See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Anwar el-Sadat - Wikipedia

Anwar el-Sadat

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Anwar el-Sadat
Anwar el-Sadat

Muḥammad Anwar as-Sādāt (en árabe, محمد أنور السادات, transcrito frecuentemente como Anwar el-Sadat ou Anwar Sadat) foi un político e militar exipcio (Mit Abu l-Kum, 25 de decembro de 1918 - O Cairo, 6 de outubro de 1981).

Sendo aínda un mozo militar participou xa en movementos políticos, como os motíns dos Irmáns Musulmáns contra a influencia occidental en Exipto e contra a monarquía de Faruq I, que a permitía. Desde 1939 uniuse a Nasser, integrándose no seu Movemento de Oficiais Libres despois da derrota na primeira guerra contra Israel (1948). Durante a Segunda Guerra Mundial foi acusado de coloboracionimso cos nazis para asasinar a un oficial británico pero en 1946 foi absolto de tódolos cargos. Desde que Nasser tomou o poder en 1952 Sadat foi ascendendo no seu réxime: membro do Consello da Revolución, ministro, secretario do partido único e, desde 1969, vicepresidente da República.

Ó morrer Nasser en 1970 Sadat impúxose ós seus rivais no partido e herdou o poder, así como o proxecto de nacionalismo árabe que representaba Nasser. En 1973 desencadeou un novo ataque, xunto con Siria, que sorprendeu a Israel e no que estivo a piques de triunfar. Nembargantes, o fracaso daquela ofensiva (a Guerra do Iom Quippur) convenceu a Sadat da conveñencia de postergar a causa da unidade árabe e da loita contra Israel, en beneficio dunha política máis realista que servise para o fortalecemento e desarrollo de Exipto.

Desde 1976 desvinculouse da tradicional alianza coa Unión Soviética, acercándose a Estados Unidos, do que obtivo fortes axudas económicas. En 1977 viaxou por sorpresa a Xerusalén, adquirindo o compromiso de recoñecer ó estado de Israel baixo determinadas condicións. En 1978 tivo un novo encontro co Primeiro Ministro de Israel para preparar, en 1979, por mediación do presidente Jimmy Carter, a paz con Israel nos Acordos de paz de Camp David, asinados conxuntamente con Menachem Begin. Exipto foi así o primeiro país árabe en selar unha paz duradeira con Israel, o que foi interpretado en medios radicais como unha «traición». Isto recrudeceu a oposición ó réxime de Sadat, que se apoiaba sobre o descontento social creado pola súa política económica liberal. Sadat recorreu á represión, especialmente contra os focos de resistencia musulmáns integristas. Foi asasinado por militares desa tendencia durante un desfile.

Anwar el-Sadat recibiu en 1978 o Premio Nobel da Paz xunto a Menachem Begin.


Predecesor:
Gamal Abdel Nasser
Presidente de Exipto
1970 - 1981
Sucesor:
Hosni Mubarak

[editar] Ligazós externas

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -