A orella rota
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A orella rota (L'Oreille cassée) é un álbum da colección de as aventuras de Tintín, personaxe creado polo debuxante belga Hergé.
Esta aventura de Tintín apareceu en álbum en 1937 e foi coreada en 1943. Unha vez máis, Hergé fai referencia a situacións da actualidade mundial. A guerra entra San Teodoro e Novo Rico por culpa do petróleo é un retrato da guerra do Chaco que enfrontou a Paraguai e Bolivia durante os anos 1930.
Neste álbum, Tintín atópase cun tal Bazaroff. Este personaxe é o retrato dun coñecido traficante de armas da época chamado Basil Zaharoff.
[editar] Argumento
Aviso: Esta sección pode revelar detalles da trama ou do argumento.
Un ídolo arumbaia foi roubado do Museo etnográfico e Tintín inicia a súa procura. Seguindo as pistas, descobre que dous homes se interesan tamén polo mesmo fetiche. Estes homes diríxense cara a San Teodoro, unha república de Sudamérica. Tintín séguelles e atópase no centro dunha revolución. Por unha serie de casualidades termina convertido en axuda de campo do xeneral Alcázar. Estala a guerra entre San Teodoro e o seu veciño, Novo Rico; Tintín, perseguido por todos, foxe ata territorio dos arumbaias. Aí descobre por fin o segredo do ídolo: contén un pequeno diamante. Finalmente, o fetiche é recuperado en Europa e devolto ao museo. Modelo:Endspoiler