See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Los Angeles Lakers - Wikipedia

Los Angeles Lakers

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Los Angeles Lakers

[[Imaxe:|center|180px|Los Angeles Lakers logo]]

Conferencia Conferencia Oeste
División División Pacífica
Fundado 1946
Historia Detroit Gems
1946-1947
Minneapolis Lakers
1947-1960
Los Angeles Lakers
1960-actualidade
Cancha Staples Center
Cidade Os Ánxeles
Cores Morado e Ouro
Dono Jerry Buss
Adestrador Xefe Phil Jackson
Campionatos NBA 14 (1949, 1950, 1952, 1953, 1954, 1972, 1980, 1982, 1985, 1987, 1988, 2000, 2001, 2002)
Campionatos de Conferencia 28 (1949, 1950, 1952, 1953, 1954, 1959, 1962, 1963, 1965, 1966, 1968, 1969, 1970, 1972, 1973, 1980, 1982, 1983, 1984, 1985, 1987, 1988, 1989, 1991, 2000, 2001, 2002, 2004)
Campionatos de División 26 (1951, 1953, 1954, 1962, 1963, 1965, 1966, 1969, 1971, 1972, 1973, 1974, 1977, 1980, 1982, 1983, 1984, 1985, 1986, 1987, 1988, 1989, 1990, 2000, 2001, 2004)


Los Angeles Lakers é un equipo profesional de baloncesto dos Ánxeles. Xogan na NBA e destacan por ter (ó final da tempada 2004-2005) o récord de vitorias (2.621), o porcentaxe de vitorias máis alto (61.2%), o récord de aparición en finais NBA (28), e son o segundo equipo en campionatos NBA (14), detrás de Boston Celtics que teñen 16. Tamén posúen o récord de vitorias consecutivas nunha tempada (33). Os Lakers son coñecidos tanto porque tiveron algúns dos mellores pivotes da historia da NBA, como George Mikan, Wilt Chamberlain, Kareem Abdul-Jabbar e Shaquille O'Neal, como por ter algúns dos mellores bases do pasado e do presente, como Jerry West, Gail Goodrich, Magic Johnson, e Kobe Bryant.

Índice

[editar] Canchas

Minneapolis Auditorium (1947-1959)
Minneapolis Armory (1959-60)
(O Minneapolis Auditorium foi a cancha principal para os Lakers nos seus primeiros 12 anos, e o Armory foi a súa cancha principal no seu derradeiro ano. Aínda que por conflitos de calendario, os Lakers a menudo xogaban no Armory durante os anos nos que a súa casa princiapl foi o Auditorium e viceversa. Tamén xogaron algúns partidos no St. Paul Auditorium.)
Los Angeles Memorial Sports Arena (1960-1967)
The Forum (antigamente Great Western Forum) (1967-1999)
Staples Center (1999-actualidade)

[editar] Historia do equipo

Os Lakers comezaron en 1946 cando Ben Berger e Morris Chalfen mercaron os Detroit Gems da National Basketball League por 15.000 dólares e os levaron a Minneapolis. Como os Gems tiñan con moita diferencia o peor récord na NBL, os Lakers tiñan a primeira elección no draft de dispersión de xogadores da Professional Basketball League of America, que usaron para elixir a George Mikan, que máis tarde converteráse no posibelmente mellor pivote da época. Con Mikan, novo adestrador John Kundla e unha remesa de antigos xogadores da Universidade de Minnesota, os Lakers gañaron o campionato da NBL na tempada 1947-1948 e uníronse a outros catro equipos da NBL no seu salto á Basketball Association of America, onde gañaron o título na tempada 1948-49. A NBL e a BAA fusionáronse na NBA en 1949.

Os Minneapolis Lakers foron un dos equipos dominantes na era inicial da NBA. Cos membros do Hall of Fame George Mikan, Vern Mikkelsen, Jim Pollard, Slater Martin, e Clyde Lovellette, foron a primeira dinastía da NBA, gañando cinco campionatos en seis anos (1949, 1950, 1952, 1953, 1954).

Despois de mudarse a Os Ánxeles en 1960, o equipo contaba cos membros do Hall of Fame Elgin Baylor, Jerry West, Gail Goodrich, e Wilt Chamberlain, pero a pesares da cantidade de talento presente, foron derrotados continuamente polos Boston Celtics, perdendo o campionato contra eles seis veces en oito anos. Non foi ata 1972 cando lograron a marca de 33 vitorias consecutivas baixo a dirección de Bill Sharman, o que fixo posíbel o seu primeiro anel nos Ánxeles

De todos modos, incluso coa chegada de Kareem Abdul-Jabbar, non foron capaces de gañar outro título ata a incorporación de Earvin Johnson|Magic Johnson en 1979, derrotando ós Philadelphia 76ers grazas a unha actuación de MVP do rookie Johnson, quen, saíndo de titular pola lesión de Abdul-Jabbar, fixo 42 puntos, 15 rebotes, e 7 asistencias para gaña-las series. Co adestrador Pat Riley, antigo xogador dos Lakers, dominaron os 80's, chegando á final oito veces na década e campionando cinco, incluíndo os consecutivos de 1987 e [[1988], a primeira franquicia en logralo dende Boston en 1969.

Aínda que estiveron nas finais de 1991, durante a meirande parte dos 90 constríron planteis que non foron considerados aspirantes ó título. Na pretemporada 1996-1997, os Lakers fixéronse cos servizos de Shaquille O'Neal dos Orlando Magic e de Kobe Bryant, as primeiras pezas do puzzle da vitoria. En 1999, o equipo trouxo a Phil Jackson como novo adestrador xefe e o resultado foi o Three-peat (tres títulos cosecutivos).

A relación entre O'Neal e Bryant soía non ser todo o boa que cabía esperar, como tampouco o foi a relación entre Bryant e Phil Jackson. As disputas fixéronse notar despois da tempada 2004, cos Lakers fallando á hora de gaña-lo anel por segundo ano consecutivo. O'Neal marchouse e Jackson retirouse, deixando a Bryant como a única estrela non cuestionada do equipo.

Con isto chegou unha nova tempada de fracasos, xa que non se calificaron para os play-offs, o que trouxo a volta de Jackson como adestrador para a seguinte, 2005-2006.Os Lakers mostraron melloras destacadas e tódolos signos visíbels de disputas pasadas entre Bryant e Jackson desapareceron. Chegouse a conseguir unha praza nos play-offs da Copnferencia Oeste, pero perderon en primeira rolda contra os Phoenix Suns. Foi un final decepcionante, xa que convirtéronse no oitavo equipo NBA da historia que perde unhas series tras lideralas 3-1. Aínda así, o progreso do equipo comparado a tempadas anteriores motivou ó optimismo dos siareiros dos Lakers cara o futuro.

[editar] Siareiros famosos

O siareiro dos Lakers Jack Nicholson
O siareiro dos Lakers Jack Nicholson

O equipo é coñecido pola gran cantidade de siareiros famosos, tanto músicos coma estrelas do cine, quen asisten ás gradas da cancha dos Lakers. Sen ningunha dúbida, algúns só están presentes cando os Lakers teñen éxito, e é precisamente nesos tempos cando un asento cerca da pista nun partido importante é un bo lugar no que deixarse ver. Tódolos canles de televisión nacionais e moitos locais que retransmiten os partidos na cancha dos Lakers inclúen sempre unhas cantas imaxes das celebridades presentes.

Nembargantes, hai unhas cantas celebridades que semellan ser verdadeiros amantes do baloncesto e apoian ó equipo coa súa presenza regular tódolos anos, tanto nas tempadas boas como nas malas. Os máis coñecidos son os actores Denzel Washington, Leonardo DiCaprio, Edward Norton, Andy Garcia, Dyan Cannon e Jack Nicholson, que se senta en localidades ó pé da pista cerca do banquillo visitante e merca os pases de tempada dende 1967.

A popular banda de rock de California Red Hot Chili Peppers tamén asisten ós encontros cando non están de xira. De feito, a canción "Magic Johnson", un tributo ó "Showtime" dos Lakers, pódese atopar no seu album Mother's Milk. E dende a tempada 2005-2006, o seu baixista Flea, un recoñecido fan dos Lakers, escribe un blog sobre os Lakers para NBA.com.

[editar] Récords tempada por tempada

Nota: V = Vitorias, D = Derrotas, % = Vitoria-Derrota %

Tempada V D  % Play-offs Resultados
Detroit Gems (NBL)
(Non incluído nos totais de V/D)
1946-47 4 40 .091
Minneapolis Lakers (NBL)
(Non incluído nos totais de V/D)
1947-48 43 17 .717 Gañada primeira rolda
Gañadas semifinais da NBL
Gañado título da NBL
Minneapolis 3, Oshkosh 1
Minneapolis 2, Tri-Cities 0
Minneapolis 3, Rochester 1
Minneapolis Lakers (BAA)
(Incluído nos totais de V/D)
1948-49 44 16 .733 Gañada primeira rolda
Gañadas semifinais da BAA
Gañado título da BAA
Minneapolis 2, Chicago 0
Minneapolis 2, Rochester 0
Minneapolis 4, Syracuse 2
Minneapolis Lakers (NBA)
1949-50 51 17 .750 Gañado encontro pola primeira praza
Gañadas semifinais da división
Gañadas finais da división
Gañadas as semifinais da NBA
Gañado título da NBA
Minneapolis sobre Rochester
Minneapolis 2, Chicago 0
Minneapolis 2, Ft. Wayne 0
Minneapolis 2, Anderson 0
Minneapolis 4, Syracuse 2
1950-51 44 24 .647 Gañadas semifinais de división
Perdidas finais de división
Minneapolis 2, Indianapolis 1
Rochester 3 Minneapolis 1
1951-52 40 26 .606 Gañadas semifinais de división
Gañadas finais de división
Gañado título da NBA
Minneapolis 2, Indianapolis 0
Minneapolis 3, Rochester 1
Minneapolis 4, New York 3
1952-53 48 22 .686 Gañadas semifinais de división
Gañadas finais de división
Gañado título da NBA
Minneapolis 2, Indianapolis 0
Minneapolis 3, Ft. Wayne 2
Minneapolis 4, New York 1
1953-54 46 26 .639 Round-Robin
Gañadas finais de división
Gañado título da NBA
Minneapolis 3-0 sobre
Rochester e Ft. Wayne
Minneapolis 2, Rochester 1
Minneapolis 4, Syracuse 3
1954-55 40 32 .556 Gañadas semifinais de división
Perdidas finais de división
Minneapolis 2, Rochester 1
Ft. Wayne 3, Minneapolis 1
1955-56 33 39 .458 Gañado encontro pola segunda praza
Perdidas semifinais de división
Minneapolis sobre St. Louis
St. Louis 2, Minneapolis 1
1956-57 34 38 .472 Perdido o dempate de división
Gañadas semifináis de división
Perdidas finais de división
St. Louis sobre Minneapolis
Minneapolis 2, Ft. Wayne 0
St. Louis 3, Minneapolis 0
1957-58 19 53 .264
1958-59 33 39 .458 Gañadas semifinais de división
Gañadas finais de división
Perdida final da NBA
Minneapolis 2, Detroit 1
Minneapolis 4, St. Louis 2
Boston 4, Minneapolis 0
1959-60 25 50 .333 Gañadas semifinais de división
Perdidas finais de división
Minneapolis 2, Detroit 0
St. Louis 4, Minneapolis 3
Los Angeles Lakers
1960-61 36 43 .456 Gañadas semifinais de división
Perdidas finais de división
Los Angeles 2, Detroit 0
St. Louis 4, Los Angeles 3
1961-62 54 26 .675 Gañadas finais de división
Perdida a final da NBA
Los Angeles 3, Detroit 2
Boston 4, Los Angeles 3
1962-63 53 27 .663 Gañadas finais de división
Perdida a final da NBA
Los Angeles 4, St. Louis 3
Boston 4, Los Angeles 2
1963-64 42 38 .525 Perdidas semifinais de división St. Louis 3, Los Angeles 2
1964-65 49 31 .613 Gañadas finais de división
Perdida a final da NBA
Los Angeles 4, Baltimore 2
Boston 4, Los Angeles 1
1965-66 45 35 .563 Gañadas finais de división
Perdida a final da NBA
Los Angeles 4, St. Louis 3
Boston 4, Los Angeles 3
1966-67 36 45 .444 Perdidas semifinais de división San Francisco 3, Los Angeles 0
1967-68 52 30 .634 Gañadas semifinais de división
Gañadas finais de división
Perdida a final da NBA
Los Angeles 4, Chicago 1
Los Angeles 4, San Francisco 0
Boston 4, Los Angeles 3
1968-69 55 27 .671 Gañadas semifinais de división
Gañadas finais de división
Perdida a final da NBA
Los Angeles 4, San Francisco 2
Los Angeles 4, Atlanta 1
Boston 4, Los Angeles 3
1969-70 46 36 .561 Gañadas semifinais de conferencia
Gañadas finais de conferencia
Perdida a final da NBA
Los Angeles 4, Phoenix 3
Los Angeles 4, Atlanta 0
New York 4, Los Angeles 3
1970-71 48 34 .585 Gañadas semifinais de conferencia
Perdidas finais de conferencia
Los Angeles 4, Chicago 3
Milwaukee 4, Los Angeles 1
1971-72 69 13 .841 Gañadas semifinais de conferencia
Gañadas finais de conferencia
Gañado título da NBA
Los Angeles 4, Chicago 0
Los Angeles 4, Milwaukee 2
Los Angeles 4, New York 1
1972-73 60 22 .732 Gañada primeira rolda
Perdidas semifinais de conferencia
Los Angeles 4, Chicago 3
Golden State 4, Los Angeles 1
1973-74 47 35 .573 Perdida primeira rolda Milwaukee 4, Los Angeles 1
1974-75 30 52 .366
1975-76 40 42 .488
1976-77 40 42 .488 Gañada primeira rolda
Perdidas semifinais de conferencia
Los Angeles 4, Golden State 3
Portland 4, Los Angeles 0
1977-78 45 37 .549 Perdida primeira rolda Seattle 2, Los Angeles 1
1978-79 47 35 .573 Gañada primeira rolda
Perdidas semifinais de conferencia
Los Angeles 2, Denver 1
Seattle 4, Los Angeles 1
1979-80 60 22 .732 Gañadas semifinais de conferencia
Gañadas finais de conferencia
Gañado título da NBA
Los Angeles 4, Phoenix 1
Los Angeles 4, Seattle 1
Los Angeles 4, Philadelphia 2
1980-81 54 28 .659 Perdida primeira rolda Houston 2, Los Angeles 1
1981-82 57 25 .695 Gañadas semifinais de conferencia
Gañadas finais de conferencia
Gañado título da NBA
Los Angeles 4, Phoenix 0
Los Angeles 4, San Antonio 0
Los Angeles 4, Philadelphia 2
1982-83 58 24 .707 Gañadas semifinais de conferencia
Gañadas finais de conferencia
Perdida a final da NBA
Los Angeles 4, Portland 1
Los Angeles 4, San Antonio 2
Philadelphia 4, Los Angeles 0
1983-84 54 28 .659 Gañada primeira rolda
Gañadas semifinais de conferencia
Gañadas finais de conferencia
Perdida a final da NBA
Los Angeles 3, Kansas City 0
Los Angeles 4, Dallas 1
Los Angeles 4, Phoenix 2
Boston 4, Los Angeles 3
1984-85 62 20 .756 Gañada primeira rolda
Gañadas semifinais de conferencia
Gañadas finais de conferencia
Gañado título da NBA
LA Lakers 3, Phoenix 0
LA Lakers 4, Portland 1
LA Lakers 4, Denver 1
LA Lakers 4, Boston 2
1985-86 62 20 .756 Gañada primeira rolda
Gañadas semifinais de conferencia
Perdidas finais de conferencia
LA Lakers 3, San Antonio 0
LA Lakers 4, Dallas 2
Houston 4, LA Lakers 1
1986-87 65 17 .793 Gañada primeira rolda
Gañadas semifinais de conferencia
Gañadas finais de conferencia
Gañado título da NBA
LA Lakers 3, Denver 0
LA Lakers 4, Golden State 1
LA Lakers 4, Seattle 0
LA Lakers 4, Boston 2
1987-88 62 20 .756 Gañada primeira rolda
Gañadas semifinais de conferencia
Gañadas finais de conferencia]
Gañado título da NBA
LA Lakers 3, San Antonio 0
LA Lakers 4, Utah 3
LA Lakers 4, Dallas 3
LA Lakers 4, Detroit 3
1988-89 57 25 .695 Gañada primeira rolda
Gañadas semifinais de conferencia
Gañadas finais de conferencia
Perdida a final da NBA
LA Lakers 3, Portland 0
LA Lakers 4, Seattle 0
LA Lakers 4, Phoenix 0
Detroit 4, LA Lakers 0
1989-90 63 19 .768 Gañada primeira rolda
Perdidas semifinais de conferencia
LA Lakers 3, Houston 1
Phoenix 4, LA Lakers 1
1990-91 58 24 .707 Gañada primeira rolda
Gañadas semifinais de conferencia
Gañadas finais de conferencia
Perdida a final da NBA
LA Lakers 3, Houston 0
LA Lakers 4, Golden State 1
LA Lakers 4, Portland 2
Chicago 4, LA Lakers 1
1991-92 43 39 .524 Perdida primeira rolda Portland 3, LA Lakers 1
1992-93 39 43 .476 Perdida primeira rolda Phoenix 3, LA Lakers 2
1993-94 33 49 .402
1994-95 48 34 .585 Gañada primeira rolda
Perdidas semifinais de conferencia
LA Lakers 3, Seattle 1
San Antonio 4, LA Lakers 2
1995-96 53 29 .646 Perdida primeira rolda Houston 3, LA Lakers 1
1996-97 56 26 .683 Gañada primeira rolda
Perdidas semifinais de conferencia
LA Lakers 3, Portland 1
Utah 4, LA Lakers 1
1997-98 61 21 .744 Gañada primeira rolda
Gañadas semifinais de conferencia
Perdidas finais de conferencia
LA Lakers 3, Portland 1
LA Lakers 4, Seattle 1
Utah 4, LA Lakers 0
1998-99 31 19 .620 Gañada primeira rolda
Perdidas semifinais de conferencia
LA Lakers 3, Houston 1
San Antonio 4, LA Lakers 0
1999-2000 67 15 .817 Gañada primeira rolda
Gañadas semifinais de conferencia
Gañadas finais de conferencia
Gañado título da NBA
LA Lakers 3, Sacramento 2
LA Lakers 4, Phoenix 1
LA Lakers 4, Portland 3
LA Lakers 4, Indiana 2
2000-01 56 26 .683 Gañada primeira rolda
Gañadas semifinais de conferencia
Gañadas finais de conferencia
Gañado título da NBA
LA Lakers 3, Portland 0
LA Lakers 4, Sacramento 0
LA Lakers 4, San Antonio 0
LA Lakers 4, Philadelphia 1
2001-02 58 24 .707 Gañada primeira rolda
Gañadas semifinais de conferencia
Gañadas finais de conferencia
Gañado título da NBA
LA Lakers 3, Portland 0
LA Lakers 4, San Antonio 1
LA Lakers 4, Sacramento 3
LA Lakers 4, New Jersey 0
2002-03 50 32 .610 Gañada primeira rolda
Perdidas semifinais de conferencia
LA Lakers 4, Minnesota 2
San Antonio 4, LA Lakers 2
2003-04 56 26 .683 Gañada primeira rolda
Gañadas semifinais de conferencia
Gañadas finais de conferencia
Perdida a final da NBA
LA Lakers 4, Houston 1
LA Lakers 4, San Antonio 2
LA Lakers 4, Minnesota 2
Detroit 4, LA Lakers 1
2004-05 34 48 .415
2005-06 45 37 .549 Perdida primeira rolda Phoenix 4, LA Lakers 3
Total 2793 1772 .612
Play-offs 382 254 .601 14 Campionatos

