Henrique I de Inglaterra
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Henrique I (c. [[1068]] ou [[1069]] – 1 de decembro de 1135), foi rei de Inglaterra (1100-1135).
Foi o cuarto fillo de Guillermo o conquistador, o primeiro nacido en Inglaterra logo da conquista normanda, destinado á carreira eclesiástica recibiu unha boa educación pero o asasinato do seu irmán maior, Guillerme II o rei de Inglaterra e a asusencia do seu outro irmán, Robert Curthose que estaba nas cruzadas, fixo que ascendese ao trono o 5 de agosto de 1100. O 11 de novembro dese ano, tras conseguir a dispensa dos seus votos, casou con Matilde de Escocia, filla de Malcolm III de Escocia. No ano 1101 o seu irmán Robert volveu das cruzadas e intentou facer valer os seus dereitos ao trono pero a falta de apoios dos nobres normandos fixo que desistise, recoñecendo a Henrique como rei de Inglaterra. Henrique invadiu finalmente Normandía e derrotou ao seu irmán na batalla de Tinchebray (1106) converténdose tamén en duque de Normandía. No ano 1120 Guillerme Adelin, o seu único fillo varón e herdeiro morreu no naufraxio do White Ship, para evitar unha guerra civil Henrique tomou a decisión de nomear a súa filla, Matilde, viúva do emperador Henrique V como a súa herdeira e obrigou aos nobres a xurarlle fidelidade. Con todo á súa morte foi Estevo de Blois quen se fixo co trono dando comezo unha guerra civil coñecida como A anarquía.
Henrique Reformou o tesouro, usou oficiais itinerantes para cortar os abusos de poder das autoridades locais.