Al Gore
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Albert Arnold Gore Jr., nacido o 31 de marzo de 1948 en Washington, DC, é un político americano que foi vice-presidente da Administración Clinton entre 1993 e 2001. Pertence ao Partido Demócrata. É o gañador do Premio Nobel da Paz de 2007, xunto co Panel Intergubernamental do Cambio Climático.
En 2000 concorreu á presidencia dos EUA tendo perdido, nunha elección marcada por contaxe polémica dos votos, para George W. Bush, apesar de ter tido mais votos populares[1].
En 2006, lanzou An Inconvenient Truth (Unha Verdade Incómoda), documental sobre mudanzas climáticas, mais especificamente sobre o quecemento global, co cal conseguiu ser vencedor do oscar de mellor documental en 2007.
Al Gore é un activista ecolóxico, e escribiu:
- A Terra en Balance: Ecoloxia e o Espírito Humano. Augustus, 1993, 452 páginas.
- Unha verdade incómoda. Manole, 2006, 328 páginas.
En febreiro de 2007, Al Gore e o presidente da empresa Virgin, Richard Branson, lanzaron unha competición que dará R$ 50 millóns para o científico que presentar a melhor proposta para 'limpar o ar' do planeta, ou sexa, diminuír as cantidades de dióxido de carbono na atmosfera.[2]
[editar] Véxase tamén
[editar] Referencias
- ↑ Ali Kamel, "Calma, os americanos sabem o que fazem", O Globo, 2004, 31 de Julho de 2007.
- ↑ Magnata oferece R$ 50 mi para melhor idéia de 'limpar o ar' BBCBrasil.com, 9 de fevereiro de 2007