See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Historia urbana de Río de Xaneiro - Wikipedia

Historia urbana de Río de Xaneiro

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Índice

[editar] Descuberta e colonia francesa

Esquema do ataque de Mem de Sá aos franceses na baía de Guanabara, en 1560
Esquema do ataque de Mem de Sá aos franceses na baía de Guanabara, en 1560


Inda que descuberto e bautizado polos portugueses en 1502 (1 de xaneiro), o privilexiado esceario natural da Baía de Guanabara[1], sen dúbida un dos máis fermosos e impresionantes do mundo, non foi ata 1555 e da man dos franceses cando establecéuse no lugar a primeira colonia. Foi na illa de Serigipe (hoxe Illa de Villegagnon, no extremo surleste do recheo do aeroporto Santos Dumont). Alí levantaron o Fort Coligny e ao ano seguinte, xa en terra firme (na plaia de Flamengo ao pé do Morro de Glória), o poboado que chaman Henriville. En 1560, a colonia é atacada e destruída polos portugueses quenes danse de conta da necesidade de fundar unha colonia de seu no lugar para protexer os seus intereses comerciáis na rexión.

[editar] Colonia portuguesa: Sao Sebastiao

Así o fan en 1565, a primeira fundación de Sao Sebastiao do Rio de Janeiro, nun itsmo entre o Pan de Azucre e o morro Cara de Can a entrada da baía [2]. Erixen de seguido unha empalizada. O motivo de tanta preocupación defensiva era que os franceses e os seus aliados indíxenas inda dominaban a zoa. A victoria definitiva dos portugueses acaecéu no 1567 e o subseguinte traslado e refundación da colonia en terra firme, mais inda nuhna posición defendible, o Morro do Castelo [3].

Pronto o monte revélase insuficiente para a expansión e ineficiente para a vida diaria, e a poboación comeza a extenderse aos seus pes na falda norte [4], pola beira da pequena baía entre éste e o Morro de Sao Bento [5]. Para fins do século XVI a coroa portuguesa concede á colonia unha importancia estratéxica no tráfico trasatlántico polo que eríxense defensas por todala Baía de Guanabara e nos morros da cidade. Finalmente, no comezo do século XVIII arrodéase dunha muralla polo lado de terra, algo moi infrecuente no novo mundo [6]. A cidade estructúrase ao longo da Vía Direita (hoxe 1ºde Março) que une o Morro do Castelo e o de Sao Bento [7], abríndose nun punto medio aos cais o peiraos pola actual Praza 15 de Novembro, onde situábanse os edificios cívicos máis representativos (Casa da Moeda despois Pazo Real, convento do Carmo coma catedral, mercado do peixe)[8].

Debido o descubrimento de ouro en Minas Gerais, a cidade experimenta un gran crecimento pola sua proximidade. Obra importante desta época foi a traída de augas ata o Morro de Santo Antonio mediante un acueducto (Arcos da Lapa) ([9]vista desde o Boqueirao). En 1763 convértese en capital da colonia en detrimento de Salvador e planifícase un novo cinto murario que non chegará a facerse [10]. Para ésa e as sucesivas expansións foi preciso o desecamento e recheo do terreo inundable de lagoas que limitaban a cidade polo oeste. Ista é unha das constantes da conformación urbana de Río: o modelado da paixaxe. Así os característicos "morros" serán un a un desmontados. O primeiro foi o de Mangeiras cuxa terra foi usada para encher o Boqueirao, unha pequena entrada de auga ao sur do Castelo, e que deu espazo para o primeiro parque público da cidade en 1785, o Passeio Público ([11], foto do s.XX).

[editar] Capital Imperial

En 1808, coma consecuencia da expansión napoleónica pola Península Ibérica, a corte portuguesa trasládase a Río de Xaneiro e fanna a súa capital. Son 15.000 os novos habitantes que trae consigo. A cidade crecerá non demasiado rápido ao primeiro: ábrense novos espacios públicos, o Largo do Rocío (hoxe Praza Tiradentes) e no límite do caserío o Campo de Santana (hoxe Praza da República)[12], que surxe de terras pantanosas drenadas e aterradas para se converter na futura charnela central entre a cidade velha e a chamada Cidade Nova ao oeste.

Planta da cidade do Rio de Janeiro en 1867.
Planta da cidade do Rio de Janeiro en 1867.