[editar] Plantel actual

Kobe Bryant
Kobe Bryant
Los Angeles Lakers
Cadro de xogadores actuais
Adestrador Xefe: Phil Jackson Edit
A/P 54 Kwame Brown (Glynn Academy,
Brunswick)
E 24 Kobe Bryant Capitán (Instituto Lower Merion,
Lower Merion)
P 17 Andrew Bynum (Instituto St. Joseph,
Metuchen)
AP 43 Brian Cook (Illinois)
E 6 Maurice Evans (Texas)
B 5 Jordan Farmar (UCLA)
C 31 Chris Mihm (Texas)
E 2 Aaron McKie (Temple)
A 7 Lamar Odom Co-capitán (Rhode Island)
B 1 Smush Parker (Fordham)
AP 10 Vladimir Radmanović (Serbia)
AP 21 Ronny Turiaf (Gonzaga)
B 18 Sasha Vujačić (Eslovenia)
E 23 Von Wafer (Florida State)
A 4 Luke Walton (Arizona)
B 11 Shammond Williams (Carolina do Norte)
(AL) - Axente Libre Los Angeles Lakers

[editar] Récords da franquicia

  • En toda a carreira deportiva
    • Encontros: Kareem Abdul-Jabbar (1.560)
    • Minutos xogados: Kareem Abdul-Jabbar (57.446)
    • Tiros convertidos: Kareem Abdul-Jabbar (15.837)
    • Tiros tentados: Kareem Abdul-Jabbar (28.307)
    • Triplas convertidas: Kobe Bryant (799)
    • Triplas tentadas: Kobe Bryant (2.379)
    • Tiros libres convertidos: Kobe Bryant (7.160)
    • Tiros libres tentados: Kobe Bryant (8.801)
    • Rebotes ofensivos: Kareem Abdul-Jabbar (2.494)
    • Rebotes defensivos: Kareem Abdul-Jabbar (7.785)
    • Rebotes: Elgin Baylor (11.463)
    • Asistencias: Magic Johnson (10.141)
    • Roubos: Magic Johnson (1.724)
    • Tapóns: Kareem Abdul-Jabbar (2.694)
    • Pérdidas: Magic Johnson (3.506)
    • Faltas persoáis: Kareem Abdul-Jabbar (3.224)
    • Puntos: Kareem Abdul-Jabbar (38.387)

[editar] Xogadores destacados

[editar] Membros do Hall of Fame

  • 33 Kareem Abdul-Jabbar
  • 22 Elgin Baylor
  • 13 Wilt Chamberlain
  • 25 Gail Goodrich
  • 42 Connie Hawkins
  • 32 Magic Johnson
  • 34 Clyde Lovellette
  • 22 Slater Martin
  • 11 Bob McAdoo
  • 99 George Mikan
  • 19 Vern Mikkelsen
  • 17 Jim Pollard
  • 42 James Worthy
  • 44 Jerry West
  • Adestrador John Kundla

[editar] Outros xogadores destacados

  • Elden Campbell
  • Michael Cooper
  • Vlade Divac
  • Derek Fisher
  • Rick Fox
  • Devean George
  • Karl Malone
  • Gary Payton
  • A.C. Green
  • Happy Hairston
  • Robert Horry
  • Eddie Jones
  • Rudy LaRusso
  • Norm Nixon
  • Shaquille O'Neal
  • Kurt Rambis
  • Byron Scott
  • Elmore Smith
  • Nick Van Exel
  • Jamaal Wilkes
  • Kobe Bryant
  • Glen Rice
  • Lamar Odom

[editar] Dorsais retirados

  • 13 Wilt Chamberlain, P, 1968-73
  • 22 Elgin Baylor, A, 1958-71 (incluíndo a última tempada do equipo en Minneapolis)
  • 25 Gail Goodrich, B, 1965-68 e 1970-76
  • 32 Magic Johnson, B, 1979-91 e 1995-96; Adestrador xefe en 1994
  • 33 Kareem Abdul-Jabbar, P, 1975-89
  • 42 James Worthy, A, 1982-94
  • 44 Jerry West, B, 1960-74; Adestrador xefe en, 1976-79; General Manager, 1981-2002
  • MIC Chick Hearn, Comentarista, 1960-2002

Homenaxes ós Minneapolis Lakers: Cerca dos dorsais retirados, os Lakers colgaron unha pancarta cos nomes de seis membros do Hall of Fame, que foron imprescindibles para ó éxito da franquicia durante a súa etapa de Minneapolis:

  • John Kundla, Adestrador, 1948-59
  • 99 George Mikan, P, 1948-56 (non xogou na tempada 1954-55)
  • 17 Jim Pollard, A, 1948-55
  • 19 Vern Mikkelsen, A, 1949-59
  • 22 Slater Martin, B, 1949-56
  • 34 Clyde Lovellette, A-P, 1953-57

[editar] Adestradores

  • Mike Dunleavy Adestrador xefe (1990-92); récord de V/D: 101-63 en tempada regular, 13-10 en playoffs.
  • Del Harris Adestrador xefe (1994–1999); campión da Divsión Pacífico en 1998. Récord de V/D: 224-116 en tempada regular, 17-19 en playoffs.
  • Phil Jackson Adestrador xefe (1999-2004 e 2005-presente); Campión da NBA de 2000 a 2002 e campión da Conferencia Oeste no 2004. Récord de V/D: 332-160 en yempada regular, 64-28 en playoffs.
  • John Kundla Primeiro adestrador xefe dos Lakers (1948-58 e 1959); campuón da BAA en 1949, campión da NBA en 1950 e de 1952 a 54 e campión da División Oeste en 1951 e 1957. Récord de V/D: 423-302 en tempada regular, 60-35 en playoffs
  • Joe Mullaney Adestrador xefe (1969-71); campión da División Pacífico en 1971. Récord de V/D: 94-70 en tempada regular, 16-14 en playoffs
  • Randy Pfund Adestrador xefe (1992-94); récord de V/D: 66-80 en tempada regular, 2-3 en playoffs.
  • Pat Riley Adestrador xefe (1981-90); campión da NBA en 1982, 1985, 1987 e 1988, campión da Conferencia Oeste entre 1983 e 1984 e 1989, e campión da División Pacífico en 1986 e 1990. Récord de V/D: 613-194 en tempada regular, 102-47 en playoffs.
  • Fred Schaus Adestrador xefe (1960-67); campión da División Oeste en 1962, 1963 e entre 1965 e 1966. Récord de V/D: 315-245 na tempada regular, 33-38 en playoffs
  • Bill Sharman Adestrador xefe (1971-76); campión da NBA en 1972 NBA Champions, campión da Conferencia Oeste en 1973 e campiñon da División Pacífico en 1974. Récord de V/D: 246-164 en tempada regular, 22-15 en playoffs.
  • Rudy Tomjanovich Adestrador xefe (2004-05); Récord de V/D: 24-19 en tempada regular.
  • Butch Van Breda Kolff Adestrador xefe (1967-69); campión da División Oeste en 1969. Récord de V/D: 107-57 en tempada regular, 21-12 en playoffs.
  • Paul Westhead Adestrador xefe (1979-81); campión da NBA en 1980 e 1982. Récord de V/D: 111-50 en tempada regular, 13-6 en playoffs.

[editar] Curiosidades

  • Baixo o nome de Minneapolis Lakers, o equipo ten o récord de puntuación máis baixa nun partido da NBA xunto a Fort Wayne Pistons. O 22 de novembro de 1950, os Lakers lideraban o marcador ata o último cuarto, cando os Pistons superáronos e gañaron 19-18. Isto influiu para que se fixeran esforzos para darlle rapidez ó xogo, como a adición do reloxo de tiro.
  • A lenda do Póquer Doyle Brunson asegura no seu libro Super/System que os daquela Minneapolis Lakers fixeran ofertas para contar cos seus servizos cando xogaba na universidade, ata que se esnaquizou a perna.
  • Os Ánxeles é a única cidade do mundo que ten dous equipos NBA, sendo o outro equipo Los Angeles Clippers.
  • A tempada 2004-05 foi só a cuarta vez na que os Lakers non se clasifican para os playoffs dende que a franquicia levouse a Os Ánxeles en 1960.
  • A súa rivalidade cos Boston Celtics está entre as máis relatadas da historia do deporte.
  • Os comentaristas actuais dos Lakers son Joel Meyers e o ex-Laker Stu Lantz. Joel Meyers convertiuse na voz dos Lakers en 2005, reemprazando a Paul Sunderland, que foi o sucesor do lexendario Chick Hearn falecido en 2002.
  • Son o único equipo da NBA no que a camisola principal nos partidos de local non é branca (é ouro). Nembargantes, dende a tempada 2002-03 levan camisolas brancas nos partidos na casa que caen en domingo e en vacacións.
  • Ó antigo dono Jack Kent Cooke gostáballe o color morado pero odiaba o termo "morado". Durante o seu mandato, os colores que escolleu para referirse ó seu equipo foron o "azul forum" e ouroliked the color purple but disliked the term purple. Incluso despois de que Cooke vendera o equipo, o locutor Chick Hearn ás veces usaba estes termos para describi-los uniformes.

[editar] Enlaces

NBA
Conferencia Leste
División Atlántica: Boston Celtics | New Jersey Nets | New York Knicks | Philadelphia 76ers | Toronto Raptors
División Central: Chicago Bulls | Cleveland Cavaliers | Detroit Pistons | Indiana Pacers | Milwaukee Bucks
División Sueste: Atlanta Hawks | Charlotte Bobcats | Miami Heat | Orlando Magic | Washington Wizards
Conferencia Oeste
División Noroeste: Denver Nuggets | Minnesota Timberwolves | Portland Trail Blazers | Seattle SuperSonics | Utah Jazz
División Pacífica: Golden State Warriors | Los Angeles Clippers | Los Angeles Lakers | Phoenix Suns | Sacramento Kings
División Suroeste: Dallas Mavericks | Houston Rockets | Memphis Grizzlies | New Orleans Hornets | San Antonio Spurs
NBA All-Star Game | NBA Draft | Cadros de xogadores actuais dos equipos NBA | División Medio-Oeste


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -