See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Coenzima - Wikipedia

Coenzima

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Atención!!! Atención: Este artigo precisa un traballo de revisión.
artigo realmente incomprensible.
Por favor vexa a lista de Artigos con problemas e mellóreo de acordo coas indicacións que aparecen nesa páxina. Cando os problemas se resolvan retire esta mensaxe e borre a páxina da lista de artigos con problemas, pero por favor non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado.

Os coenzimas son cofactores orgánicos non proteicos, termoestables, que unidos a un apoenzima constitúen o holoenzima ou forma cataliticamente activa do enzima. Teñen en xeral baixa masa molecular (polo menos comparada co apoenzima) e son claves no mecanismo de catálise, por exemplo, aceptando ou doando electróns ou grupos funcionais, que transportan dun enzima a outro.

A diferenza dos enzimas, os coenzimas modifícanse e consomen durante a reacción química; por exemplo, o NAD redúcese a NADH cando acepta dous electróns (e un protón) e xa que logo esgótase; cando o NADH libera os seus electróns recupérase o NAD , que de novo pode actuar como coenzima.

[editar] Mecanismo de acción dos coenzimas

O mecanismo de acción básico dos coenzimas é o seguinte:

  1. O coenzima únese a un enzima,
  2. O enzima capta o seu substrato específico,
  3. O enzima ataca ese substrato, arrincándolle algúns dos seus átomos,
  4. O enzima cede ao coenzima eses átomos provenientes do substrato,
  5. O coenzima acepta eses átomos e despréndese do enzima.
  6. O coenzima non é o aceptor final deses átomos, senón que debe liberalos tarde ou cedo,
  7. O coenzima transporta eses átomos e acaba cedéndoos, recuperando así a súa capacidade para aceptar novos átomos.

Este último paso é esencial para non esgotar a dotación de coenzimas dunha célula xa que os encimas xunto cos que actúa non poden realizar a reacción química sen o concurso do seu coenzima.

Cada coenzima está especializado en aceptar e transportar un tipo de átomos determinado; uns aceptan hidróxenos, outros grupos acetilo, etc. No entanto, os coenzimas non son nada específicos respecto dos encimas aos que se unen, de modo que un mesmo coenzima pode unirse a un gran número de enzimas distintos e é por iso que o número de coenzimas diferentes é relativamente baixo.

[editar] Principais coenzimas

Coenzima A
Coenzima A
  • FAD (Flavin-adenín dinucleótido): transporte de electróns e protóns.
  • FMN (Flavín mononucleótido): transporte de electróns e protóns.
  • NAD (Nicotin-adenín dinucleótido): transporte de electróns e protones.
  • NADP (Nicotin-adenín dinucleótido fosfato): transporte de electróns e protones.
  • Coenzima A: transporte de grupos acetilo (por exemplo, na descarboxilación do acedo pirúvico).
  • Coenzima Q: transporte de electróns na cadea respiratoria.
  • Coenzima B12: transporte de grupos metilo ou hidróxenos entre moléculas.
  • Pirofosfato de Tiamina: forma parte, entre outros, do complexo piruvato deshidrogenasa.
  • Vitamina C

[editar] Coenzimas e vitaminas

Moitas vitaminas, ou os seus derivados, actúan como coenzimas:

  • Vitamina B1ou tiamina: o seu derivado, o pirofosfato de tiamina é esencial para o catabolismo de acedo pirúvico.
  • Vitamina B2 ou riboflavina: os seus derivados son nucleótidos encimáticos con gran poder reductor como o FAD ou o FMN .
  • Vitamina B3 ou niacina: os seus derivados son nucleótidos encimáticos con gran poder reductor como o NAD ou o NADP .
  • Vitamina B5 ou acedo pantoténico: o seu principal derivado é a coenzima A (Co-A), con grande importancia en procesos metabólicos.
  • Vitamina B6 ou piridoxina.
  • Vitamina B12 ou cianocobalamina: coenzima B12.
  • Vitamina E e Vitamina K: quimicamente similares ao coenzima Q.


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -