NBA Draft
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Draft da NBA (en inglés: NBA Draft) corresponde ao procedemento polo cal, a finais do mes de xuño de cada ano, as franquicias que forman parte desta liga de baloncesto estadounidense incorporan aos seus equipos xogadores menores de vinte e tres anos, procedentes das universidades norteamericanas ou das ligas doutros países.
[editar] Estrutura
O Draft consta de dúas roldas, a primeira e a segunda rolda. Cada un dos trinta equipos da liga dispón, en principio, dunha elección en cada unha delas. Un equipo pode traspasar futuras roldas do draft durante a competición (ata que finaliza o período de traspasos) e a off-season. A orde de elección establécese de acordo co seguinte procedemento:
- Nas posicións 16-30, sitúanse os equipos clasificados para os playoffs, en orde inverso á súa porcentaxe de vitorias na liga regular recentemente concluída (cantas máis vitorias obtén un equipo, máis baixa é a posición que ocupa).
- Nas catorce primeiras posicións distribúense os equipos non clasificados para playoff. A posición que ocupan establécese mediante un sorteo, no cal teñen máis posibilidades de ocupar as primeiras prazas os equipos que acumulen máis derrotas.
Todos os xogadores seleccionables teñen que declararse previamente "elexibles", salvo aqueles que cumpran os 4 anos de formación universitaria. Doutra banda, calquera xogador que desexe acceder á Liga, tería que xogar durante un ano na liga universitaria norteamericana.
[editar] Xogadores elexidos no primeiro lugar do Draft
Draft | Equipo NBA | Xogador | Nacionalidade | Universidade/High School/Clube |
---|---|---|---|---|
1947 | Pittsburgh Ironmen | Clifton Neeley | Estados Unidos | Texas Western |
1948 | Providence Steamrollers | Andy Tonkovich | Estados Unidos | Marshall |
1949 | Providence Steamrollers | Howie Shannon | Estados Unidos | Kansas State |
1950 | Boston Celtics | Charlie Share | Estados Unidos | Bowling Green |
1951 | Baltimore Bullets | Gene Melchiorre | Estados Unidos | Bradley |
1952 | Milwaukee Hawks | Mark Workman | Estados Unidos | West Virginia |
1953 | Philadelphia Warriors | Ernie Beck | Estados Unidos | Penn |
1954 | Baltimore Bullets | Frank Selvy | Estados Unidos | Furman |
1955 | Milwaukee Hawks | Dick Ricketts | Estados Unidos | Duquesne |
1956 | Rochester Royals | Sihugo Green | Estados Unidos | Duquesne |
1957 | Cincinnati Royals | Rod Hundley | Estados Unidos | West Virginia |
1958 | Minneapolis Lakers | Elgin Baylor | Estados Unidos | Seattle |
1959 | Cincinnati Royals | Bob Boozer | Estados Unidos | Kansas State |
1960 | Cincinnati Royals | Oscar Robertson | Estados Unidos | Cincinnati |
1961 | Chicago Packers | Walt Bellamy | Estados Unidos | Indiana |
1962 | Chicago Zephyrs | Bill McGill | Estados Unidos | Utah |
1963 | New York Knicks | Art Heyman | Estados Unidos | Duke |
1964 | New York Knicks | Jim Barnes | Estados Unidos | Texas Western |
1965 | San Francisco Warriors | Fred Hetzel | Estados Unidos | Davidson |
1966 | New York Knicks | Cazzie Russell | Estados Unidos | Michigan |
1967 | Detroit Pistons | Jimmy Walker | Estados Unidos | Providence |
1968 | San Diego Rockets | Elvin Hayes | Estados Unidos | Houston |
1969 | Milwaukee Bucks | Lew Alcindor | Estados Unidos | UCLA |
1970 | Detroit Pistons | Bob Lanier | Estados Unidos | St. Bonaventure |
1971 | Cleveland Cavaliers | Austin Carr | Estados Unidos | Notre Dame |
1972 | Portland Trail Blazers | LaRue Martin | Estados Unidos | Loyola (Chicago) |
1973 | Philadelphia 76ers | Doug Collins | Estados Unidos | Illinois State |
1974 | Portland Trail Blazers | Bill Walton | Estados Unidos | UCLA |
1975 | Atlanta Hawks | David Thompson | Estados Unidos | NC State |
1976 | Houston Rockets | John Lucas | Estados Unidos | Maryland |
1977 | Milwaukee Bucks | Kent Benson | Estados Unidos | Indiana |
1978 | Portland Trail Blazers | Mychal Thompson | Bahamas | Minnesota |
1979 | Los Angeles Lakers | Earvin Johnson | Estados Unidos | Michigan State |
1980 | Golden State Warriors | Joe Barry Carroll | Estados Unidos | Purdue |
1981 | Dallas Mavericks | Mark Aguirre | Estados Unidos | DePaul |
1982 | Los Angeles Lakers | James Worthy | Estados Unidos | North Carolina |
1983 | Houston Rockets | Ralph Sampson | Estados Unidos | Virginia |
1984 | Houston Rockets | Hakeem Olajuwon | Nixeria1 | Houston |
1985 | New York Knicks | Patrick Ewing | Estados Unidos2 | Georgetown |
1986 | Cleveland Cavaliers | Brad Daugherty | Estados Unidos | North Carolina |
1987 | San Antonio Spurs | David Robinson3 | Estados Unidos | Navy |
1988 | Los Angeles Clippers | Danny Manning | Estados Unidos | Kansas |
1989 | Sacramento Kings | Pervis Ellison | Estados Unidos | Louisville |
1990 | New Jersey Nets | Derrick Coleman | Estados Unidos | Syracuse |
1991 | Charlotte Hornets | Larry Johnson | Estados Unidos | UNLV |
1992 | Orlando Magic | Shaquille O'Neal | Estados Unidos | LSU |
1993 | Orlando Magic | Chris Webber | Estados Unidos | Michigan |
1994 | Milwaukee Bucks | Glenn Robinson | Estados Unidos | Purdue |
1995 | Golden State Warriors | Joe Smith | Estados Unidos | Maryland |
1996 | Philadelphia 76ers | Allen Iverson | Estados Unidos | Georgetown |
1997 | San Antonio Spurs | Tim Duncan | Illas Virxes4 | Wake Forest |
1998 | Los Angeles Clippers | Michael Olowokandi | Nixeria | Pacific |
1999 | Chicago Bulls | Elton Brand | Estados Unidos | Duke |
2000 | New Jersey Nets | Kenyon Martin | Estados Unidos | Cincinnati |
2001 | Washington Wizards | Kwame Brown | Estados Unidos | Glynn Academy HS (Brunswick,GE) |
2002 | Houston Rockets | Yao Ming | China | Shanghai Sharks (China) |
2003 | Cleveland Cavaliers | LeBron James | Estados Unidos | St. Vincent-St. Mary HS (Akron, OH) |
2004 | Orlando Magic | Dwight Howard | Estados Unidos | S.Atlanta Christian Ac. (Atlanta) |
2005 | Milwaukee Bucks | Andrew Bogut | Australia | Utah |
2006 | Toronto Raptors | Andrea Bargnani | Italia | Benetton Treviso (Itala) |
2007 | Portland Trail Blazers | Greg Oden | Estados Unidos | Ohio State |
Notas:
- 1: Olajuwon nacionalizouse estadounidense en 1993.
- 2: Ewing naceu en Xamaica, pero nacionalizouse cando xogaba en Georgetown.
- 3: Robinson non xogou na NBA ata 1989 debido aos seus compromisos coa Armada dos Estados Unidos.
- 4: Duncan é cidadán estadounidense, coma tódolos nativos das Illas Virxes.
[editar] Ligazóns Externas
- TheDraftReview.com (en inglés)
- Lista de cada Draft (en inglés)
- Drafts desde 1950 (en castelán)