Alejandro González Pascual
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Alejandro González Pascual é un pintor galego que naceu en A Coruña en 1950. Realizou estudos na Escola de Artes e Oficios da urbe herculina. Formou parte do grupo de intelectuais e artistas que editaba a revista "Atlántida".
Iniciou as súas exposicións en A Coruña, en 1954, e desde entón, con certa carencia, realizounas en todas as cidades de Galiza e en Madrid e Barcelona. Acudiu a numerosas colectivas, entre as que destacan a súa achega na Pintura Galega contemporánea en Santiago de Compostela, en 1983. Está representado nos Museos de Galiza e en importantes coleccións de institucións públicas.
González Pascual é un "investigador" da luz. A súa materia é sobria, delgada, e basea o seu traballo nun debuxo preciso. Cada un dos seus cadros mostra grandes doses de sensibilidade e un deliberado intimismo que leva ata ás súas figuras. En ocasións traballou nunha gama case monócroma, como é a de azuis intensos e negros. Hai neste pintor un preciosismo exquisito, tanto cando se achega á neofiguración como cando está moi próximo ao hiperrealismo. A textura das súas representacións é case táctil, e un vago misterio, dentro da desnudez dos seus asuntos, invade o cadro, que cobra un clima moi persoal.
[editar] Bibliografía
- Vangardas e Silencios: Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1984.
- Tempos de pintura. Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1985.
- Arte Galego. A Coruña, Fundación Caixa Galicia, 1992.
- Pablos, Francisco: Plástica galega. Vigo, Caixa de Aforros Municipal de Vigo, 1981. ISBN 84-7231-603-3
- Chamoso Lamas, Manuel: "Arte", en Galicia. Barcelona, Editorial Noguer, 1976.