See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Naxos - Νάξος - Wikipedia

Naxos - Νάξος

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Naxos

Νάξος

Image:GreeceCyclades.png
Estatísticas
Periferia Exeo Meridional
Prefectura Cícladas
Capital Naxos (Chora)
Superficie 428 km²
Poboación 14.838 (1998)
Densidade de pobl. 34,5 habitantes/km²
Código postal 84400
Prefixo telefónico (00-30)-22850
Sitio web http://www.naxos-greece.net/

Naxos (en grego Νάξος) é unha illa grega do mar Exeo, que pertence ao arquipélago das Cícladas. Ten 428 km² e 14.000 habitantes, o que lle fai a máis grande das illas das Cícladas. A capital é a cidade de Naxos (ou Chora), de 2.900 hab.

[editar] Mitoloxía

Vestixios dun templo arcaico (dedicado a Apolo)
Vestixios dun templo arcaico (dedicado a Apolo)

Na mitoloxía grega, segundo algunhas lendas relatadas polo pseudo-Apolodoro, é o lugar onde Teseo fai escala logo de matar ao Minotauro. Alí abandona a Ariadna, filla do rei Minos, que é recollida ao día seguinte por Dioniso, e levada enseguida a Lemnos.

Noutra versión da lenda, relatada brevemente por Homero na Odisea (XI, 321-325), Artemisa mata á Ariadna en «Dia, a illa bañada por ríos», que Diodoro Sículo asimila a Naxos, pero é máis probable que sexa a actual Dia, ao longo da costa norte de Creta. O que si é certo é que a illa rendía culto a Dioniso, patrón das viñas, que eran o seu principal cultivo.

[editar] Historia

Fortaleza veneciana de Naxos
Fortaleza veneciana de Naxos

Naxos foi habitada antes do final do primeiro período cicládico (antes do -2000). Foi colonizada polos xonios en época arcaica. Rapidamente fíxose próspera.

Chega ao apoxeo da súa gloria nos séculos VII e século -VI, nos que domina, entón, a todas as Cícladas.

Ofrece a esfinge chamada dos naxios en Delfos e os soados leóns de Naxos en Delos. En -500, os persas fracasan diante da illa, o que marca o fin de sur expansión en Xonia. En -527, unha nova expedición persa é organizada contra as Cícladas, con Aristágoras, gobernador de Mileto, á cabeza. De novo, o asedio fracasa. A finais do século -VI, alcanza o seu apoxeo baixo o tirano Ligdamis, instalado alí segundo Herodoto, por Pisístrato. O historiador di que nesta época, ela «excede a todas as outras illas en prosperidade» (Historia, V, 28).

En -491, durante a primeira guerra médica, ten lugar a vinganza persa: Naxos é tomada polo xeneral Datis, os habitantes que non puideron fuxir son reducidos á escravitude, a cidade e os templos son incendiados. Os naxios fan logo defección e na batalla de Salamina achegan catro trirremes aos gregos.

Tras a vitoria, forma parte da confederación de Delos. Moi rapidamente, sublévase contra o imperialismo ateniense: en -468, Naxos fai defección coa súa flota, e entón é asediada e sometida por Atenas, «contrariamente á norma», segundo Tucídides (I, 98, 4). Os atenienses enviaron clerucoss (colonos) á illa, 500 tras o exilio de Tucídides, o adversario de Pericles, en -443.

En -338, é conquistada polos macedonios, e en -166 polos romanos.

Na Idade Media, como o resto das Cícladas, a illa foi conquistade polos venecianos como resultado da Cuarta Cruzada, en 1207. O veneciano Marco Sanudo convértese en Duque de Naxos. Constrúe o forte rodea a cidade vella. Naxos pasa logo aos otománs de 1579 a 1821.

[editar] Escavacións e restos arqueolóxicos

Naxos, florecente nos séculos -VII e -VI, foi explorada con particular éxito por Kondoleon. na rexión interior, ao sur da aldeíña de Sangri, existía un templo arcaico de Deméter e Core (tiña planta cadrada con 13 m de lado), que resultou posteriormente integrado nunha basílica do século V.

A antiga cidade de Naxos coincidía en nome e emprazamento coa pequena cidade actual. Da época arcaica consérvanse, no illote anterior a Palati, os restos un grandiosos portalón, entre eles dun templo xónico do século -VI. Xa identificado en 1924 por G. Welter como un hekatompedon (a cella ten 30,50 m) e posteriormente escavado e estudado por G. Gruben a partir de 1968.

O templo, supostamente dedicado a Apolo, era in antis en ambas as frontes, mentres a cella dividíase en tres naves.

Nos anos 60, Zaphiropoulos ocupouse dunha necrópole xunto ao poboado de Tsikalario, que permanecera en uso desde a época xeométrica ata o século VII.

Kondoleon, en 1971, estudou a antiga cidade de Naxos e a necrópole de Aplomata, rica en esculturas cicládicas.

Entre os varios materiais recuperados nos estratos arcaicos de Naxos e Paros merecen especial atención os numerosos documentos que testemuñan a habilidade dos escultores destas illas.


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -