Katakana
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Esta páxina contén texto en xaponés. Se o seu navegador non está axeitadamente configurado pode ver caracteres estraños. |
O katakana (片仮名; カタカナ) é un dos dous silabarios empregados na escrita xaponesa xunto co hiragana. Tamén se acostuma empregar katakana para se referir a cualquera dos caracteres de dito silabario. Dos dous silabarios é o máis antigo. Provén da simplificación de caracteres máis complexos de orixe chinesa que chegaron antes do comenzo do isolamento cultural xaponés, que se mantivo inflexíbel ata o fin da Era Edo.
Estes caracteres, ao contrario que os kanji, non teñen ningún valor conceptual, senón unicamente fonético. Graficamente, amosan unha forma angulosa e xeométrica.
O silabario katakana consta de 46 caracteres que representan sílabas formadas por unha consoante e unha vogal, ou ben unha única vogal. A única consoante que pode ir soa é o 'n'.
Usos do katakana:
- O katakana empregase para escribir palabras tomadas doutras linguas (principalmente do inglés en tempos recentes) así como en onomatopeias.
- Tamén se utiliza o katakana para resaltar unha palabra concreta, sendo nese senso equivalente a nosas comiñas ou á escrita itálica.
- Finalmente escrébense en katakana os nomes de animais en textos científicos, mentres que noutros textos eses mesmos nomes escrébense en kanji ou hiragana.
Realmente os dous silabarios son equivalentes, aínda que cada un tén distintos usos. No alfabeto latino hai algo parecido coas maiúsculas e minúsculas no senso de que as grafías e os usos son distintos.
Índice |
[editar] Caracteres katakana básicos
A I U E O A ア (a) イ (i) ウ (u) エ (e) オ (o) K カ (ka) キ (ki) ク (ku) ケ (ke) コ (ko) S サ (sa) シ (shi) ス (su) セ (se) ソ (so) T タ (ta) チ (chi) ツ (tsu) テ (te) ト (to) N ナ (na) ニ (ni) ヌ (nu) ネ (ne) ノ (no) H ハ (ha) ヒ (hi) フ (fu) ヘ (he) ホ (ho) M マ (ma) ミ (mi) ム (mu) メ (me) モ (mo) Y ヤ (ya) ユ (yu) ヨ (yo) R ラ (ra) リ (ri) ル (ru) レ (re) ロ (ro) W ワ (wa) ヲ (wo) N ン (n)
Anteriormente existían outros dous caracteres katakana:
ヰ (wi) ヱ (we)
Sen embargo, caíron en desuso e xa non se utilizan.
Algúns caracteres katakana teñen certas semellanzas, como ocorre con so (ソ) e n (ン), shi (シ) e tsu (ツ), ‘‘u’’ (ウ) e wa (ワ). Otros, como he (ヘ) e mo (モ), parecense aos equivalentes en hiragana ( へ e も respectivamente).
O r en xaponés sempre é suave, pronunciase como en caro, xamais como en carro.
[editar] Formación de novos sons mediante nigori
Existe un acento diacrítico en xaponés chamado nigori, e serve para formar consoantes sonoras ou impuras (caso da G, Z, D e B) ou a medio impura P.
No primeiro caso, o das consoantes sonoras, empregase o dakuten (゛) (濁点), que se representa con dous trazos diagonais curtos na parte superior dereita do carácter.
Para formar o son P, empregase o handakuten (半濁点) (゜), que tén forma de círculo e escrébese tamén na parte superior dereita do carácter.
G ガ (ga) ギ (xi) グ (gu) ゲ (xe) ゴ (go) Z ザ (za) ジ (xi) ズ (zu) ゼ (ze) ゾ (zo) D ダ (da) ヂ (xi) ヅ (zu) デ (de) ド (do) B バ (ba) ビ (bi) ブ (bu) ベ (be) ボ (bo) P パ (pa) ピ (pi) プ (pu) ペ (pe) ポ (po)
Máis sobre pronunciación: 'z' e 'j' son como en inglés. 'ge' e 'gi' se pronuncian 'gue', 'gui'.
[editar] Ditongos
Por outra banda, cando unha sílaba se une con ia, iu, io, podense formar ditongos. Neste caso o segundo kana (ia, iu, io) escribiráse máis pequeno do habitual.
IA IU IO K キャ (kya) キュ (kyu) キョ (kyo) S シャ (sha) シュ (shu) ショ (sho) T チャ (cha) チュ (chu) チョ (cho) N ニャ (nya) ニュ (nyu) ニョ (nyo) H ヒャ (hya) ヒュ (hyu) ヒョ (hyo) M ミャ (mya) ミュ (myu) ミョ (myo) R リャ (rya) リュ (ryu) リョ (ryo)
G ギャ (gya) ギュ (gyu) ギョ (gyo) X ジャ (ia) ジュ (iu) ジョ (io) B ビャ (bya) ビュ (byu) ビョ (byo) P ピャ (pya) ピュ (pyu) ピョ (pyo)
[A pronuncia deste e é como a do i en “cumio” ou quiosco (kyo). Outro exemplo é a u nalgunhas palabras inglesas en que soa como yu: huge (hyu)]
[editar] Consoantes dobres ou xeminadas
As consoantes dobres fórmanse escribindo un 'tsu' pequeno (ッ) diante da consoante en cuestión. Nun principio só se dobraban as consoantes k, s, t, p (igual que ocorre no hiragana).
Nas linguas europeas, e particularmente en inglés, hai moitas palabras que acaban nunha consoante que se pronuncia de xeito brusco. A escrita xaponesa está formada por sílabas de tipo "consoante-vogal", e a adaptación destes sons consonánticos finais provoca que se poidan dobrar consoantes como b, d, f, g e h.
Exemplos: ペット (petto, do inglés pet, mascota), カッパ (kappa, do español capa), ベッド (beddo, do inglés bed, cama), バッグ (baggu, do inglés bag, bolsa), マッハ (mahha, do alemán Mach).
A pronunciación é: pet-to, kap-pa, bede-do, bag-gu, mah-ten, é dicir, a consoante soa dúas veces.
En canto ás consoantes nasais ('m', 'n'), dobranse escribindo ン diante.
Ao igual que en galego, o 'n' ん pronúnciase 'm' diante de 'p' ou 'b'. Exemplo: ナンバー (nambaa, do inglés number, número).
[editar] Vogais largas
En katakana represéntanse as vogais longas mediante un guión largo (ー na escrita horizontal, | na escrita vertical).
Se a palabra é xaponesa, tamén se poden formar as vogais longas de xeito análogo a como se fai en hiragana.
Exemplos:
- ミスター (misutaa, mister)
- スーパーマーケット (suupaamaaketto, do inglés supermarket, supermercado)
- ショーイチ ou ben ショウイチ (Shōichi, aínda que normalmente se escribiría en kanji ou hiragana).
[editar] Observacións sobre o katakana
[editar] Transcripción de rōmaji a katakana
Ante todo cabe recalcar que as palabras extranxeiras se escriben en katakana de xeito fonética, respetando a pronunciación orixinal. Isto é ás veces difícil dado que o xaponés tén un sistema silábico que é de tipo consoante + vogal (CV), sendo o n (ン) a única consoante que pode ir soa. As consecuencias son que os grupos de consoantes (como en extraño) así como as consoantes finais (matar) e certas sílabas (como cí en ácido) so se poden aproximar.
Para transcribir unha consoante soa ou seguida doutra consoante, escollese o carácter que teña o valor da consoante + ou. Isto é así porque en xaponés o u pronunciase debilmente. Sen embargo, como tu e du non existen en xaponés, a t e a d soltas transcribense como to e do respectivamente. Exemplos: キス (kisu, do inglés kiss, beso) e ヒント (hinto, do inglés hint, pista). Se se pronuncia esa consoante de xeito brusco ou acentuada, entón pasará a ser unha consoante dobre en katakana. Exemplo: ベッド (beddo, do inglés bed, cama).
Os sons que non existen en xaponés se sustituirán polos que máis se lles parezan.
- O l sustitúese por r. Exemplo: ラウラ (Laura)
- O j español sustitúese por h. Exemplo: ホセ (José)
- O son θ (th en inglés thin, correspondente á z en galego) sustitúese por s, e ð (th en inglés then) se sustitúe por z.
- O v acostumase a sustituir por b. Exemplo: ボイス (boisu, do inglés voice, voz)
[editar] Novos sons incorporados ao xaponés mediante extranxeirismos
En xeral, son extranxeirismos as palabras que empezan por "P" e en menor medida as que conteñen unha "P" simple (porén, a dobre "P" non é rara en xaponés). Tamén son extranxeirismos todas as palabras que conteñen un son de recente incorporación.
Sílabas de recente incorporación ao katakana:
- Sílabas ti (ティ) e di (ディ). Fórmanse mediante o carácter te ou de máis un i pequeno. Exemplo: ビルディング (birudingu, do inglés building, edificio).
- Sílabas tu (トゥ) e du (ドゥ). Fórmanse mediante o carácter to ou do máis un u pequeno. Exemplo: トゥール (tūru, de tour).
- Sílabas tsa (ツァ), tsi (ツィ), tse (ツェ) e tso (ツォ). No xaponés tradicional a única sílaba en TS é tsu (ツ). Para formar estes novos sons non hai máis que engadir un carácter pequeno para a vogal correspondente. Exemplo: イルパラッツォ (Iruparattso, ou Ilpalazzo, un personaxe do manga Excel Saga).
- Sílabas fa (ファ), fi (フィ), fe (フェ) e fo (フォ). No xaponés tradicional a única sílaba en F é fu (フ). Para formar estes novos sons non hai máis que engadir un carácter pequeno para a vogal correspondente. Exemplo: オックスフォード (Okkusufōdo, Oxford).
- Sílabas wi (ウィ) e we (ウェ). As sílabas tradicionais wi e we xa non se empregan en xaponés, en lugar delas se escribe un ‘‘u’’ máis un i ou un e pequeno. Exemplo: ウィキペディア (Wikipedia).
- Sílabas va (ヴァ), vi (ヴィ), vu (ヴ), ve (ヴェ) e vo (ヴォ). O carácter vu é simplemente un carácter ‘‘u’’ con nigori. Para formar os demáis sons non hai máis que engadir un carácter pequeno para a vogal correspondente. Exemplos: デジャ·ヴ (déjà vu), ラヴェンダー (ravendaa, do inglés lavender, lavanda).
Incluso ténse visto o uso de "スィ" (o seu + i pequeno) para representar o son "se" en algunhas palabras extranxeiras como "merci" (メルスィ, grazas en francés). A forma tradicional "メルシ" (merushi) é, porén, tres veces máis común (Google).
Diptongos
- Os diptongos tamén poden acabar en e. Na escrita isto representase coa habitual sílaba en i (ki, shi, etc.) máis un e pequeno. Exemplos: チェ (ite)、シェ (she)、ジェ (xe).
- Os diptongos con ti e di son posibeis: escrebese te ou de máis un pequeno carácter ia, iu, i ou io. Exemplo: デューティ・フリー (dyūti furii, duty free).