Aspartamo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Aspartamo ou aspartame , descuberto en 1965 por J.P. Schlatter, é o nome dun edulcorante artificial, que non pertence ó grupo dos carbohidratos. Quimicamente é o Aspartil-fenilalanina-1-metil éster; un ester metílico do dipéptido formado a partir dos aminoácidos ácido aspártico e fenilalanina. Denominado na industria alimentaria coas siglas E 951.
É totalmente metabolizado polo organismo, e a súa hidrólise da lugar a ácido aspártico, metanol e fenilalanina.
Os medios ácidos, como os zumes de froitas (pH comprendidos entre 3 y 5) e as bebidas de cola (p < 3) ocasionan a descomposición da molécula de aspartamo. O aspartamo descomponse en medio acuoso e quente, dando metanol e dicetopiperazina. Perde dulzor cando se somete a temperaturas superiores a 30º C ou máis baixas de forma prolongada. A inestabilidade ó calor non permite o seu emprego en produtos que necesitan cocción.
É unhas 160 veces máis doce que o azucre común, sacarosa, e posúe un valor enerxético de 4 calorías por cada gramo. Por este motivo, a pesar de ser calórico, as pequenas cantidades en que se emprega fan que o seu valor enerxético resulte inapreciable. O consumo de alimentos que conteñen aspartamo deixa un sabor doce permanente, a diferenza doutros edulcorantes que deixan un regusto amargo.
Emprégase como edulcorante baixo en calorías en: refrescos, zumes, cereais de almorzo, como edulcorante de mesa, chicles, lácteos, marmeladas, bebidas quentes de chocolate, multivitaminas e en produtos farmacéuticos. Está presente en aproximadamente 6.000 bebidas e alimentos usados en todo o mundo.
A inxesta máxima diaria é de 40 mg/kg. Non produce caries. Grandes doses de aspartamo poden resultar tóxicas.
É unha fonte importante de fenilalanina e metanol, polo que, en exceso, pode producir trastornos na saúde. É una sustancia inocua nas doses recomendadas, salvo en persoas que padecen fenilcetonuria; unha enfermidade conxénita na que se acumulan cantidades moi altas de fenilalanina no sangre, orixinando retraso mental y outras alteracións importantes na saúde e na calidade de vida. Por este motivo é obrigatorio que no etiquetado apareza unha destas advertencias: "non apto para fenilcetonúricos", ou "contén unha fonte de fenilalanina".
[editar] Véxase tamén
- Controversia acerca del aspartamo
[editar] Ligazóns externas
- aspartamo: amarga dulzura investigación periodística
- ¿Supone el aspartamo un riesgo para la salud?, resumen realizado por GreenFacts de un informe de la Comisión Europea.
- Lifespan Exposure to Low Doses of Aspartame Beginning During Prenatal Life Increases Cancer Effects in Rats Nuevo estudio de la Fundación Ramazzini que relaciona aspartamo y ciertos cánceres.