A independencia coma Imperio do Brasil en 1822 e a proclamación da República no 1889 acelerarán a expansión da capital cara aló, pero tamén cara ao sur seguindo o borde da bahía. Así Flamengo e a enseada de Botafogo ata o mesmo Pao de Azucre verán as primeiras notas urbanas.

Tamén é o tempo no que o ferrocarril chega a Río, sendo o entorno do Campo de Santana o que acollerá as estacións (ata a actual Estación Central do Brasil). Isa será a vía de expansión da cidade ao noroeste.

Coa abolición da escravitude pola república chegan continxentes de nova mán de obra do interior e de Europa. Río duplicará a sua poboación (de 274.000 en 1872 a 522.000 habitantes en 1890) co comezo dos problemas sociais que serán endémicos na cidade ata hoxe. Botafogo convírtese en un barrio plenamente urbanizado e mesmo en Copacabana iníciase unha tímida red viaria [13].

[editar] A época das grandes obras

Inda que perdendo influencia en beneficio da ascendente Sao Paulo, a todavía capital da República comeza o século XX coa necesidade de se converter nuhna gran cidade. Precisa de amplas avenidas como as das metrópoles do tempo. Asiña proxéctanse algúns eixos, un dos cales será fundamental na configuración da cidade: a Avenida Rio Branco (Avenida Central) [14][15]. Discorre de norte a sur entre os catro morros da cidade velha hixienizando unhas rúas que habían provocado xa varias epidemias[16]. Nos seus extremos ancheáse para conformar dous prazas importantes: no sur, a Praza Floriano (Cinelandia), salón urbano onde construiránse ampulosos edificios representativos da gran burguesía (Teatro Municipal) [17]; no límite norte xunto ao porto, a Praza Mauá.

Outro eixo importante será a Avenida Mem de Sá, que en diagonal discurre entre o Passeio Público (de onde parte tamén Rio Branco) e o Morro do Senado que será desmontado, urbanizándose o seu solar. Cos seus escombros comezará o recheo do novo porto no costado norte da cidade, obra que garante o futuro do músculo económico da urbe [18].

Os primeiros anos do século son tamén os da excavación do túnel baixo os morros aledaños ao Pao de Azucre que permitirá un fácil acceso a Copacabana e máis aló a Ipanema e a Lagoa de Rodrigo Freitas . Progresivamente, iránse constituíndo en barrios completamente urbáns (Leblón, Xardín Botánico, hipódromo)[19].

Na década dos vinte proséguese coa mesma política, pero agora cunha motivación máis pedestre: decídese desmontar o Morro do Castelo [20](cuxo abandono había provocado unha prefavelización) para gañar un solar no centro co que especular e asemade rechear a baía (o aterro) co triple obxetivo de construir a Avenida de Beiramar, obter novos terreos de edificación e para o futuro Aeroporto Santos Dumont [21][22]. Toda a operación desnaturalizou o Río histórico na sua cara sur [23].

É o tempo no que se erixe a colosal estatua do Cristo Redentor sobor do Corcovado (por riba de Botafogo) dominando o complexo organismo urbán [24].

A última gran obra de ciruxía urbana foi a da maior das avenidas de Río de Xaneiro, a Avenida do Presidente Vargas (1943). Discorre do leste ao oeste entre a cidade vella e a nova máis aló da Praza da República. Arranca co hito da Igrexa da Candelaria antes de cortar perpendicularmente a Avenida Rio Branco [25][26].

[editar] Río contemporánea

O derradeiro desmonte foi o do Morro de Santo Antonio nos sesenta, xusto cando a cidade perde a condición de capital da república en beneficio de Brasilia. O cal non impidíu o seu crecemento sobor de todo cara ao noroeste [27]. Os problemas dos grandes fluxos migratorios non fixeron senon agravar o xa histórico da favelización dos morros, facendo de Río un paradigma neste tipo de barrios de infravivenda.

Vista panorámica da favela Rocinha; ao fondo, a Pedra de Gávea e Tijuca; no contracampo están Leblón e Ipanema.
Vista panorámica da favela Rocinha; ao fondo, a Pedra de Gávea e Tijuca; no contracampo están Leblón e Ipanema.

[editar] Enlace externo

  • Excelente animación da historia urbana de Río [28]
Outras linguas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -