As 7 bolas de cristal
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
As 7 bolas de Cristal (Les 7 Boules de Cristal), banda deseñada realizada polo belga Hergé para a súa colección de as aventuras de Tintín. A historia publicouse entre 1943 e 1944 no xornal Le Soir, pero sería en 1948 cando vería a luz, xa que a obra de Hergé foi cancelada.
A historia continaría un ano despois con O templo do sol.
[editar] Argumento
Aviso: Esta sección pode revelar detalles da trama ou do argumento.
Os arqueólogos da expedición Sanders-Hardmuth regresan a Europa tras dous anos en Perú e Bolivia, onde acharon o sepulcro do rei inca Rascar Capac. Non tardarán en comezar a padecer unha estraña enfermidade que lles mergulla nun profundo letargo, espertando todos á mesma hora do día, tremendamente sobresaltados, coma se os torturaran para volver caer no seu soño. Todo apunta a que se trate do castigo profetizado na propia tumba de Rascar Capac. Xunto a todos os enfermos atópanse os restos dunhas bochas esféricas de cristal con algún veleno no seu interior.
Tintín, o capitán Haddock e o profesor Tornasol visitan a un dos membros da expedición: o profesor Hipólito Bergamotte. Cando este cae enfermo e o profesor Tornasol é secuestrado, Tintín e o capitán seguen a pista do seu amigo que lles levará a Perú onde empeza O Templo do Sol
Lista de infectados, en orde cronolóxica;
- Clairmont
- Sanders-Hardmuth
- Laubépin
- Cantonneau
- Marc Charlet
- Hornet
- Hipólito Bergamotte
Modelo:Endspoiler
[editar] Curiosidades
- Hergé desprazouse ata a casa que usou como "modelo" para recrear a mansión de Bergamotte. Xusto cando se marchou do lugar, as SS pasaron por aquel mesmo lugar, faltando pouco para atopalo tomando esbozos do domicilio.
- Un punto cómico da historia é cando o capitán Haddock mostra o seu afán por lograr converter a auga en viño, do mesmo xeito que Bruno, o prestidigitador do Music-Hall Palace. Precisamente nese mesmo espectáculo fará aparición o xeneral Alcázar, que xa se puido coñecer en, A Orella Rota e agora é lanzador de coitelos; tamén aparece Bianca Castafiore, "o ruiseñor de Milán".
[editar] Rascar Capac, a momia inca
Rascar Capac, "o que desencadea o lume do ceo", era un rei inca que a expedición Sanders-Hardmuth expolió e levou con eles. Por iso cae sobre os sete membros unha maldición.
A figura de Rascar Capac está inspirada nunha auténtica momia peruana que se atopa no museo de arte e de historia de Bruxelas. É habitual en Hergé inspirarse en detalles auténticos para enriquecer a súa obra, xa puidemos velo en A orella rota, por exemplo. Tamén o fai coa historia, pois a maldición que cae sobre aqueles que expolian o sepulcro dun rei recórdanos moito á historia de Tutankamon.