Río de Xaneiro - Rio de Janeiro
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Para o estado, véxase Estado de Río de Xaneiro - Rio de Janeiro
|
|||
Estado | Río de Xaneiro | ||
Superficie | 1 182 km² | ||
Poboación Densidade |
6.136.652 (2007) 5.190,5 hab/km² |
||
Latitude | 22º 54' S | ||
Lonxitude | 43º 14' O | ||
Altitude | 2 m | ||
Distancia de Brasilia | 1.160 Km | ||
Código postal (CEP) | 20000-000 | ||
Administración local: | Prefeitura Municipal de Rio de Janeiro - Rua Afonso Cavalcanti, 455 | ||
Internet: | http://www.rio.rj.gov.br | ||
Alcalde (Prefeito) | César Maia | ||
Localización no Brasil | |||
---|---|---|---|
A cidade do Río de Xaneiro, no Brasil, foi fundada no 1565 por Estácio de Sá. Converteuse na capital do Brasil en 1763, ata que no ano 1960 a capitalidade pasou a Brasilia. Hoxe é apenas a capital do estado do Río de Xaneiro. Tiña 5.473.909 habitantes, conforme o censo de 2000 e é a segunda máis grande cidade brasileira.
Famosa polos seus Carnavais, polo monumento ao Cristo Redentor, pola montaña Pão de Açúcar, e polas súas praias (Copacabana, Ipanema, Leblon, São Conrado, Barra da Tijuca, Prainha, Botafogo, e outras), é un importante porto, centro comercial e turístico. A súa rexión metropolitana (Grande Río) concentra moitas industrias químicas e de metalurxia. Está a 430 km da cidade de San Paulo, a máis grande do país, a cal é ligada pola estrada Rodovia Presidente Dutra. Ten dous importantes aeroportos: o Aeroporto Internacional Tom Jobim, moi utilizado para voos internacionais e domésticos, e o segundo en movemento do país; e mais o Aeroporto Santos Dumont, próximo ó centro da cidade, que é usado só por voos para a cidade de San Paulo, Belo Horizonte e Brasilia.
Ver tamén Historia urbana de Río de Xaneiro
[editar] Ligazóns externas
- Prefeitura da Cidade do Río de Xaneiro, o Concello. (en portugués).