Antonio José de Sucre
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Antonio José de Sucre | |||
---|---|---|---|
Nome completo: | Antonio José de Sucre y Alcalá | ||
Data de nacemento: | 3 de febreiro de 1795 | ||
Lugar de nacemento: | Cumaná, Virreinado de Nova Granada | ||
Data de falecemento: | 4 de xuño de 1830 | ||
Lugar de falecemento: | Serra de Berruecos, Gran Colombia | ||
Partido político: | |||
Cargo(s): | Presidente de Bolivia (1825 - 1828) Presidente de Perú (1823) |
||
Profesión: | Político e militar |
Antonio José de Sucre y Alcalá coñecido como o Gran Mariscal de Ayacucho (Cumaná, Venezuela, 3 de febreiro de 1795; m. Asasinado nas proximidades de La Union - Nariño, na ladeira norte da Serra de Berruecos, Colombia, 4 de xuño de 1830), foi un político e militar venezolano, prócer da independencia e presidente de Bolivia e Perú. Fillo dunha familia acomodada de tradición militar sendo o seu pai coronel do Exército realista.