Chapapote
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O chapapote (palabra que provén do náhuatl chapopotl e que significa fuel) ou tamén se diz ghalipote é un líquido moi viscoso, asimilable ó alcatrán, entendéndose por chapapote o alcatrán quente, por exemplo. Nos dicionarios vén como acepción, a parte de alcatrán, asfalto ou substancia oleosa moi viscosa.
En Galiza, dende o accidente do Prestige, enténdense por chapapote as diversas expresións de contaminación por petróleo que chegan á costa dun xeito condensado.