión reducida a 8.300 metros. A Fórmula 1 competiu por única vez nese lugar o Gran Premio de Alemaña de 1959, pois o circuíto de Nürburgring estabase a remodelar. Despois de que varios pilotos sufrisen accidentes na curva norte, esta tamén se demoleu en 1967. Desde entón e ata 1998, o AVUS albergou carreiras do Deutsche Tourenwagen Meisterschaft e a Fórmula 3 alemá en versións do trazado recortadas, con chicanes e curvas sen peraltes.
[editar] Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto do AVUS
Ano | Piloto | Auto | Duración | Lonxitude | Voltas | Velocidade media | Data | GP de |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1959 | Tony Brooks | Ferrari | 2:09:31.6 h | 8,299 km | 60 | 2. Agosto | Alemaña |