Silabario
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Un silabario é un conxunto de símbolos empregados para representar os sons dunha lingua. Os signos representan sílabas, a diferenza dun alfabeto onde os signos representan sons ou fonemas.
En xeral, nun silabario os caracteres foneticamente próximos (como «ka», «ke» ou «ko») non teñen un grafismo similar - a diferenza dun alfasilabario onde unha base consonántica común se modifica dependendo da vogal que se queira representar.
Os silabarios están particularmente adaptados ás linguas que empregan esencialmente sílabas de tipo consoante - vogal (o xaponés, por exemplo), o que limita o número de combinacións. Para linguas que utilizan estruturas silábicas máis complexas (como o francés, o inglés ou o galego), o uso dun silabario sería sen dúbida pouco práctico.
[editar] Lista de silabarios
- Os silabarios xaponeses kanas (hiragana e katakana).
- Moitas linguas amerindias posúen un silabario, como o cherokee, o blackfoot, ou o cris.
- O silabario yi, que permite escribir o nosu, unha variedade de lingua tibeto-birmana e falada no Sichuan, en China, estandardizada desde 1979.
- Moitas linguas Nixer-Congo utiliza un silabario, como o kpelle, o loma ou o mende. Coa excepción do vai, todas usan hoxe en día o alfabeto latino.
- O nushu, empregado polas mulleres do condado de Jiangyong, na provincia de Hunan en China, pero a súa última falante morreu en 2004.
- O lineal B, antigamente empregado para a escritura do micénico, unha forma arcaica do grego antigo.
- Os silabarios autóctonos canadianos (usados para o inupiaq, o inuktun, o inuktitut e o kalaallisut) poden igualmente ser considerados como alfasilabarios, pois os caracteres usados para notar sons próximos son similares.
Nota: a escritura coreana hangul é un alfabeto pleno, aínda que poida aparecer a primeira vista como un silabario (nel as letras combínanse por bloques dunha sílaba). As linguas da India e o amhárico utilizan alfasilabarios.
[editar] Ligazóns externas
- Syllabaries, na páxina Omniglot, que presenta unha lista de silabarios