Noso Pai
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Noso Pai (tamén coñecido pola súa forma latina Pater Noster) é a máis coñecida oración do cristianismo. Segundo o Novo Testamento déullela Xesús aos apóstolos despois que estes lle pediran que lles aprendera a orar.
A oración atópase en Mateo (6:9-13), onde aparece como parte do Sermón da Montaña. Unha oración semellante aparece en Lucas 11:2-4.
Aínda que a oración orixinal era en arameo, o texto máis antigo que se conserva está en grego. No cristianismo occidental rezouse en latín durante moitos séculos.
[editar] Texto
Noso Pai que estás no ceo:
santificado sexa o teu nome,
veña a nós o teu reino
e fágase a túa vontade
aquí na terra coma no ceo.
O noso pan de cada día dánolo hoxe;
e perdóano-las nosas ofensas
como tamén perdoamos nós a quen nos ten ofendido;
e non nos deixes caer na tentación,
mais líbranos do mal.