Proteína
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Proteína (do grego πρωτεϊνη, primeiro) é unha macromolécula cuxos monómeros son α-aminoácidos. As proteínas son moléculas orgánicas esenciais na estrutura e función dos seres vivos (por exemplo, forman parte integral dos tecidos biolóxicos e moitas delas funcionan como enzimas). Son substancias sólidas, incoloras, coloidais, insolúbeis en solventes orgánicos, uns con algunha solubilidade en auga, e outros con algunha solubilidade en solucións acuosas diluídas de ácidos, bases ou sales.
A súa función nutritiva fundamental é plástica, formadora de estruturas orgánicas. Tamén poden servir en determinados casos como fonte de enerxía, pero nunha alimentación equilibrada esta función é asumida polos carbohidratos e os lípidos.
Existen 23 aminoácidos proteinoxénicos coñecidos, dos cales 8 son esenciais para o ser humano, é dicir, que o noso organismo non é capaz de sintetizar, polo que temos que inxerilos a través dos alimentos. A calidade nutritiva dunha proteína, o seu valor protéico, vén determinado polo número de aminoácidos esenciais que conteña (ademais de pola súa disponibilidade, naturalmente).
Índice |
[editar] Síntese
As proteínas son compostos orgánicos de estrutura complexa e masa molecular elevada (entre 15.000 e 20.000.000 u) e son sintetizadas polos organismos vivos a través da combinación dun número maior ou menor de moléculas de aminoácidos, a través de ligazóns denominadas ligazóns peptídicas.
.
Quimicamente, son compostos cuaternarios de carbono (C), hidróxeno (H), osíxeno (O) e nitróxeno (N), e están constituídas por dous grupos funcionais: o grupo amina (R-N-) dun aminoácido e o grupo carboxilo (R-CO-) doutro, entre os que se estabelecen as ligazóns peptídicas, con prda dunha molécula de auga.
Polo tanto, as proteínas son complexos constituídas por cadeas de aminoácidos ligadas por ligazóns peptídicas. Son macromoléculas con, como mínimo, centos de aminoácidos. Son polímeros que se orixinan dunha reacción de polimerización de aminoácidos que son os monómeros.
Unha cadea de aminoácidos denomínase de "peptido", e estas poden posuír 2 aminoácidos (dipeptídos), 3 aminoácidos (tripeptídos), 4 aminoácidos (tetrapeptídos ) ou moitos aminoácidos (polipeptídos). O termo proteína é dado cando o polipeptído ou un conxunto deles ten unha función (ou varias) determinada.
[editar] Clasificación
[editar] Composición:
Canto á estrutura molecular, as proteínas clasifícanse en:
- Proteínas simples ou homoproteínas:
- Proteínas constituídas soamente por aminoácidos como, por exemplo, a queratina (cabelo).
- A hidrólise completa desas proteínas produce unicamente α-aminoácidos.
- Proteínas complexas, conxugadas ou heteroproteínas:
- Proteínas que presentan a cadea de aminoácidos ligada a un radical diferente (grupo prostético).
- Dependendo do grupo prostético, as proteínas poden ser clasificadas en:
- Glicoproteínas: o grupo é un glicidio. Exemplos: mucina (saliva) e osteomucoide (ósos).
- Cromoproteínas: o grupo é un pigmento. Exemplos: clorofila (vexetais verdes) e hemoglobina (sangue).
- Fosfoproteínas: o grupo é o ácido fosfórico. Exemplos: vitelina (xema de ovo) e caseína (leite).
- Nucleoproteínas: o grupo é un ácido heterocíclico complexo.
- A hidrólise completa desas proteínas produce α-aminoácidos e grupos prostéticos.
[editar] Proteínas fibrosas e globulares
- Proteínas fibrosas:
Son aquelas que presentan moléculas distendidas e filamentosas, semellantes a longos fíos. coláxeno e fibrina son exemplos de proteínas fibrosas. Son raras.
- Proteínas globulares:
Presentan as moléculas enroladas como novelos, e son solúbeis na auga formando micelas. A maioría das proteínas presentan estrutura globular, como, por exemplo, as enzimas, anticorpos, hemoglobina, clorofila e proteínas estruturais.
[editar] Desnaturalización e renaturalización
As proteínas poden desnaturalizar. Isto acontece cando, por acción de substancias químicas ou da calor as proteínas sofren alteración da estrutura terciaria ou a quebra das ligazóns non covalentes da estrutura cuaternaria.
As proteínas perden a súa conformación e, consecuentemente, a súa funcionalidade. A desnaturalización pode ser reversíbel ou irreversíbel.
Dependendo da forma pola cal a proteína foi desnaturalizada, a súa conformación nativa pódese recuperar (renaturalización) retirándose lentamente o axente desnaturalizante, como por exemplo facer unha diálise contra auga para retirar o axente desnaturalizante urea.
[editar] Estrutura tridimensional
As proteínas presentan 4 niveis de estudo ou de estrutura que dependen da configuración espacial da cadea polipeptidica, do tamaño da cadea, e do tipo de aminoácidos que posúe. As estruturas báicas son:
- Estrutura primaria:
Secuencia linear de aminoácidos unidos por ligazóns péptidicas. Dita estrutura vén predeterminada polo ácido nucleico de orixe.
- Estrutura secundaria:
Constituída por unha cadea de aminoácidos na que se estabelecen ligazóns por pontes de hidróxeno entre os aminoácidos distantes da cadea. Estas ligazóns confírenlle a forma en hélice alfa, folla pregada beta ou xiro beta. Esta estrutura depende, entre outros factores, do medio onde a proteína se prega.
- Estrutura terciaria:
Resulta do enrolamento da hélice ou da folla pregada, sendo mantido por pontes de hidróxeno e disulfito de aminoácidos da mesma cadea. Esta estrutura confire a actividade biolóxica ás proteínas.
- Estrutura cuaternaria:
Resulta da asociación de varias subunidades peptídicas con estrutura terciaria; estas permanecen unidas a través de ligazóns covalentes coma pontes disulfuro entre cisteínas.
[editar] Función biolóxica
[editar] Estrutural ou plástica
Son aquelas que participan dos tecidos dándolles rixidez, consistencia e elasticidade. Son enzimas estruturais: coláxeno ( cartilaxes), actina e miosina (músculos), queratina (cabelo), fibrinóxeno (sangue), albumina (ovos) e outras.
[editar] Hormonal
Algunhas hormonas (substancias que exercen algunha función específica sobre algún órgano ou estrutura dun organismo) son de natureza proteica, como por exemplo a insulina.
[editar] Defensa
Os anticorpos son proteínas (inmunoglobulinas) que participan na defensa do organismo contra microorganismos e todo tipo de substancias extrañas.
[editar] Enerxética
Obtención de enerxía a partir dos aminoácidos que compoñen as proteínas. Esta é unha función de urxencia en organismos superiores, cando a indispoñibilidade de ácidos graxos ou monosacáridos así o dita.
[editar] Enzimática
Posibilitan as reaccións bioquímicas como, por exemplo, as lipasas, permitindo reducir a enerxía ceiba de Gibbs de activación.
[editar] Condutoras de gases
Os gases respiratorios (osíxeno e gas carbónico) son transportados por proteínas como a hemoglobina e hemocianina.