See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
¡Hay motivo! - Wikipedia

¡Hay motivo!

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

¡Hay motivo! é unha serie de 32 curtametraxes producidas en febreiro de 2004 e proxectados a partir do 9 de marzo nas que se critican diversos aspectos da realidade social española e ó governo do Partido Popular en distintos temas sociais e políticos. Dacordo cos propios realizadores, o propósito desta serie de curtametraxes era propiciar un cambio de governo ante as inminentes eleccións xerais.

Entre os temas de crítica atópanse a subida do prezo da vivenda, a xestión por parte do governo da crise que seguiu ó afundimento do petroleiro Prestige en Galicia, o apoio do presidente Jose María Aznar á invasión de Iraq de 2003 ou a manipulación da televisión pública, avalada pola condena xudicial ó presentador de informativos Alfredo Urdaci, por manipulación informativa no caso dunha folga xeral convocada polo sindicato Comisiones Obreras.

Logo da compilación da película, os cineastas realizaron unha última curta, a que fixo o número 33.

¡Hay Motivo! non se emitiu comercialmente en cines, senón que foi proxectado en universidades e outros lugares que solicitaron expresamente a súa proxección. Tamén se emitiu en canles locais de televisión. Os propios cineastas utilizaron estas canles a fin de difundir a serie tan rápido como lles fose posible, polo que tamén animaron a descargar a película por Internet, a través de redes P2P.

O efecto da película na opinión pública é dificilmente avaliable, xa que os atentados de Madrid o 11 de marzo de 2004, tan só tres días antes das eleccións, supuxeron un cambio demasiado brusco na sociedade e na política española.

Finalmente, a película foi estreada comercialmente o día 12 de novembro de 2004 e proxectada ata o día 25 do mesmo mes, último día de exhibición da cinta. Arredor de 496 espectadores se achegaron ó cine para vela (datos do Ministerio de Cultura). A recadación ascendeu a 2.831,40 euros.

Índice

[editar] Antecedentes

Un dos detonantes da realización desta cinta foi probablemente a XVII edición dos Premios Goya, celebrada o 1 de febreiro de 2003, na que actores e directores levaron chapas dicindo "Non á guerra" e converteron o acto nunha alegación contra a mesma.

Outro dos antecedentes foi probablemente o éxito que tivo a película documental de Michael Moore Bowling for Columbine, que supuxo un rexurdimento do xénero documental.

[editar] As curtas

[editar] Libre, Joaquín Oristrell

Con Candela Peña e Secun de la Rosa. Radiografía social.

[editar] El plan hidrológico, Pere Portabella

Protagonizado por Pedro Arrojo Agudo, profesor de Ciencias Físicas.

[editar] La pesadilla, Álvaro del Amo

Desastre de Doñana

[editar] Cerrar los ojos, David Trueba

Sobre a xustiza española.

[editar] ¿Dónde Vivimos?, Gracia Querejeta

Acerca do problema da vivienda.

[editar] La insoportable levedad del carrito de la compra, Isabel Coixet

Sobre os pensionistas e as súa compra.

[editar] Soledad, José Ángel Rebolledo

Anciáns que morren sós na casa.

[editar] Adopción, Sigfrid Monleón

Discriminación ante este asunto cara ás parellas homosexuais.

[editar] Por tu propio bien, Icíar Bollaín

Sobre as complicacións e sufrimento da nai e a criatura no parto. Protagonizado por Luis Tosar.

[editar] Adolescentes, Chus Gutiérrez

Plantexa o tema do sistema educativo.

[editar] El club de las mujeres muertas, Víctor Manuel

Videoclip da canción El club de las mujeres muertas, do cantautor Víctor Manuel, que debuta como director realizando o seu propio vídeo musical. Tanto o vídeo como a canción tratan o tema dos maltratos a mulleres e a violencia machista.

[editar] Se vende colegio, Pedro Olea

É un caso real. Uns pais quéixanse de que a Igrexa mercou o colexio público (por tanto laico) ó que acodían os seus fillos e agora imparten unhas ensinanzas relixiosas que nada teñen que ver coas anteriores. O problema é que os pais se enteran desta venda unha vez iniciado o curso académico.

[editar] Catequesis, Yolanda García Serrano

Pilar Bardem conta un conto, escrito por Juan José Millás, ó espectador; a historia dun cura que abusaba sexualmente de menores e obispo que o apoiaba.

[editar] Las barranquillas, Víctor García León

A protección social deixa a un lado a algúns grupos sociais.

[editar] Madrid, mon amour, Ana Díez e Bernardo Belzunegui

[editar] Por el mar corre la liebre, José Luis Cuerda

En 1993, o daquela presidente do Partido Popular e aspirante á Moncloa, José María Aznar, lanzaba unha advertencia premonitoria: "esas cousas quedan gravadas en vídeo".

[editar] Armas de destrucción mediática, Miguel Ángel Díez

O famoso caso Urdaci levado ó cine.

[editar] Manipulación, Imanol Uribe

A manipulación dos medios de comunicación públicos e privados.

[editar] Mis treinta euros, Fernando Colomo

A un obreiro débenlle trinta euros dunha obra que foi a inaugurar un representante do governo.

[editar] Doble moral, Juan Diego Botto

[editar] Verja, Alfonso Ungría

[editar] Español para extranjeros, José Luis García Sánchez

[editar] ¿Legalidad?, Daniel Cebrián

Guantánamo

[editar] Muertos de segunda, El Gran Wyoming

Fala o irmán de José Couso Permuy.

[editar] Yak-42, Manuel Gómez Pereira

[editar] La pelota vasca (fragmentos), Julio Médem

Sobre o conflito no País Vasco xerado en torno á violencia de ETA e a cuestión nacional.

[editar] Kontrastasum (Versos de Gabriel Celaya), Mireia Lluch

[editar] Cena de capitanes, Pere Joan Ventura

Prestige.

[editar] Mayday, Manuel Rivas

Chapapote.

[editar] Técnicas para un golpe de estado, Vicente Aranda

[editar] El pasado que te espera, Mariano Barroso

Lista de motivos reais para votar a un partido que apoia a xestión do executivo na última lexislatura

[editar] La mosca cojonera, Antonio Betancor

Dá a cara Ramón Fontseré.

[editar] Epílogo, Diego Galán

[editar] Ligazóns externas

Outras linguas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -